30 dic 2011

NO 2012 DESÉXOVOS ...


Para os bos momentos GRATITUTE,
para os malos ESPERANZA,
para cada día unha ILUSIÓN,
e sempre, sempre FELICIDADE.



FELIZ ANINOVO!!!!!!

23 dic 2011

ESTAMOS EN INVERNO


Chegou o inverno e con el o frío, as tardes curtas ao quentiño na casa, as noites longuísimas, a neve, as xeadas,... E para  aprender as características do inverno que mellor que este libro que comparte con nós Trinidad, do blog "Enseñando y Aprendiendo":



E para seguir practicando e aprendendo cousiñas sobre o inverno, este libro lim que preparei hai xa uns anos sobre o inverno:

21 dic 2011

VACACIÓNS DE NADAL!!!!


Hoxe comezades as vosas MERECIDAS vacacións de Nadal, digo merecidas porque todos traballáchedes moitísimo neste trimestre. Como ides ter moitos días  para estar coas vosas familias e moito tempo libre, vos deixo esta selección de Xogos de Nadal, para que poidades pasar o rato nas tardes chuviosas (que as haberá, por suposto).


FELICES VACACIÓNS!!!!!

19 dic 2011

FELICITACIÓN NAVIDEÑA CON PREMIO!!!!!!!!!


Ao igual que o ano pasado, este ano nos presentamos ao Concurso de Presentacións electrónicas de Nadal que por segundo ano consecutivo convocou a Secretaría de Xeral de Política Lingüística e non o ides crer... VOLTAMOS A GAÑAR O SEGUNDO PREMIO. Dicir que estamos contentos sería pouco, estamos... CONTENTÍSIMOS.
Con ela,  a todos os visitantes habituales ou  casuais do blog e en especial a todos os nosos SEGUIDORES 

QUEREMOS DESEXARVOS  ( QUEREMOS DESEAROS)
QUE TEÑADES UN MÁXICO NADAL ( QUE TENGAIS UNAS NAVIDADES MÁGICAS)
E UN ANINOVO ( Y UN AÑO NUEVO)
CHEO DE SOÑOS REALIZADOS.(LLENO DE SUEÑOS REALIZADOS)
FELICES FESTAS!!!!!(FELICES FIESTAS!!!!!!!!!)



E aquí vola deixo tamén en castelán para todos os nosos amigos e amigas que non son de Galicia:


E se queredes ver a do ANO PASADO, clicade na imaxe:


Motísimas grazas a Jessica do blog BONITOOH, pois sen os seus deseños non gañaríamos.

18 dic 2011

PREMIOS CONCURSO TARXETAS DE NADAL

Lembrades as tarxetas de nadal que fixemos para o concurso de Tarxetas de Nadal do cole? Pois ben unha das nosas postais, concretamente a de Ramiro foi elexida para felicitar con ela a toda a comunidade educativa: profes, familias, coidadores, adxuntos,... Esta é a tarxeta gañadora:


Pero non queda ahí a cousa pois as tarxetas de Diego, Marcos e Alfonso tamén resultaron premiadas xunto coas de outros compañeiros do cole:
MOITAS FELICIDADES PARA TODOS OS GAÑADORES/AS!!!!!

17 dic 2011

FESTIVAL DE NADAL

Como xa vos contamos, o pasado xoves celebramos o Festival de Nadal. Nós participamos de dúas formas distintas: poñendo a nosa voz no conto SALVAR O NADAL e facendo unha pequena dramatización en galego "O GALO PINTO" con panxoliña inclúida en castelán. Esta é a nosa pequena dramatización:


Ademáis do noso conto e a nosa dramatización de O GALO PINTO, houbo moitas máis actuacións como: cancións do CANTAJUEGOS ( a Taza e o Arca de Noé), de Disney (O Rei Léon), das Divinas, tocaron o piano o profe Fraguela e a profe Ana (a substituta de Bea), ésta última tamén nos bailou baile clásico. A pesares do nerviosos que estabamos, pasámolo moi ben.
Aquí tedes algunhas das fotos do festival:





E aquí  a nosa actuación estelar. O video está un pouquiño empezado e está sin editar, ademáis o audio non é moi bo pero a nós fíxonos moita ilusión facelo e vernos despois.



Teño que darlle as "GRAZAS" á profe Isabel, por facerme saír a min tamén no video o cal non era precisamente a miña intención.

16 dic 2011

UN DÍA MOI COMPLETO

Hoxe tivemos un día completísimo no colexio. A media mañá fomos ao cine. Os maiores foron a ver a película PRADOLONGO, a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade vai deteriorándose a medida que os intereses e clase e os seus sentimentos amorosos entran nas súas vidas,


e os máis pequenos fomos a ver "A TROPA DE TRAPO NO PAÍS ONDE SEMPRE BRILLA O SOL",unha divertidísima película de animación en 3D dunha orixinal panda de mascotas feitas con teas de diferentes estampados. Aquí vos deixamos un pequeno video da película:


Ao mediodía xuntámonos no comedor: profes, alumnado, coidadores e demáis persoal do centro para disfrutar dun xantar comunitario:



E pola tarde, celebramos o festival de Nadal xa que algúns rapaces que están internos vanse mañá para casa e xa non volven ata despois das vacacións. Mañá vos amosaremos as fotos e quen sabe ao mellor tamén o video da nosa actuación.

13 dic 2011

SALVAR O NADAL


O ano pasado, o alumno Dani Méndez, escribiu este fermoso conto sobre o Nadal e a amizade, para que o representáramos no Festival de Nadal. Pois ben, gustounos tanto que este ano decidimos montar un video con el para poñerllo aos nosos compañeiros no festival de Nadal deste ano. E así foi coma nos quedou:



Como sabemos que nos visitan moitos amigos de fóra de Galicia, tamén montamos o conto en CASTELÁN, para que así poida chegar a máis xente e o poda utilizar quen queira:



Si alguén quere ver o conto orixinal, visitade o blog da miña compi Digna, A BITÁCORA DO TERRA DE FERROL

10 dic 2011

DECORACIÓN E MANUALIDADES NAVIDEÑAS

Nesta entrada queremos amosarvos algunha das manualidades navideñas que fixemos e como decoramos a nosa clase e o corredor.
Para a porta , aproveitamos a coroa de Rudolph que fixemos o ano pasado, era unha mágoa tirala, que era moi bonita:


Para as ventás recortamos unhas bólas cunha árbore de Nadal dentro, foi moi difícil porque ao principio cortabamos tamén a árbore pero ao final conseguimos facelo ben NÓS SOÍÑOS e tamén fixemos botas, campás e bolas recortando papel de seda de distintas cores:


Como o mural do Belén tivemos que levalo para a entrada principal, o noso corredor quedaba moi baleiro, por iso aproveitamos unha árbore de Nadal que había dunha obra de teatro do ano pasado, o cubrimos coas nosas mans e lle puxemos bolas de cores cun laciño e como nos gusta moito facer cadenetas pois improvisamos un Papa Noel cunhas barbas delas:


Pero sin dúbida, o que máis, máis nos gustou facer (aparte do Belén, claro)  foi os nosos PAPA NOELES cunhas botellas de refresco, estamos desexando levalos para casiña:


E polo de agora, xa non nos dou tempo a facer nada máis, estamos rematando de gravar un conto para poñer no festival de Nadal, que xa vos amosaremos cando estea rematado ademais de ensaiar a panxoliña do Galo Pinto. Esperamos que vós guste todo o que fixemos.

8 dic 2011

MONTAMOS O BELÉN


Estes días na clases andivemos a montar un Belén moi especial. Que por que era especial? Porque os protagonistas do noso Belén eramos nin máis nin menos que.... NÓS MESMOS. Que non volo credes? Pois aquí vos deixamos as fotos.

E vós, tamén queredes montar o voso Belén?

6 dic 2011

ACHÉGASE O NADAL!!!

Levamos uns poucos días do mes de decembro, e xa por todas partes respírase o aire de Nadal. Nós, ya levamos uns días traballando sobre o tema. 
Estamos a decorar a clase e o corredor e facendo manualidades (xa vos ensinaremos as fotos máis adiante, cando rematemos) pero tamén fichiñas de traballo como estas:

Participamos no concurso de tarxetas de Nadal que organiza o noso colexio todos os anos. Aquí nos tedes coas nosas postais:
 E tamén estamos a traballar no rincón do ordenador e na PDI, co Libro Lim que fixen o ano pasado: "CELEBRAMOS O NADAL":
Este ano tamén o preparei en CASTELÁN por si alguén que non é de aquí, de Galicia o quere utilizar cos seus alumnos e alumnas:
http://dl.dropbox.com/u/14722558/NAVIDAD/navidad.html
Tamén utilizaremos o LIM sobre vocabulario navideño que preparou a nosa amiga Belén Junquera do blog Casa de Tolos:
http://chiscos.net/almacen/lim/nadal/nadal.html

3 dic 2011

TRABALLANDO A CONSTITUCIÓN

O próximo martes día 6, non temos cole porque se celebra O día da Constitución. Para traballar un pouquiño cos nenos este tema preparei este conto que atopei en internet: "O CUMPREANOS DA CONSTITUCIÓN" con imaxes de Vladimir Zúñiga do blog Focaclipart e de Jessica do blog Bonitooh. Volo deixo en dúas versións, en formato video, con voz:




E agora en formato libro:






Aquí vos deixo o conto en castelán:

Como, Trinidad do blog Mariposas de Colores, tivo a misma idea ca min, e fixo o mesmo conto pero en castelán e con imaxes en branco e negro para que poidan colorear os nenos e nenas, utilizaremos o seu libro para que o coloreen na clase:
E para completar, este poemiña que preparou Dolores do blog Aula Virtual de Audición e Linguaxe con imaxes que atopou en Internet:

2 dic 2011

UN NOVO BLOG DE PREMIOS!!!!

Por fin me decidín a facer un blog onde gardar todos os premios que con tanto cariño nos adicais. Clicade na imaxe para acceder:


A partir de agora o poderedes atopar no blogroll da dereita, e como non para alí va as 100.000 VISITAS nada máis e nada menos da nosa amiga Blanca do blog Actividades para Educación Infantil.


A MIÑA MÁIS SINCERA NORABOA BLANCA

1 dic 2011

DÍA DA DISCAPACIDADE


Sabías que según a OMS (Organización Mundial da Saúde) arredor do 15% da poboación do planeta padece algún tipo de discapacidade permanente (motriz, sensorial, mental,...) e que as  persoas con discapacidade atopan numerosos obstáculos na sociedade, seguen sendo en gran parte marxinados, son excluidas  en gran medida dos procesos civís e políticos e maioritariamente, non teñen voz en asuntos que lles afectan directamente? O vindeiro 3 de decembro celébrase o DÍA DA DISCAPACIDADE. Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral no ano 1992, para fomentar a integración na sociedade das persoas discapacitadas, buscando concienciar á xente sobre os problemas daqueles que padecen algún tipo de impedimento físico ou psíquico así como promover melloras relacionadas  cos dereitos, benestar e dignidade dos afectados.  O tema deste ano é: "XUNTOS EN PRO DUN MUNDO MELLOR PARA TODOS, QUE COMPRENDA A PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO DESENVOLVEMENTO"

Na clase, traballaremos estes tres contos:

- O primeiro que fala da Hiperactividade para traballar con Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, atopeino no blog de PT de Rocío Méndez,




- O segundo fala da Diversidade e atopeino no blog de Vanessa, En la escuela caben todos,




- E o terceiro que se títula "LUÍS O MAQUINISTA" e fala dos nenos coa Síndrome de Asperger, atopeino nos blogs das dúas.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ROCÍO E A VANESSA POR COMPARTIR