25 nov 2010

ASÍ TRABALLAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, traballamos cos nosos compañeiros da clase do lado, contra a violencia de xénero. Primeiro fomos á Sala de Xuntas onde, despois dalgún que outro pequeno percance técnico, poidemos ver a presentación que ven a continuación e que fixemos buscando recursos en internet: información, videos, cancións, imaxes, ...
Despois fomos a clase e intentamos dar resposta as catro preguntas que nos facían e estas foron as nosas respostas:
1.- Case sempre é o home o que maltrata á muller, ¿por que cres que é así? Porque teñen máis forza física e se cren mellores ca elas.
2.- ¿Por que cres cunha persoa que é maltratada pola súa parella, cala, aguanta e segue convivindo con esa persoa?
Porque o quere e ademais non ten cartos para sustentar aos seus fillos se marcha dalí.
3.- ¿Cres que as persoas cercanas a unha parella que convive con violencia, poden facer algo para impedir esta situación?
Si, intentando separalos, falando con eles para que fagan as paces e suavizando a situación, procurando que arreglen os seus problemas sen ter que utilizar a violencia.
4.- ¿Cres que a sociedade pode facer algo para que disminuia o maltrato hacia a muller? Si, facendo manifestacións, prohibindo a violencia, ...

E para lembrar este día fixemos uns bonitos marcapáxinas coa imaxe de Mafalda nos que escribimos frases en contra a violencia de xénero.

22 nov 2010

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO


O vindeiro 25 de novembro celebrarase o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, un problema ante o que non podemos pechar os ollos e sobre o que debemos traballar con ahínco para acadar a súa eliminación. Debemos comezar na escola promovendo  relacións de igualdade entre rapaces e rapazas como prevención primaria das violencias sexuadas. .

O Secretario Xeral das Nacións Unidas, dixo:
"A violencia de xénero é quizáis a máis vergoñosa violación dos dereitos humanos. Mentras continúe, non podemos afirmar que esteamos a lograr progresos reais hacia a igualdade, o desenvolvemento e a paz"

18 nov 2010

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Esta Declaración, establece en dez principios cuidadosamente redactados, os dereitos dos nenos e nenas para que disfruten de protección especial e dispoñan de opotunidades e servicios que lles permitan desenvolverse felizmente en forma sa e normal, en condicións de liberdade e dignidade; para que teñan un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento; para que gocen dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se teñen algún padecemento; para crecer nun ambiente de afecto e seguridade; para que reciban educación e figuren entre os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre; para que se lles protexa contra calquer forma de discriminación, á par de que sexan educados nun espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, pola paz e a fraternidade universal.
Esta Declaración, ademais de proclamar os dereitos das nenas e dos nenos, insta aos pais, aos adultos, ás organizacións e ás autoridades, a que recoñezan istos dereitos e loiten pola súa observancia.
Na páxina Aprende e Xoga de Unicef podemos atopar máis información sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e a  Convención, xogos e tamén videos.


Na pestana de Educación en Valores atoparedes recursos variados  sobre os Dereitos dos nen@s.

14 nov 2010

E ASÍ O CELEBRAMOS

Aquí vos deixamos as fotos da celebración do Magosto do pasado xoves. Quixemos facer un diseño distinto e tarda un pouquiño en cargar por iso tedes que ter paciencia.

10 nov 2010

MAÑÁ CELEBRAMOS O MAGOSTO

Mañá xoves celebraremos a festa do Magosto no colexio. Teremos a actuación do coro dirixido polo profesor Fraguela, veremos os dous contos que grabamos entre as dúas clases: "A castaña que rebentou de risa" e "A castaña que quería saber de onde procedía", este último escrito e ilustrado polo alumno docentro Daniel Méndez e por suposto e o máis importante de todo ¡COMEREMOS CASTAÑAS ASADAS E COCIDAS! ¡UHMMMMMM!

Para traballar sobre o tema preparei estes dous libros Lim, un sobre a celebración do Magosto e outro sobre o conto de "A Castaña que Rebentou de Risa". Para velos a tamaño completo tedes que clicar na pantalla que está arriba á dereita. Os dous libros están escritos en galego e teñen actividades para Educación Infantil e os tres ciclos de primaria.


9 nov 2010

ESTAMOS EN OUTONO

Nas nosas aulas e nos pasillos respírase un aire de outono. Estivemos facendo un gran mural coa axuda da clase do lado e os rapaces do taller de carpintería fixéronnos un precioso marco de madeira e nolo pintaron de vermello. Tamén adornamos o pasillo cunha castaña, unha cabaza así como unhas viñetas de como se decora unha cabaza e do conto "A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA" ilustrado pola profe Rosana Rodiles do Cole de Pazos. A ese mesmo conto puxémoslle a nosa voz, montamos un video e o subimos a YouTube. ¿Queredes velo?

E aquí vos deixamos as fotos de como foi o proceso de elaboración do mural e a decoración do pasillo. Se queredes velas a pantalla completa tedes que clicar abaixo á dereita.