29 mar 2011

XA CHEGOU A PRIMAVERA!!!!!!!!!!

Con esta imaxe tan bonita de Pilar do blog  "Los lapiceros" damos paso a unhas das estacións máis  coloridas do ano: " A PRIMAVERA "
No blog da biblioteca do colexio Dulcinea del Toboso  atopei esta moda primaveral que me encantou:


ESTA PRIMAVERA LÉVASE:
  • Sombreiros adornados con refráns
  • Vestidos con petos de poesías
  • Colares de cancións populares
  • Pulseiras de adiviñas de animais
  • Pinzas de flores no pelo que te axudan a protexer e coidar o bosque
  • Ler libros de árbores e animais
  • Investigar e facer proxectos.
ANIMÁDEVOS?

E aquí tedes o Libro Lim que preparei o curso pasado sobre a primavera para usar cos rapaces e rapazas e Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria. Espero que vos guste e vos sexa útil.

25 mar 2011

ILUSTRAMOS POESÍAS


Estes son os debuxos que fixemos para participar no concurso de "POESÍA E IMAXE" que todos os anos promove a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística xunto co Concello de Ferrol. Si queredes ver as poesías que eleximos nós e os nosos debuxos máis detidamente, só tedes que ver o seguinte video:

23 mar 2011

A HORA DO PLANETA

A Hora do Planeta é unha iniciativa que promove a organización ecoloxista WWF para tratar de concienciar a todos os cidadáns sobre a importancia de coidar a Terra. Terá lugar o vindeiro 26 de marzo de 20:30 a 21:30 ( na hora local de cada país) e baixo o lema: "APAGA A LUZ, ACENDE O PLANETA". O seu obxectivo é conseguir que  máis de 1000 millóns de persoas dos seis continentes apaguen a luz.
¡TI, TES QUE SER UNHA DELAS!
 Este ano WWF tratará de mobilizar en especial á poboación máis xoven do planeta, a millóns de nenos e nenas de todo o mundo por iso, elixiu a POCOYÓ como embaixador oficial deste evento.
O ano pasado "A hora do Planeta" de WWF convertiuse na maior acción global de loita contra o cambio climático e un total de 128 países e máis de 4.500 cidades do mundo deixaron a escuras os seus monumentos máis importantes como a Torre Eiffel, o Palacio de Buckingham. o Empire State Building ... e en España algúns como a Alhambra de Granada ou a Puerta de Alcalá en Madrid.

22 mar 2011

DÍA DA AUGA

O DÍA MUNDIAL DA AUGA lembra cada 22 de marzo e dende 1993, a instancias de Nacións Unidas, a escasez deste valioso elemento: máis de 1.100 millóns de persoas non teñen acceso á auga potable e 2.600 millóns non dispoñen de sistemas de saneamento adecuados.
O lema deste ano é: "AUGA PARA AS CIDADES: RESPONDENDO AO DESAFÍO URBANO", e ten por obxecto poñer de relevo e alentar aos gobernos, as organizacións,  comunidades e persoas a participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana.
No blog "MANS REDONDAS" podedes atopar moitos recursos para traballar o tema da auga cos máis pequenos e aqui vos deixo dous máis: "CHIPI,CHIPI" de educación ambiental do goberno mexicano e "LA GOTA CLARITA" de Augas de Sevilla. Como sempre clicade na imaxe para acceder.


21 mar 2011

POETAS NO DÍA DA POESÍA

Hoxe celebramos o día da poesía. ¿Como o fixemos? Pois primeiro vimos este poema visual do autor que será homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas: LOIS PEREIRO, (a idea orixinal a sacamos de BIBLIOCABE a Biblioteca do IES Río Cabe en Monforte)

Despois, coas palabras de xornais e revistas que recortamos ao longo da semana fixemos as nosas propias poesías e este foi o resultado:

18 mar 2011

¡FELICIDADES PAPÁS!

Nunhas horas celebraremos o Día do Pai. É un momento idóneo para agradecer aos nosos pais todo o que nos  escoitaron, coidaron, deron, compartiron, ... pero sobre todo por ser como son. A todos:

¡ FELICIDADES PAPÁS! 

Unha vez máis dende o CEIP SAN WALABONSO (Huelva) chéganos esta caza do tesouro sobre o día do pai para o segundo e o terceiro ciclo de primaria.


15 mar 2011

ES UN CONSUMIDOR RESPONSABLE?

Hoxe celébrase o Día Mundial do Consumidor. Esta data supón unha chamada de atención a todos os cidadáns sobre a idea de que só un consumo responsable é bo, algo polo que traballan tanto as asociacións de  como todos os organismos públicos de consumo. Nós desde aquí queremos concienciar a todos os que nos len,empezando por nós mesmos para que fagamos un consumo responsable.
Para profundizar no tema, aquí tedes recursos para Educación Infantil, primaria e Secundaria.

11 mar 2011

UNHA VIAXE PARA TOD@S

Participamos dende a Categoría E (alumnos de Educación Especial) no 27 Concurso da Once: "Unha viaxe para tod@s". Tivemos que facer un cartel onde nos imaxinabamos nun lugar de destino e debuxalo coma se fose a mellor foto da nosa viaxe, que debía ser como o nome indica Unha viaxe para tod@s. É dicir, unha viaxe que tivese en conta as necesidades das persoas con discapacidade para acceder a el e disfrutalo en igualdade de condicións. Podíase usar debuxos, colaxes, combinar imaxes con debuxos ou facer unha fotografía.
Nós fixemos un pouco de todo. Unha vez que decidimos que queriamos ir nin máis nin menos que á LÚA, utilizamos colaxe para facer o firmamento; buscamos, recortamos e pegamos unha imaxe da lúa; debuxamos un cohete; coloreamos uns astronautas, pegamos a Terra e as estrelas, e .... ¡ESTE É O RESULTADO! ¿Gústavos?

9 mar 2011

A PRENSA NA ESCOLA

Oficialmente estamos na Semana da Prensa na Escola en Galicia, na que polo menos obrigatoriamente un día hai que traballar soamente con xornais. Como este ano parte da semana coincide coas vacacións de Entroido e só temos o xoves e o venres para celebrala imos extendela ata a vindeira semana.
Dende Prensa-escola se nos propoñen sete razóns para ler o xornal na clase que son:

1.Lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor.
2. Estarás informado do que acontece ao teu redor e poderás opinar sobre distintos temas.
3. Poderás reflexionar sobre a actualidade, ser máis crítico e que non che dean gato por lebre.
4. Saberás de que falan os maiores, poderás discutir con eles sobre temas importartes e mesmo ¡levarlles a contraria!
5. O xornal será o teu mellor libro de texto:distinto cada día.
6. Convertirase na túa novela de aventuras favorita e irá contigo toda a vida.
7. E saberás que poñen no cinema, na tele, que se leva esta tempada, como vai a Liga... E moitas máis cousas que de seguro che intereserán.

Na biblioteca Educalim atopei este libro Lim para traballar a prensa na escola. Paréceme moi interesante polo que traballaremos con el esta semana ou a vindeira. Aquí volo deixo por si vos interesa.

7 mar 2011

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Mañá 8 de Maio celebrarase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Trátase dunha data, que serve de pretexto para denunciar as carencias que todavía existen no camiño hacia a igualdade entre homes e mulleres, unha desigualdade que segue sendo patente en moitas partes do mundo. Non debería ser un día para celebrar xa que ainda que xa se conseguiron algúns dereitos todavía existe unha desvalorización do traballo da muller, a discriminación laboral, a violencia de xénero,...
No blog "Aprendemos a convivir" de Rocío Méndez, mestra de Pedagoxía  Terapéutica podemos atopar  este video que elaborou o Departamento de Orientación e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do seu centro, sobre a historia da muller galega ao longo do tempo, dende as mulleres druídas ata a actualidade. Está moi ben, só ten unha pega e é que antes de empezar vense uns vinte segundos de anuncios.


Así como varios libros Lim para traballar en educación infantil, primeiro ciclo e segundo e terceiro ciclo.

5 mar 2011

E ASÍ O CELEBRAMOS

Hoxe celebramos no colexio a FESTA DO ENTROIDO, e pasámolo moi pero que moi ben.  Pola Sala de Día circularon personaxes tan coñecidas como BOB ESPONJA, todo un equipo de BOMBEIROS, un bosque e as súas personaxes: ABELLAS, FADAS, ÁRBORES, COELLOS, RÁS, LEÑADORES, MARIPOSAS, FLORES,... e tamén ainda que pareza incrible os bonecos de PLAYMOBIL. Pero non queda ahí a cousa pois o noso xefe de estudos fixo dun PAPA moi crible e coidadores e coidadoras de MONXAS e CURAS. E por suposto, non podemos olvidarnos da nosa conxerxe María que estaba case irrecoñecible co seu disfraz de FRAILE. E sen non fose polo profe de música Fraguela e o seu axudante José Pena que se ocuparon da megafonía, non poderiamos facer a festa.
Se queredes ver máis fotos aquí tedes: