31 ago 2012

CONTO: "OS TRES PORQUIÑOS"


A piques de empezar o novo curso, para traballar os primeiros días, preparei este libro lim sobre un conto que lles gusta moito aos rapaces e rapazas: "OS TRES PORQUIÑOS". Para facelo, botei man, unha vez máis, dos marabillosos deseños de Jessica do blog BONITOOH (http://bonitooh.blogspot.com). Dende aquí quero darlle as grazas por compartir de forma totalmente desinteresada tan fermosos deseños.


http://dl.dropbox.com/u/14722558/CERDITOS/cerditos.html

24 ago 2012

O MEU NOVO LIBRO LIM: COÑECENDO A RÚA


Estes días andiven a rematar este libro LIM sobre a RÚA para facer cos meus alumnos cando empece o novo curso e repasar así o que aprendimos co proxecto de Educación Vial que fixemos no último trimestre do curso pasado.
Fíxeno en castelán e en galego para que si queren, o poidan utilizar as persoas que non son de aquí.


https://dl.dropbox.com/u/14722558/calle/educacionvial.html

Espero que vos resulte de utilidade.

21 ago 2012

FICHAS DO PROXECTO DE EDUCACIÓN VIAL

Faltábanme por subir as fichas que utilizamos para o proxecto de Educación Vial. Como por falta de tempo non nos dou tempo a rematalo, no último trimestre do vindeiro curso o retomaremos pero esta vez dende o punto de vista de pasaxeiros e condutores (de patíns, patinetes, bicicletas,...). Aquí vos deixo as fichas que fixemos:


Se queredes ver o proxecto completo, clicade na pestana de PROXECTOS ou na imaxe de abaixo: