28 sept 2011

E CHEGOU O OUTONO...

E chegou o outono e con el os días voltan a ser máis curtos e frescos, o vento comeza a soprar, maduran algúns froitos secos como as castañas e as noces e chega o tempo da vendimia. Algúns animais como as anduriñas emigran buscando a calor e outros como os esquíos reúnen comida para o inverno.As follas das árbores mudan a súa cor para dourado, vermello e castaño e comezan a caer, ...
Se queredes aprender máis cousiñas sobre o outono, vos deixo este libro que coñecín grazas a Trinidad do blog "MARIPOSAS DE COLORES"


E para xogar e aprender ao mesmo tempo aquí vós deixo este libro LIM "Estamos en outono" que é o primeiriño que fixen cando ainda estaba a aprender como se facían:
E para rematar un conto que inventou e tamén ilustrou, o ano pasado un rapaz do noso cole DANI MÉNDEZ, e que montamos a miña compi Digna e máis eu coas voces dos nosos alumnos e dalgún profe. Espero que vós guste.

18 sept 2011

ESTES SOMOS NÓS!!!

Tal e como vós dixen noutra entrada, este ano estou no mesmo cole pero con distinto grupo de alumnos. O meu novo grupo está formado por catro rapaces de idades que oscilan entre os oito e os catorce anos. E estes son:

Ao longo desta primeira semana estivemos coñecéndonos e facendo unha avaliación inicial para saber en que nivel curricular se atopan pero tamén tivemos tempo de xogar, facer puzzles, ir a PDI ,... Aqui vós deixo algunhas das fotos destes días.


 

15 sept 2011

PROCESADOR DE TEXTOS ARAWORD

Estes días todos os que usamos os pictogramas de ARASAAC estamos de noraboa. Acaba de salir ARAWORD o novo procesador  de textos con pictogramas de ARASAAC que é como eles mesmos din unha fantástica ferramenta para a comunicación alternativa e aumentativa.
Para descargalo visitade o blog INFORMÁTICA PARA EDUCACIÓN ESPECIAL e alí teredes non só o enlace para descargalo senón tamén os manuais de como se utiliza explicado dun xeito moi sinxelo.
Eu estiven a probar e puiden ver que é moi fácil e intuitivo. Ademáis dos pictogramas, tamén se poden engadir imaxes externas. Aquí vos deixo un exemplo:

11 sept 2011

VOLTA ÁS AULAS E CUMPREANOS DO BLOG

Chegou o momento de que tanto profes como alumnos voltemos as aulas. Mañá comeza oficialmente un  novo curso e a maioría de nós o empezaremos con novos alumnos e alumnas. E este é o meu caso. Sigo no mesmo cole pero cun grupo novo de alumnos que vos presentarei nuns días cando xa esteamos máis acomodados.
Ademáis fai un ano, tal día como hoxe nacía o noso blog. Ao longo  deste ano publicamos 89 entradas e vimos como pouco a pouco ían medrando as visitas e os seguidores. Quero aproveitar a ocasión para agradecer todas as vosas visitas e comentarios pois sin vós este blog non sería posible. Un bico.

7 sept 2011

¡PREMIO!

Hai que ver AS VOLTAS QUE DA ISTO DA BLOGOSFERA!!!!. Aló polo mes de agosto, Blanca do blog "ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN INFANTIL" comparteu connosco un premio que recibira o seu blog , para aceptalo había que decir sete cousas sobre un mesmo e envialo a blogs amigos e iso é o que fixen.
Agora, un mes despois, chéganos de volta o mesmo premio, esta vez de mans de María José Fano do blog "DESVÁN DE PALABRAS", blog que coñezo dende hai pouco tempo e que visito a miúdo porque está xenial, cargadiño de recursos propios e alleos. NON DUBIDEDES EN VISITALO
E aquí está o premio:


Non vou a poñer outra vez as sete características que me definen porque sería repetirme, si queredes saber cales eran CLICADE NA IMAXE e vos levará a entrada antiga. En canto aos blogs amigos cos que quero compartir o premio ademais dos que llo adiquei no seu día, quero compartilo con algúns novos blogs que sigo como:

MOTÍSIMAS GRAZAS MARÍA JOSÉ POR ACORDARTE DE NOS

5 sept 2011

CAMPAÑA POR UN TRATAMENTO DIGNO DO AUTISMO II

Hai uns días publicamos unha entrada que se titulaba POR UN TRATAMENTO DIGNO DO AUTISMO na que falabamos da campaña que se está a facer a través do blog de Cristina "LA PRINCESA DE LAS ALAS ROSAS",   para concienciar e informar ao maior número de xente posible sobre o autismo. Pois ben, onte chegoume un correo de Cristina onde me pedía que publicase a entrada que ben a continuación (que é a que vai a poñer ela no seu blog, en castelán claro ) e que solicitase a VOSA COLABORACIÓN para que fixerades o mesmo. Atoparedes a mesma entrada pero en castelán no blog de Mª José "COMUNICAR ES MÁS QUE HABLAR"


Ilustración de Santiago Ogazón

Na actualidade, emprégase o término "autismo" asociado a connotacións negativas porque se parte de mitos e informacións falsas como que:
  • as persoas con autismo non poden interactuar o comunicarse
  • as persoas con autismo viven no seu mundo
  • as persoas con autismo son incapaces de sentir, etc
Todo isto da pé a que cada vez maís xornalistas, políticos ou líderes de opinión súmense ao uso abusivo do termo "autista" para descalificar. É dicir, lemos nos medios de comunicación ou escoitamos en boca de políticos "goberno autista" ou "fulanito é autista" cando queren expresar que ese goberno ou esa persoa non cumple co seu traballo, non escoita, non se entera da realidade, non amosa empatía cos problemas, é incapaz de ofrecer solucións ou carece de sentimentos. Por que fai falla recurrir - e ferir con iso a dignidade- a un colectivo de persoas para atacar e descalificar a outra persoa ou colectivo?

Entendemos que non hai mala intención, senón descoñecemento ou mal uso do diccionario. Convivir co autismo implica tamén un importante labor de concienciación na sociedade: convenceremos sempre desde o respecto.O descoñecido, ademais de asustar, alenta a difusión de informacións falsas. Temos que dar a coñecer a visión positiva do autismo á par de fomentar un tratamento digno para todos os afectados. Un gran traballo por diante.

Autismo non é sinónimo de persoas indiferentes que viven ailladas no seu mundo. As persoas con autismo senten, interactúan, comunícanse - con o sin linguaxe - , comparten, son loitadores natos que se esforzan a diario e lles é difícil entender a ironía, os xogos de palabras ou as mentiras (pero ata iso aprenden en moitos casos coa estimulación adecuada). Se se coñecese a realidade do autismo, a ninguén se lle ocurriría máis que asocialo con "superación", "esforzo", "nobleza", "cariño" ou "sensibilidade".

A prevalencia do autismo hoxe en día é o suficientemente significativa como para promover accións de información e sensibilización, con afirmacións que se apoien en evidencias científicas e axustadas á realidade. Según o Instituto da Saúde Carlos III, un de cada 150 nenos presenta algún trastorno dentro do espectro. Hai máis de 200.000 afectados en España e 67 millóns en todo o mundo. Hoxe en día, os avances prodúcense sempre e, moitas veces, a pasos de xigante. Cunha estimulación adecuada, canto máis intensa mellor, evolucionan hacia metas impensables fai uns anos. Por iso, debemos loitar todos xuntos para favorecer a inclusión.

QUE É O AUTISMO?


Ilustración de Fátima Collado               Debuxo de Iker con 6 anos

O autismo é unha síndrome cun espectro moi amplo, non unha enfermedade. Afecta de forma diferente, así que non hai dúas persoas con autismo iguais e por iso non se pode nunca xeneralizar. As áreas nas que se manifesta son:
  • Dificultades - non incapacidade - na linguaxe e a comunicación. Atoparemos persoas que non falan pero que se comunican con xestos ou pictogramas, e persoas capaces de dominar varios idiomas.
  • Dificultades - non incapacidade - nas relacións sociais. Atoparemos persoas que eluden o contacto visual ou se aturden en ambientes ruidosos, e persoas que ofrecen conferencias.
  • Intereses restrinxidos e repetitivos, que cunha boa estimulación poden ampliarse sempre.
Ao igual que todos os seres humanos, a posible realización das persoas con espectro autista é ilimitada. As persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) comparten moitas características, necesidades e desexos coas persoas da súa idade sin autismo. Hai moitas cousas que diferencian ás persoas con TEA, pero tamén hai moitas cousas en común. Coma todos nós, teñen os seus puntos fortes e os seus puntos débiles. Todos somos diferentes, pero todos temos os mesmos dereitos.

 OS MITOS QUE SE DEBEN EVITAR
  • Carencia de sentimentos. As persoas con autismo senten: choran, rin, alégranse, entristécense, enfádanse, sinten celos,... En ocasións poden ter dificultades para canalizar as emocións pero saben demostrar que as sinten.
  • Aillamento no seu propio mundo. Os esforzos por comunicarse son grandiosos. Nin viven noutra galaxia nin mirando a unha parede. Forman parte do mundo, unha sociedade onde hai cabida para a diversidade.
  • A falta de cariño dos pais provoca o autismo. Hai xa moito tempo que se erradicou a teoría das "nais-neveira", que tanto dano provocou. Nácese con autismo. É dicir, hai unha orixe xenética.
  • As persoas con autismo teñen discapacidade intelectual, ou polo contrario, son capaces de habilidades prodixiosas. En realidade, o retraso mental é unha comorbilidade, non unha condición propia do autismo. Hai persoas con autsmo que ademais teñen discapacidade intelectual e hainas tamén que non a teñen; hainas que teñen capacidades asombrosas, e hainas que non as teñen. Pero necesitamos todo tipo de mentes, sin discriminar a ninguén.
  • A inevitable segregación. Debe desterrarse a falsa creencia de que as persoas con autismo só poden vivir o desenvolverse en centros segregados, sin relación co resto das persoas, non coa intención de marxinalas, senón de protexelas. Isto en ningún caso debe ser así. Ao contrario, a inclusión social é unha das claves para lograr unha mellora da calidade de vida das persoas con TEA e un factor esencial para incrementar as súas capacidades de adaptación, o seu desenvolvemento persoal e a súa calidade de vida. Cos apoios adecuados, as persoas con TEA poden aproveitar as oportunidades de participación en entornos ordinarios, o que favorece que poidan disfrutar dunha vida social integrada e normalizada, e contribúe ao seu desenvolvemento persoal.
  • A infancia permanente. Con demasiada frecuencia, os medios falan de "nenos autistas", pero casi nunca de "adultos autistas". É necesario que a sociedade coñeza e entenda tanto aos nenos como aos adultos afectados polo autismo.
  • Son autistas. Mellor empregar a fórmula "persoa con autismo" en lugar de utilizar simplemente a palabra "autista". Asó póñese de relevo a condición de persoa, coas súas características e diferencias, independientes do autismo. Ademais, definir a unha persoa por unha discapacidade é unha forma de discriminación.
  • Definición dos diccionarios. O uso do autismo asociado a connotacións negativas, escúdase en ocasións na definición que aparece nos diccionarios, sobre todo o DRAE. Hai xa máis dun ano que se iniciou unha campaña con respostas positivas no sentido de que van a cambiar a definición, ainda que levará o seu tempo Campaña Diccionario

Presentación sobre mitos de Almu G. Negrete


Ilustración de Fátima Collado

LEMBRA: As palabras son poderosas. Utilizar os termos“autismo” ou “autista” para descalificar ou insultar a outras persoas é unha forma de contribuir á discriminación e á exclusión de todos os afectados por esta síndrome.

Ilustración de Fátima Collado

LEMBRA: O maior lastre que se atopa unha persoa con autismo non é o diagnóstico, senón o descoñecemento e os mitos que perduran na sociedade.

Accións contra os mitos do autismo
Autismo sin Mitos

Realizado por Anabel Cornago coa colaboración e coordinación de Cristina López García de
La Princesa de las Alas Rosas