31 ene 2012

CELEBRANDO A PAZ

Hoxe celebramos no colexio o día da paz. Na clase fixemos un medallón,


á pombiña Mari Paz (a idea doúnola Sandra, do blog "Mi sala amarilla"),


e a peza que nos tocou do puzzle da pomba:


As once e media reunímonos todos no salón de actos e alí vimos a presentación da paz, o noso conto da pomba Mari Paz, tivemos recitado de poesías por parte de Rubén e Jaime e despois cada clase pegou no puzzle da pomba a peza que lle tocou. Así era a nosa pomba antes de empezar:


E así quedou ao final:



E para rematar , que mellor forma que cunha gran chocolatada con churros. Aquí vos deixamos algunhas das fotos:

28 ene 2012

POR FIN REMATEI O NOVO LIBRO LIM!!!!!!



A falta tan só de dous días para que todos os colexios celebren o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, por fin rematei o meu novo libro lim :"LA PALOMA MARI PAZ"  do poema de Carmen Gil do mesmo nome que podedes atopar en POEMITAS.COM. Trátase dun poema moi divertido co que os rapaces e rapaces APRENDEN A COMPARTIR e a RESOLVER CONFLICTOS. Esta vez o fixen só en castelán porque ao ser en verso perdíase a rima se o pasaba ao galego.
No libro LIM  incluímos o video do conto que gravamos en clase coas nosas voces. Teño que agradecer á miña filla maior, Bea,  a súa colaboración xa que coma sempre, axudounos facendo de narradora.
O VIDEO:





E O LIBRO LIM:


http://dl.dropbox.com/u/14722558/maripaz/maripaz.html

24 ene 2012

REMATAMOS O MURAL DA PAZ

A semana que vén celebraremos o Día da Paz facendo entre todas as clases unha gran pomba, pero no noso corredor tamén quixemos poñer un mural sobre a Paz por iso pedimos a colaboración do resto das clases do primeiro piso. En papel continuo branco escribimos: "QUE O VENTO LEVE OS NOSOS DESEXOS DE PAZ"


Engadímoslle un telladiño e unhas aspas e formamos o noso MUÍÑO DA PAZ.


Despois a cada neno lle repartimos cadansúa plantilla dun pequeno muíño de vento, o decoraron e dentro del escribiron o seu desexo de paz.



E xa só nos quedaba colocar os nosos desexos de Paz nas aspas do MUÍÑO GRANDE que é o que fixemos hoxe. Aquí vos deixamos as fotos para que poidades velo:




23 ene 2012

MÁIS RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ


Para seguir traballando na clase, aquí vos deixo unha selección de videos que tratan sobre a Paz:








E dúas fermosas presentacións tamén sobre a Paz que atopeu en dous blogues amigos: "Enseñando y aprendiendo" e "A escola de Barciela":




Paz  

19 ene 2012

RECURSOS PARA A PAZ (III)


Continuando coa nosa selección de recursos para traballar a Paz desde a escola, o ano pasado preparei un LIM para traballar cos meus alumnos titulado:"ENTRE TODOS CONSTRUIMOS A PAZ". Este ano lle engadín un apartado en castelán para que o poida utilizar toda a xente que queira.


No blog Casa de Tolos, da nosa amiga Belén, podemos atopar outro libro Lim  sobre a Paz que fixeron entre ela e outros profes:

18 ene 2012

CHEGOU O PREMIO!!!!!

Lembrades que antes de Nadal vos dixemos que gañáramos por segundo ano consecutivo o segundo premino no concurso de Tarxetas de Nadal Electrónicas que organizaba a Secretaría Xeral de Política Lingüística? Pois ben, hoxe chegounos o premio. Abrimos ansiosos a caixa e atopamos...


Na foto podedes ver o contentiños que estabamos polos regalos. E como eran tantos libros e gañamos grazas aos bonitos deseños de Jessica, do blog BONITOOH, decidimos regalar un dos contos a Jessica e a súa clase. Non vos dicimos cal para que sexa unha sorpresa cando lle chegue.
GRAZAS JESSICA

16 ene 2012

RECURSOS PARA A PAZ (II)


Continuamos coa nosa recopilación de recursos para traballar a Paz. Agora lle toca o turno ás lecturas sobre a Paz. Ao longo destes días, na HORA DE LER, leremos entre outros, o libro de Anna Obiols, "Me llamo Paz" e o conto de Gloria Fuertes, "La Avestruz Troglodita".








Tamén a nosa amiga Trinidad, do blog "ENSEÑANDO Y APRENDIENDO" comparte con nós unha selección de Lecturas de Paz. Clicade na imaxe para acceder.

15 ene 2012

OS NOSOS RECURSOS PARA A PAZ (I)


Xaneiro ademáis duns dos meses máis fríos do ano é tamén por excelencia o MES DA PAZ. Ao longo deste mes, moitos colexios traballamos sobre este tema e terminamos cun gran acto o 30 de Xaneiro declarado Día Escolar da Paz e a Non Violencia.
Nós empezaremos mañá. Asi que para lembrar por qué se celebra o día 30 o Día da Paz, veremos esta presentación que fixen o ano pasado cos meus alumnos. Nós lle puxemos as nosas voces pero aquí están sin voz para que cada quen a utilice como mellor lle guste.






Ademais, este ano pensando  en aqueles amigos e amigas que nos visitan e que non entenden o galego tamén a fixemos en CASTELÁN (clicade na imaxe):




Tamén faremos este pequeno caderno de fichas que fixen cos moitos debuxos  e imaxes sobre a PAZ que se atopan pola rede.  Si o queredes utilizar, xa sabedes que podedes imprimilo, descargalo ou incrustalo en calquera páxina web.







13 ene 2012

DECORACIÓN INVERNAL

Con moitísima pena retiramos xa a decoración de Nadal da nosa clase, pero como non podemos estarnos quietiños comezamos coa decoración de inverno. Dóennos as mans de tanto grampar e vos preguntaredes, de grampar? Pois si, estivemos a grampar vasos e máis vasos de plástico, e ... que saiu de ahí? Pois nada maís e nada menos que un fermoso e invernal BONECO DE NEVE.

Aquí vos deixamos algúnhas fotiños de como o fixemos  e dalgúns detalliños para que o vexades de máis preto (por certo tivemos a axuda dos nenos e nenas da profe Digna: Leticia, Erika e Martín):

boneco de neve - diapositivas

Pero claro, si só poñíamos o BONECO DE NEVE no corredor, ía quedar moi soíño, por iso decidimos adornarlo un pouco máis poñendo unhas fermosas LETRAS DE INVERNO en forma de guante, uns COPOS DE NEVE con boneco inclúido e UN RAPAZ E UNHA RAPAZA xogando coa neve . E así quedou un pedaciño do noso corredor:


GÚSTAVOS?

10 ene 2012

CONTINUANDO CO INVERNO...

No inverno vai moito, pero que moito frío e que ainda que aquí non, porque estamos moi preto do mar, en moitos outros sitios de Galicia, neva. A neve ... Que divertida é! Podemos xogar a debuxar anxos tirándonos sobre ela, construir bonecos de neve ou facer pelexas de bolas ...
E falando de neve... Este verán fixen un intercambio creativo con Berenice do blog Burbujitas e Sandra Luz do blog Mi Sala Amarilla sobre un conto de Elena Walsh titulado "Don Fresquete" moi adecuado para estas datas. Berenice fixo as ilustracións do conto, Sandra montou un video sobre él coa propia voz de Elena Walsh e eu fixen un libro LIM sobre o conto. E así foi como quedou o noso intercambio creativo:


E por que non construir nós o noso propio boneco de neve? Déixovos dúas opcións:

1º) Para poder montar o voso boneco de neve primeiro tedes que recoller copos de neve, cantos máis recollades antes contruiredes o voso boneco...


2º) Unha forte racha de vento, desfixo o voso boneco. Sodes quen de reconstruilo?


E TI, CAL PREFIRES DAS DÚAS?

7 ene 2012

REMATARON AS FESTAS...


Remataron as festas e tamén as vacacións. O luns voltamos ao cole e a rutina diaria. Temos que quitar a decoración de Nadal e comezar a traballar as características da  nova estación na que nos atopamos: O INVERNO.
Estas son as fichas que imos traballar sobre esta fría estación. Están basadas nunhas que atopei no blog "Mi grimorio escolar". Cada ficha aparece dúas veces: na primeira hai que escribir moi pouco mentras que na segunda hai que escribir moito máis.

5 ene 2012

FELIZ NOITE DE REIS!!!!!!!

Con este fermoso debuxo de FANO, quero desexarvos  unha máxica noite de Reis e que estes veñan cargadiños de saúde , amor e felicidade para todo@s. Un bico.


3 ene 2012

CARTA AOS REIS MAGOS

A falta só de tres días para que cheguen os Reis Magos, imaxino que xa todos teredes escrita a carta, non? Por si todavía queda algún rezagado aquí vos deixo esta carta. Tedes que elexir un Rei Mago: Melchor, Gaspar ou Baltasar e ir recollendo regalos durante un máximo de 6 minutos. Despois clicade en Escribir carta e unha vez que se abra a carta podedes engadir algúns dos regalos que fúchedes recollendo, a vosa foto e o voso nome e despois imprimila para mandar. Se lle poñedes un selo urxente seguriño que chega a tempo. Que disfrutedes co xogo.