27 abr. 2011

PICASSO

Hoxe fomos á Fundación Caixa Galicia a ver a exposición "SUITE VOLLARD" formada por unha colección de cen gravados realizados por Picasso entre 1930 e 1936. Eran todos moi fermosos pero sen dúbida os que máis nos gustaron foron aqueles nos que saía o MINOTAURO.


Paloma, a nosa guía, explicounos como se facían os gravados e ademais contonunos un conto: A LENDA DO MINOTAURO cun libro xigantesco cheo de imaxes moi bonitas. A lenda falaba dun minotauro, mistura de human e animal, que estaba encerrado nun labirinto e se alimentaba de persoas. Pero un día, un rapaz de nome Teseo decidiu matar ao monstruo. Cando chegou ao palacio  namorouse da princesa Ariadne e ela del por iso decidiu axudalo dándolle dous obxetos máxicos: unha espada e un ovillo de lá para que non se perdese no labirinto. Teseo tras unha dura loita rematou co Minotauro.



Despois subimos un piso máis e alí fixemos un taller de gravados. Mentres uns facían un personaxe con corpo de persoa e cabeza de animal e o coloreaban outros fixemos un cómic do conto. Pasámolo MOI BEN!!!


Para aprender cousas sobre a vida e obra de Picasso visitade a seguinte páxina:


No blog da miña excompi de batallas e tamén amiga Rosa, PequesPazos, atopei este divertido xogo para facer cabezas como Picasso. Eu probei a facer a miña, e vós?



E no blog "FALANDO ENTÉNDESE A XENTE", grazas a Patricia, atopei este enlace tan divertido para facer cubismo ao igual que Picasso.




23 abr. 2011

DÍA DO LIBRO

Imaxe Vladimir Zúñiga (http://focaclipart.wordpress.com)


O 23 de abril se celebra a nivel mundial o Día do Libro co obxetivo de fomentar o gusto pola lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Elixiuse esta data pola coincidencia da morte de tres grandes escritores da literatura universal como son Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespeare na mesma data no ano 1616.
E... ¿para que serven os libros? Os libros en xeral nos educan, ensinan e permiten explorar novos mundos; descubrir o descoñecido, interpretar o coñecido e despertar en nós sensacións e sentimentos a traves dos seus debuxos, das súas páxinas, dos seus personaxes,...
 Na biblioteca da zona de alumnos de "La junta de Castilla y León" atopamos este taller de lectura onde podemos elexir se queremos ter sesión de contacontos ou crear a nosa propia historia.
Clicade na imaxe para acceder.
E no seguinte video podemos ver as vantaxes que teñen os libros:
¡FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!

22 abr. 2011

PORQUE SÓ TEMOS UNHA: COIDÉMOLA


Hoxe é o Día da Terra. Es día celebrouse por primeira vez o 22 de abril de 1970 como un recoñecemento ao noso planeta e un xeito de subliñar a necesidade da conservación dos recursos naturais do mundo. Danos a oportunidade de educar á sociedade sobre os desafíos aos que se enfrenta o noso planeta e que afectan directamente ao noso benestar e ao de futuras xeracións. Os grupos ecoloxistas utilízano como ocasión para  avaliar os problemas medioambientais do planeta: á contaminación, o cambio climático, o agotamento dos recursos non renovables  e a conservación da biodiversidade. Insístese en solucións que permitan eliminar ou paliar os efectos negativos das actividades humanas. Entre estas solucións estarían impulsar  a eficiencia enerxética, a reciclaxe, a disminución de emisións contaminantes e o fomento das enerxías renovables.

Para pais, nais e educadores en xeral, é un día ideal para traballar cos nosos pequenos acerca da importancia do coidado do medio ambiente no que vivimos utilizando conceptos básicos para inculcar dende temprana idade o vital que significa o aporte de cada un na tarea de crear un mundo mellor.

En Menudos Peques atopei este fermoso conto da Comisión Europea sobre o cambio climático. Espero que vos guste.

15 abr. 2011

MURAL E FLORES DE PRIMAVERA


Xa está rematado o mural da primavera que fixemos cos nosos compañeiros da clase do lado e coa axuda de Sandra unha compañeira doutra clase. Está vez en vez de facelo en papel e logo pegalo nun panel de madeira, o pintamos directamente na madeira. Deunos moito traballo porque a pintura non era a máis adecuada e houbo que darlle varias mans, pero o resultado foi fantástico, ¿non credes?. Agora xa só nos resta que o noso José Pena nos pinte o marco de violeta no taller de carpintería.


Tamén estivemos a facer flores primaverais. Grazas a profe Ángeles do blog "A xanela de infantil", excompi e amiga, descubrimos que se podían facer flores moi chulis utilizando os cartóns da froita, recortando e pintando. ¿Queredes saber como? Pois... mirade, mirade.

11 abr. 2011

TEMPO DE PASCUA


Xa faltan pouquiños días para que chegue a Pascua e con ela as vacacións de Semana Santa. Dende hai uns anos é habitual ver nestas datas ovos e coellos de chocolate por doquier. E vos preguntaredes, ¿que pinta o coello en todo isto? Pois conta unha lenda que unha nai pintaba ovos para regalar aos seus fillos en Pascua e que os agochaba polo xardín para que estes os buscaran e atoparan. Un día, cando os nenos estaban buscando os ovos, de súpeto apareceu un coello saltando e os rapaces creron que este, trouxera os ovos decorados. E así foi como apareceu o coello de Pascua. 
E para traballar a Pascua cos rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria vos deixo este libro Lim. 

6 abr. 2011

É POLA TÚA SAÚDE

(Imaxe de Philip Martin)
Mañá celebramos  o Día Mundial da Saúde. En todos os rincóns do planeta, centos de eventos  baixo o lema "Resistencia aos antimicrobianos: senón actuamos hoxe, non haberá cura mañá" commemorarán a importancia da saúde para unha vida produtiva e feliz e falarán  do risco que supón para moitos pacientes, en especial os afectados por VIH-Sida, paludismo ou tuberculose, a resistencia aos antibióticos.
No blog Actividades Lim  podemos atopar o Libro Colaborativo Lim sobre a saúde. Clicade na imaxe de abaixo para acceder.

4 abr. 2011

O PODER DA GOTA

O noso colexio participa este ano como xa vai sendo habitual en  Voz Natura, unha iniciativa de educación ambiental promovida pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Nesta décimo-cuarta edición, baixo o lema "O PODER DA GOTA" proponse sensibilizar sobre a importancia da auga como fonte de vida.
Nós puxemos o noso pequeno gran de area facendo estes dous murais: un sobre a importancia de non malgastar auga e outro sobre o ciclo da auga. Esperamos que vos gusten.


2 abr. 2011

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe se celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en todo o mundo para commemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen que naceu un 2 de abril de 1805. É autor de moitos contos infantís tan coñecidos coma: "O soldadiño de chumbo", "A Sereíña", "O parruliño feo", "O traxe novo do emperador", ... Cada ano un país membro da  Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) é o encargado de editar o cartel e transmitir unha mensaxe destinada a todos os rapaces e rapazas do mundo. Este ano tocoulle a Estonia e foi a escritora  Aino Pervik a encargada de elaborar esta mensaxe e o ilustrador Jüri Mildeberg de facer o cartel.
Para lembrar algúns dos contos de Andersen, aquí vos deixo estes videos:

1 abr. 2011

AUTISMO

Mañá 2 de abril celébrase o Día Mundial da concienciación sobre o autismo. No blog da ilustradora GEMA LAURA DÍAZ podemos atopar este fermoso cartel  que fixo para AFANYA TGD asociación á que pertence e que foi elexido en distinta cor pola FEDERACIÓN AUTISMO MADRID como centro de concienciación nos centros educativos e en centros con TGD de toda a comunidade de Madrid.
E nós como pais, nais, educadores,...¿como podemos saber se un rapaz ou rapaza é autista? Debemos estar atentos a síntomas como estes: