23 dic 2010

¡BO NADAL E UN ANINOVO CHEO DE LEDICIA!

Dende este blog queremos desexarvos a todos e a todas os que pasades por aquí que teñades  un ¡BO NADAL E UN ANINOVO CHEO DE LEDICIA! Con esta felicitación gañamos o 2º premio no concurso de  presentacións de Nadal convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

21 dic 2010

DECORANDO A CLASE E O CORREDOR


Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que bonito nos quedou o corredor da nosa clase e tamén a porta coa corona de Rudolph que lle puxemos.

17 dic 2010

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe celebramos o festival de nadal no cole. Como estaba previsto representamos a obra de teatro: "Salvar o Nadal" escrita integramente polo noso compañeiro de ciclo Daniel Méndez. Aquí podedes ver ao noso Papa Noel Rubén e o seu axudante o elfo Jaime. Aparte da nosa obra houbo moitas máis actuacións: a clase de Patri e Lucía fixeron unha obriña de monicreques sobre os Reis Magos, ademáis houbo panxoliñas de Nadal a cargo do coro, o baile do Waka Waka de actividades extraescolares, baile galego, e tamén outro baile con interpretación dos nenos e nenas das profes Melu e Patri e José Pena cantounos en playback unha fermosa canción de Dioni Martin que adicou á súa profe Digna que estes días non poido vir ao cole.
Algúns nenos posiblemente xa non veñan a semana que vén por iso hoxe levamos para clase o prato de Nadal que fixemos. Como xa temos fotos de Jaime, Rubén e Luís Miguel facendo o seu prato do gato, hoxe vos deixo as fotos de Lara que se incorporou máis tarde á nosa clase e non puido facer o outro.



16 dic 2010

PREMIOS DE NADAL

Hoxe tivemos un día moi completo. Despois do recreo soubemos quenes foron os gañadores do concurso de tarxetas de Nadal e Jaime Dragó da nosa clase foi un dos gañadores. Aquí tedes dúas fotos de Jaime, na primera amosándonos a súa tarxeta gañadora por si non lembrades como era e na segunda orgulloso cos seus regalos despois de recibir o premio.¡FELICIDADES JAIME!


 

E ás dúas e media o xantar comunitario entre mestres e alumnos para celebrar o Nadal. Pasámolo moi ben e incluso veu a visitarnos nada máis e nada menos que PAPA NOEL. ¿Que non o credes? Vede,vede,....

15 dic 2010

REGALO DE NADAL

Hoxe tivemos o  primeiro regalo de Nadal. O noso compañeiro José Pena da clase do lado, regalounos este  calendario que fixo no taller de carpintería, para que saibamos sempre a data na que estamos. MOITÍSIMAS GRAZAS JOSÉ POR TAN FERMOSO REGALO.

10 dic 2010

DESCUBRINDO A NOSA NATUREZA

Hoxe fomos a escoitar unha charla sobre a Natureza. Aprendimos moitas cousas: que as xoaniñas eran boas porque comían pulgóns, que as abellas facían o mel... Escoitamos sons de vacas, pitas do monte e algúns máis. Tamén aprendimos cousas sobre os bosques, os ríos e os mares: que había árbores como o castiñeiro e o carballo, troitas nos ríos e serpes de auga que non eran velenosas.
Por último, Nati nos explicou que si queremos conservar a Natureza temos que reciclar, non ensuciar e recoller o lixto e ter coidado cos incendios.

Jaime Dragó

9 dic 2010

ESPÍRITU NADALEIRO

É chegar o mes de decembro e nas rúas e no colexio xa se sente o espíritu nadaleiro. Empezamos a adornar  a nosa clase , a poñer murais polos corredores e fixemos as tarxetas de Nadal para o concurso do cole. Tamén estamos a preparar unha obriña de teatro "Salvar o Nadal" que escribiu o noso compañeiro de ciclo Dani Méndez  e que imos tentar representar o día 17 no Festival de Nadal.
Estes somos nós e as nosas tarxetas Nadal, esperamos que vos gusten.




Grazas a Jessica do blog "BONITOOH" que fai verdadeiras marabillas e me cedeu as imaxes puiden facer este libro lim sobre as tradicións de nadal con actividades para Educación Infantil e Primaria ( cando está en pantalla completa non deixa escribir ).

1 dic 2010

¿IGUAIS? SI, PERO DIFERENTES


Na actualidade hai máis de 500 millóns de persoas no mundo que padecen algunha discapacidade de tipo física, mental o sensorial, e dicir, aproximadamente o 10% da poboación mundial.
A celebración anual do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro, ten como meta fomentar a comprensión dos asuntos relativos á discapacidade e mobilizar o apoio á dignidade, os dereitos e o benestar das persoas discapacitadas. Preténdese acadar que as persoas discapacitadas disfruten dos dereitos humanos e participen na sociedade de forma plena e en condicións de igualdade, obxectivo establecido polo Programa de Acción Mundial para as persoas con discapacidade que adoptou a Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1982.
Grazas a Elizana, do blog "SONRISA DE MIL COLORES" atopeu este libro "Nin máis, nin menos. A discapacidade explicada aos nenos e as nenas" que considero moi interesante e vos acosello que leades.

E nestes días circula pola rede este fermosísimo relato de Isabelle Carrier, no que a autora recrea o día a día dun neno "diferente": as súas dificultades, as súas cualidades, os obstáculos que ten que afrontar ...
Adicado a esas personas extraordinarias que saben apreciar a todos os «Lorenzos» que arrastran un cazo polo mundo.

25 nov 2010

ASÍ TRABALLAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, traballamos cos nosos compañeiros da clase do lado, contra a violencia de xénero. Primeiro fomos á Sala de Xuntas onde, despois dalgún que outro pequeno percance técnico, poidemos ver a presentación que ven a continuación e que fixemos buscando recursos en internet: información, videos, cancións, imaxes, ...
Despois fomos a clase e intentamos dar resposta as catro preguntas que nos facían e estas foron as nosas respostas:
1.- Case sempre é o home o que maltrata á muller, ¿por que cres que é así? Porque teñen máis forza física e se cren mellores ca elas.
2.- ¿Por que cres cunha persoa que é maltratada pola súa parella, cala, aguanta e segue convivindo con esa persoa?
Porque o quere e ademais non ten cartos para sustentar aos seus fillos se marcha dalí.
3.- ¿Cres que as persoas cercanas a unha parella que convive con violencia, poden facer algo para impedir esta situación?
Si, intentando separalos, falando con eles para que fagan as paces e suavizando a situación, procurando que arreglen os seus problemas sen ter que utilizar a violencia.
4.- ¿Cres que a sociedade pode facer algo para que disminuia o maltrato hacia a muller? Si, facendo manifestacións, prohibindo a violencia, ...

E para lembrar este día fixemos uns bonitos marcapáxinas coa imaxe de Mafalda nos que escribimos frases en contra a violencia de xénero.

22 nov 2010

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO


O vindeiro 25 de novembro celebrarase o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, un problema ante o que non podemos pechar os ollos e sobre o que debemos traballar con ahínco para acadar a súa eliminación. Debemos comezar na escola promovendo  relacións de igualdade entre rapaces e rapazas como prevención primaria das violencias sexuadas. .

O Secretario Xeral das Nacións Unidas, dixo:
"A violencia de xénero é quizáis a máis vergoñosa violación dos dereitos humanos. Mentras continúe, non podemos afirmar que esteamos a lograr progresos reais hacia a igualdade, o desenvolvemento e a paz"

18 nov 2010

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Esta Declaración, establece en dez principios cuidadosamente redactados, os dereitos dos nenos e nenas para que disfruten de protección especial e dispoñan de opotunidades e servicios que lles permitan desenvolverse felizmente en forma sa e normal, en condicións de liberdade e dignidade; para que teñan un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento; para que gocen dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se teñen algún padecemento; para crecer nun ambiente de afecto e seguridade; para que reciban educación e figuren entre os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre; para que se lles protexa contra calquer forma de discriminación, á par de que sexan educados nun espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, pola paz e a fraternidade universal.
Esta Declaración, ademais de proclamar os dereitos das nenas e dos nenos, insta aos pais, aos adultos, ás organizacións e ás autoridades, a que recoñezan istos dereitos e loiten pola súa observancia.
Na páxina Aprende e Xoga de Unicef podemos atopar máis información sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e a  Convención, xogos e tamén videos.


Na pestana de Educación en Valores atoparedes recursos variados  sobre os Dereitos dos nen@s.

14 nov 2010

E ASÍ O CELEBRAMOS

Aquí vos deixamos as fotos da celebración do Magosto do pasado xoves. Quixemos facer un diseño distinto e tarda un pouquiño en cargar por iso tedes que ter paciencia.

10 nov 2010

MAÑÁ CELEBRAMOS O MAGOSTO

Mañá xoves celebraremos a festa do Magosto no colexio. Teremos a actuación do coro dirixido polo profesor Fraguela, veremos os dous contos que grabamos entre as dúas clases: "A castaña que rebentou de risa" e "A castaña que quería saber de onde procedía", este último escrito e ilustrado polo alumno docentro Daniel Méndez e por suposto e o máis importante de todo ¡COMEREMOS CASTAÑAS ASADAS E COCIDAS! ¡UHMMMMMM!

Para traballar sobre o tema preparei estes dous libros Lim, un sobre a celebración do Magosto e outro sobre o conto de "A Castaña que Rebentou de Risa". Para velos a tamaño completo tedes que clicar na pantalla que está arriba á dereita. Os dous libros están escritos en galego e teñen actividades para Educación Infantil e os tres ciclos de primaria.


9 nov 2010

ESTAMOS EN OUTONO

Nas nosas aulas e nos pasillos respírase un aire de outono. Estivemos facendo un gran mural coa axuda da clase do lado e os rapaces do taller de carpintería fixéronnos un precioso marco de madeira e nolo pintaron de vermello. Tamén adornamos o pasillo cunha castaña, unha cabaza así como unhas viñetas de como se decora unha cabaza e do conto "A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA" ilustrado pola profe Rosana Rodiles do Cole de Pazos. A ese mesmo conto puxémoslle a nosa voz, montamos un video e o subimos a YouTube. ¿Queredes velo?

E aquí vos deixamos as fotos de como foi o proceso de elaboración do mural e a decoración do pasillo. Se queredes velas a pantalla completa tedes que clicar abaixo á dereita.

27 oct 2010

ACHÉGASE O SAMAÍN...

Xa faltan moi poucos días para que chegue a noite de Samaín ou Halloween para os ingleses, por iso si clicas na imaxe de abaixo verás unha tarxeta de Halloween terrorífica.


Para seguir pasando medo, ¿por qué non vos animades a ler estes contos feitos por nós?


E se o que queredes é divertirvos un pouquiño, imos a xogar aos bolos coa meiga e os seus gatos.

En la pestaña de Conocimiento del Medio encontraréis más juegos sobre el Samaín.

15 oct 2010

DECORAMOS PRATOS DE CRISTAL


Esta semana estivemos moi ocupados. Ademáis de pintar un mural sobre o outono que xa estamos rematando e pronto vos ensinaremos, estivemos decorando pratos de cristal. Como podedes ver nos quedaron moi bonitos. Se querede saber como o fixemos, só tedes que mirar as fotos de abaixo.

23 sept 2010

E ASÍ SOMOS ...


Eu son Lara e incorporeime uns días máis tarde a esta clase. Teño doce anos. Gústame moito a serie de "Lazy Town", sobre todo Sportacus. Tamén me gusta escoitar música de Hanna Montana,



Hola chámome Luís Miguel. Teño dezaséis anos. Gústame estar na casa os fins de semana porque traballo como voluntario en protección civil  grumir en Arteixo.



Hola,¿que tal?”Chámome Rubén, teño dezaséis anos. Gústanme os xogos  de Los Sims, grupos de rock and roll como "El Mago de Oz", "Iron Maiden" ou "Estopa". Tamén me gusta moito o fútbol.


Hola chámome Jaime e teño 19 anos. Gústame moito xogar ao fútbol cos meus amigos e tamén escoitar música. Un  dos meus grupos favoritos  "Estopa".

10 sept 2010

¡BENVENID@S AO NOSO BLOG!

Hoxe presentamos este novo espacio (aínda en construcción) onde os amosaremos moitas das cousas que facemos no Aula B3D do Colexio de Educación Especial "Terra de Ferrol". Esperamos os vosos  comentarios.