29 may 2012

O PLANETA FAIGÓN


Hoxe fomos ao Centro Cultural Torrente Ballester a ver dúas obras que representaban os alumnos/as do CPI de Atios (Valdoviño) tituladas: "Produccións Roberta""O planeta Faigón" redactado por José Luis Prieto e ilustrado por Carlos Mosquera .
Esta última está encadrada dentro do proxecto SALVAVIDAS no que participan distintas entidades como a Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde, a Deputación da Coruña e Alcer (Asociación para a loita contra as enfermidades do ril). Como di o presidente de Alcer: "Este proxecto, aposta por utilizar o ámbito educativo como medio para concienciar, informar e promover a doación de órganos entre os escolares e as súas familias".

Ésta é a obra de teatro do Planeta Faigón:


E éste,  o texto xunto con algunhas ACTIVIDADES que faremos entre todos o próximo día:


Pasámolo moi ben. Aos rapaces, gustoulles máis a obra de "Produccións Roberta"  porque había música e bailes:  eran personaxes de contos como Brancaneves, Carapuchiña, o Lobo, ... que se presentaban a un casting para unha película. Pero ás profes gustounos máis a segunda, "O Planeta Faigón" pola mensaxe que levaba.

27 may 2012

E VAI DE ABELLAS


Na primavera o campo está cheo de flores e insectos como xoaniñas, bolboretas, abellas ,... E falando de insectos ... buscando recursos para traballar a primavera , atopei uns recursos chulísimos sobre as abellas cos que ademáis de pasar un ratiño entretido, tamén podemos :

* Practicar a poñer  o noso nome ...


* Contar abellas ...


*  Ou repasar as vogais.


E xa que estamos con abellas, por que non vemos o primeiro capítulo de "LA ABEJA MAYA":




E para aprender moitas cousas sobre as abellas, déixovos tamén este video que acabo de atopar no blog PEQUEFERROVIARIOS que está moi ben:

26 may 2012

APRENDENDO EDUCACIÓN VIAL



Dentro do proxecto que estamos a realizar sobre EDUCACIÓN VIAL, o xoves e o venres, veu a visitarnos ao colexio unha policía de Ferrol que nos estivo a explicar moitísimas cousas sobre a educación vial. Foron unhas charlas moi amenas e axustadas ao noso nivel.

E se esto foi moi entretido e divertido, moito máis foi poder ver o coche da policia e non só iso senón tamén probar as motos dos seus compañeiros. Vede, vede ...
EDUCACIÓN VIAL on PhotoPeach

23 may 2012

CONTO PRIMAVERAL



Que mellor forma de seguir traballando  a primavera que un conto primaveral que ademais nos ensine bos valores como a amizade?
Mañá imos traballar sobre este conto que atopei un día buceando por este gran mar que é a Internet:  "DOS FLORES ORGULLOSAS" (clicade no título para acceder ao conto) adaptación dun conto de Carlos Asorey. Gustoume moito porque era moi sinxelo e ademáis ensinaba bos valores. Así que puxen a toda a familia a gravar e saíu este video:


Pero o video só así sen actividades coma que non, así que tamén preparei este libro LIM para traballar o conto máis a fondo:




http://dl.dropbox.com/u/14722558/DOSFLORES/dosfloresorgullosas.html

20 may 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Somos "Boa PrácTICa 2.0"


Onte recibimos unha "GRAN SORPRESA" e queremos compartila con todos vos, o INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) do Ministerio de Educación, otorgounos o distintivo de Boa PrácTICa 2.0 a "UN PROXECTO ENTRE TODOS".

Nestes tempos nos que parece que cada vez custa máis que se valore o traballo e esforzo dos mestres por realizar o seu traballo do mellor xeito que saben facer, alédanos moito recibir este recoñecemento a un traballo feito sobre todo EN EQUIPO.

Ademais, ainda que o selo nolo concederon como organizadoras de "UN PROYECTO ENTRE TODOS", gustaríanos compartir a nosa alegría con todos os blogs colaboradores deste proxecto. Podedes acceder ao artigo que nos adicaron no seguinte enlace:


MOITAS GRAZAS A TOD@S POR UNIROS Á NOSA AVENTURA
ANA, FINI, MIREIA, MIREN, NOELIA


18 may 2012

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS


O mércores celebramos no cole, o festival das Letras Galegas. A media mañá reunímonos todos no salón de actos. Unha vez alí vimos o video que gravamos coas nosas voces sobre a vida de Valentín Paz Andrade; os alumnos do PCPI: Iago, Jaime, Rubén, Jordan e Sergio, nos leron unhas preciosas poesías da escolma poética do autor e tamén vimos a chulísima presentación que a profe Ana Sofía fixo cos nosos debuxos sobre a vida e obra de Valentín.
Ademáis disfrutamos do conto : "OS SETE CABRITOS":


E de distintos videos do grupo PIRILAMPO como este da Señora Lúa:


Ou estoutro do Semáforo, moi acorde co noso proxecto de Educación Vial:


Pero non vos pensedes que quedou ahí a cousa. Despois de todo isto, fomos á Sala de Día e alí tíñannos preparada .... UNHA GRAN DEGUSTACIÓN DUN PRODUTO TÍPICO GALEGO COMO É A EMPANADA amenizada cun grupo de gaiteiros de aquí de Ferrol que viñeron desinteresadamente a tocarnos varias das súas cancións.
Nin que dicir ten que o pasamos FENOMENAL!!!


E para que vexades que non mentimos, aquí vos deixamos unhas cantas fotos do festival:

LETRAS GALEGAS 2012 on PhotoPeach

17 may 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é un día grande para nós os galegos porque celebramos o día das nosas letras, ou sexa, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Cada  ano, un escritor galego  é homenaxeado neste día, e este ano tocoulle o turno a Valentín Paz Andrade.

                    Imaxe do blog TICs CRA de BERGONDO

Valentín Paz Andrade, naceu na parroquia de Lérez, provincia de Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Estudou o bacharelato en Pontevedra e foi á Universidade a Santiago de Compostela onde estudou para avogado. Desde moi novo escribiu en xornais e revistas, chegando a dirixir durante cinco anos o xornal GALICIA. A Valentín gustáballe moito o mar e a pesca, por iso fundou, xunto con outras persoas a empresa Pescanova, adicada á pesca en mares moi afastados de Galicia e colaborou na FAO unha organización que se encarga de controlar a pesca en todo o mundo. Ademais de moitos ensaios, escribiu tres libros de poemas: "PRANTO MATRICIAL" que llo adicou ao seu amigo Castelao, "SEMENTEIRA DO VENTO" e "CEN CHAVES DE SOMBRA". Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia das Ciencias e galardoado co Pedrón de Ouro, Medalla Castelao, Premio Trasalba e moitos premios máis.


Neste día tamén quero compartir con vos, esta fermosa presentación que fixeron no blog Talleres de Aprender a Aprender de Carmela para lembrar a aquelas mulleres que nunca terán o seu día das Letras Galegas, ás que "poideron ser" e "non foron":




E tamén este fabuloso LipDup "A lingua sabe a pan" feito por todo o alumnado e profesorado do CPI Virxe da Saleta:



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!

13 may 2012

15 DE MAIO: DÍA DAS FAMILIAS


No ano 1993 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decidiu elexir o 15 de maio como o día Internacional das Familias co fin de aumentar o grado de concienciación acerca dos temas relacionados coa familia así como fomentar os lazos familiares.
A familia , sexa do tipo que sexa (monoparental ou monomarental, ésa na que os pais non conviven ou aquela na que os pais ou nais son dúas persoas do mesmo sexo) é o elemento máis importante da sociedade humana, onde os nenos e nenas medran e son educados, onde deben recibir amor, coidados e protección , ademais dunha formación integral como seres humanos.
Por iso, porque cremos que é un tema que se debe tratar tamén na escola,  ao longo de estos días traballaremos vocabulario relacionado coas familias, tipos de familias, ... a través de estos recursos entre outros:

-CONTOS:


- LIBROS PARA COLOREAR:

a) En galego



b) en castelán


Este é o conto que traballamos o ano pasado. Clicade nas imaxes para acceder:

- APLICACIÓNS:


NO DÍA DA FAMILIA, DISFRUTADE DAS VOSAS FAMILIAS

11 may 2012

SEGUIMOS A TRABALLAR A FIGURA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE


Estes días nas clases seguimos a traballar a figura de Valentín Paz Andrade. Coa axuda dos nosos compañeiros da clase da profe Digna: Leticia, Erika e Martín, gravamos este PEQUENO VIDEO para poñerllo aos nosos compañeir@s o día do Festival das Letras Galegas:


E tamén coa axuda deles, ILUSTRAMOS A SÚA BIOGRAFÍA:



9 may 2012

A BANDEIRA DA UNIÓN EUROPEA


Para commemorar o Día de Europa. ademáis de contar os contos "VOLANDO POR EUROPA" (ainda non rematamos de contar todos) e de aprender as señas de identidade da Unión Europea, utilizando o caderno interactivo de CUADERNIA que preparei, na clase fixemos A SÚA BANDEIRA . Así que aproveitando unha idea que sacamos como non, do blog de Trinidad, "ENSEÑANDO Y APRENDIENDO" (xa vos dixen que tiña no seu blog unha boísima recopilación de recursos para traballar o Día de Europa) puxémonos ao labor:

- Primeiro amoseilles unha cartulina azul na que había pegadas 12 estrelas con distintas caras:


- A continuación a cada un lle repartín tres estrelas e algunhas letras para que colorearan:



- Unha vez que remataron, con moito coidado picaron as estrelas e recortaron as letras:



- Era o turno de pegalas. Así que cada un tiña que mirar atentamente cales eran as súas estrelas e buscalas na cartulina para pegalas encima.



- Por último pegamos as letras e ... ASÍ DE CHULI NOS QUEDOU A NOSA BANDEIRA DA UNIÓN EUROPEA que agora adorna unha das paredes de clase:

7 may 2012

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA


O próximo mércores célebrase o Día de Europa, para lembrar que un 9 de maio de 1950, o ministro Schuman presentou unha proposta coñecida como "Declaración Schuman" para contruir unha Europa unida pola paz. O seu plan era comezar por un paso pequeno pero moi importante: Crear unha institución europea que administrara as materias primas que naquela época eran fundamentais para facer a guerra: o carbón e o acero. Se se controlaban esas industrias non podería volver a ocurrir unha guerra e habería paz.

Para coñecer un pouquiño máis sobre a Unión Europea, na clase contaremos os contos de "VUELO POR EUROPA" que atopamos gracias a Trinidad, do blog "ENSEÑANDO Y APRENDIENDO" (nel atoparedes un montón de recursos para traballar o día de Europa) no que unha cigoña vai por todos os paises da Unión Europea recollendo os seus mellores contos por encargo do seu avó. Clicade na imaxen para acceder:


E tamén con este cuadernillo que preparei utilizando o constructor CUADERNIA (non vos fixedes moito nos erros porque é o primeiro que fago):


http://dl.dropbox.com/u/14722558/EUROPA/index.html

5 may 2012

O DÍA DAS NAIS


Mañá, primeiro domingo de maio, celebramos O DÍA DA NAI. A estas alturas imaxino que todos teredes feita unha tarxeta para mamá pero para os rezagados, aquí vos deixo esta aplicación  para facerlle unha. Podemos elexir o saúdo, o marco, os adornos,escribir o noso texto personalizado e despois imprimir o resultado. Clicade na imaxe:


Lembrarlle dicirlle canto a queredes, por exemplo con esta presentación QUEN É  MAMÁ? que fixen con algunhas imaxes que atopei no Picassa de Carmen Ortega e ao que lle puxen a canción Feliz día mamá por "La tía Botas!


Tamén podedes celebrar o día xogando con ela,  facendo este fantástico puzzle con distintos niveis de dificultade:


 PARA TODAS AS AVOAS, MAMÁS E FUTURAS MAMÁS QUE NOS VISITADES: FELIZ DÍA DA NAI!!!!

3 may 2012

A NOSA CARREIRA EN PROL DA LINGUA:CORRELINGUA 2012



Hoxe tivo lugar no Pazo da Cultura de Narón unha nova edición do CORRELINGUA .  Nesta carreira en defensa da lingua galega   participaron máis de 900 escolares de dez  colexios de Narón, Ferrol e San Sadurniño entre os que estabamos nós.
Así que as dez, moi contentos, saímos do colexio coas nosas PANCARTAS en prol do galego.Cando chegamos fixemos unha simbólica carrera pola lingua e despois mentras esperabamos que saíse o grupo que estaba dentro do Pazo, nos tiñan preparados uns estupendos xogos populares. A nós tocounos xogar  a ver que era máis rápido enrollando unha corda cun taco de madeira atado no extremo, ao brilé e a tirar da corda.
Cando tocounos o turno de entrar no Pazo, estábanos esperando a actriz IRIA SOBRADO que ademais de presentadora, xogou con nos ao AFORCADO. Tiñamos que adiviñar unhas palabras que había escritas nun taboleiro, e como non, adiviñámolas. Cales eran as palabras?

MOZO, MOZA
E TI QUE LINGUA FALAS?
EU FALO GALEGO
TI  FALAS GALEGO?

Pero ahí non quedou a cousa xa que esas palabras eran o estribillo dunha canción. Así que ao ritmo da canción: "Mosa, mosa, así voce me mata" todos cantamos unha canción na que defendíamos a nosa lingua :O galego.



A continuación actuou o grupo PIRILAMPO, quen  nos deleitou cunhas cantas cancións do seu repertorio como a do GRILO, a do PETO, a do CORPO, ... Aquí vos deixamos unha das súas cancións:


PASÁMOLO XENIAL!!!!!

2 may 2012

O MES DAS LETRAS GALEGAS


Ao longo destas dúas semanas que quedan para que chegue o Día das Letras Galegas, imos traballar na clase a figura de Valentín Paz Andrade , autor a quen se lle adica este ano. Coñeceremos dun xeito sinxelo a súa vida e a súa obra. Para iso, utilizaremos as fichas que cada ano prepara O SEMINARIO GALÁN. Se entrades na súa páxina, ademáis de material imprimible para os distintos ciclos educativos, podedes atopar actividades en liña e un álbum de fotografías.


E tamén traballaremos na PDI e no recuncho do ordenador con este libro LIM que preparei :

http://dl.dropbox.com/u/14722558/letrasgalegas2012/letrasgalegas2012.html

1 may 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Novas incorporacións


Como todos os meses, publicamos a lista de novas incorporacións a "UN PROXECTO ENTRE TODOS", para que poidades faceros seguidores dos novos blogs. Este mes apuntáronse 6 novos blogs e douse de baixa un blog: Mira dentro de TIC (por si mesmo xa é un blog de recopilación de actividades, e as características do noso proxecto non coinciden cos obxetivos que se propuxeron ao iniciar a súa aventura blogueira). Ainda que non formedes parte do noso proxecto vos desexamos boa sorte. 
Aquí tedes a lista nova: 






Aproveitamos tamén para facer un par de puntualizacións con respecto ao SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS:




- Antes de publicar un post de petición de axuda, vos pedimos que miredes o SITES, por si algún blog amigo xa o fixo con anterioridade. Así evitamos repetirnos e aproveitamos a recopilación dos enlaces.
- Si pasados máis de 15 ou 20 días da publicación dun post de petición de axuda dalgún blog, alguén quere aportar algún enlace máis para completar o tema proposto, podedes deixar o enlace en calquera dos blogs organizadores. Os incorporaremos encantadas ao SITES.
- Asemade, houbo xente que nos ofreceu enlaces a outros proxectos que non están recollidos no SITES. Neste caso, vos pedimos que os gardedes para cando algún blog amigo solicite axuda sobre ese tema en concreto.

Por último, gustaríanos moito dar as grazas a todas as persoas que nos deixáchedes tantos comentarios felicitándonos, pois foron comentarios realmente cariñosos, que non emocionaron e deron novas forzas para continuar con este, para nos, marabilloso proxecto colaborador. MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS!!!

ANA, FINI, MIREIA, MIREN, NOELIA