27 feb 2013

O SOL

Imaxe tomada do blog COLORÍN COLORETE

Onte empezamos a ver o Sistema Solar e como non empezamos ... POLO SOL. Buscamos nos libros do noso recuncho do espazo, e vimos que o Sol é unha gran estrela que está no centro do Sistema Solar, que dende a Terra a vemos de cor amarelo, que está feita de gas e que é moi importante porque nos proporciona luz e calor. De feito aprendimos que as estrelas son os únicos astros que emiten luz, que senón houbese Sol, non existiría vida no noso planeta e que o Sol sae todos os días polo Leste e ponse polo Oeste.
Fixemos esta ficha:

Investigando un pouquiño máis sobre o Sol, descubrimos que os homes antigos para saber que hora era, utilizaban reloxos solares así que decidimos facer o noso. Ao principio iamos facer un para poñer no chan. Pero cada hora teriamos que saír a fóra para ver como ía pasando o tempo e non o podiamos facer . Así que buscando, buscando, atopamos unha páxina onde se podían facer RELOXOS DE SOL VERTICALES PARA COLOCAR ... NAS VENTÁS DA CLASE. Queredes saber como o fixemos? Ollade, ollade:

FACEMOS UN RELOXO DE SOL


Polo de agora non vos podemos dicir se funciona ou non porque ... ESTES DÍAS NON VEMOS O SOL POR NINGUNHA PARTE!!!!!!!

No blog de Mar Gómez, MIL RECURSOS EDUCACIÓN INFANTIL atopamos este conto "SOY EL SOL":


E a Nasa, estes días publicou un incrible video onde podemos apreciar con toda claridade  UNHA ESPECTACULAR CHUVIA DE LUME SOBRE O SOL, e dicir, unha "chuvia coronal" que é un raro fenómeno no que o plasma eyectado durante unha erupción volve ao Sol:



E se o que queredes e "ver" o vento solar, clicade no PLAY:



E hoxe comezamos cos planetas, pero iso ... volo contaremos noutra entrada

24 feb 2013

BRRRR, QUE FRÍO!!!!!!

Ao longo desta semana pasada continuamos traballando o inverno a través de adiviñas, a poesía de Gloria Fuertes titulada "O HOME DE NEVE" e tamén facendo manualidades.
Como nos gusta moito a reciclaxe, decidimos transformar unhas caixas vacias de cereais así como vasos plásticos e recipientes de flans,  nuns fermosos bonecos de neve que o venres moi contentos nos levamos para casa:


Así é como os fixemos:





E como este fin de semana fixo MOITÍÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO FRÍO, preparei estes puzzles con imaxes de PHILLIP MARTIN, para pasar un ratiño entretido no ordenador de clase ou na PDI:

 
https://dl.dropbox.com/u/14722558/PUZZLESINVERNO/puzzles.html

21 feb 2013

A ORIXE DO UNIVERSO


Hoxe estivemos a falar na clase de como se orixinou o Universo. Limos nun libro, que o Universo se formou a partir dunha xigantesca explosión chamada: BIG BANG que ocurriu hai aproximadamente entre 10 e 20 billóns de anos. Nesta explosión, desprenderonse distintas partículas que ao enfriar se combinaron para formar galaxias, estrelas e planetas.
Nós, quixemos facer o noso propio: O BIG BANG. Desde aquí queremos darlle as grazas a Carol, do blog UN MUNDO DE PEQUEÑAS COSAS, xa que gracias a ela descubrimos esta páxina de  LA NARANJA MECÁNICA ,onde dun xeito didáctico e sinxelo, nos explican esta teoría:
Así o fixemos nós:

BIG BANG


Para afondar máis no tema, podedes ollar estes videos:




Ou clicar na imaxe de abaixo:

19 feb 2013

O HOME DE NEVE


Como xa sabedes todos estamos a participar no libro colaborativo virtual sobre Gloria Fuertes. Así que entre hoxe e onte traballamos unha das súas poesías: "EL HOMBRE DE NIEVE". Gracias a Cati, do blog LOS PEQUES DE MI COLE, conseguimos unha canción sobre a poesía e con ela e unhas fermosas imaxes que descargamos da  páxima de Jumabu.com , fixemos este video:


A continuación, nunha plantilla en forma de boneco de neve (a  idea orixinal é do blogue BIBLIOABRAZO e a plantilla do BONECO DE NEVE do blogue ACTILUDIS) copiamos a poesía. Así de bonita nos quedou:



Pero non rematou ahí a cousa, senón que hoxe, despois de rematar a poesía fixemos un obradoiro de cociña no que cada un fixo o seu HOME DE NEVE:

17 feb 2013

SEGUIMOS CO INVERNO

Na nosa clase seguimos a traballar o centro de interese do Inverno. A nosa porta, as nosas ventás e tamén a nosa árbore, vestíronse de INVERNO. Queredes ver como?


Ademais, mañá traballaremos con estas adiviñas de inverno que saquei do blogue de Cati, LOS PEQUES DE MI COLE. Primeiro veremos esta presentación:

E despois faremos esta fichiña:


E na barra lateral  así como nas pestanas de enriba, temos un enlace a algúns dos recursos de inverno que utilizamos na clase:


Premede na imaxe para acceder

14 feb 2013

EDUCACIÓN EN VALORES: A AMIZADE


Hoxe, 14 de febreiro, celebramos na nosa clase o DÍA DA AMIZADE porque  ...

Clica na imaxe para vela máis grande

Seguindo as suxerencias de AMEI-WAECE para celebrar o Día do Amigo (Actividad extraída do Programa de EDUCACIÓN EN VALORES DE AMEI-WAECE)
  •  Primeiro falamos de que significaba a AMIZADE para eles, a quen consideraban os seus amigos e por que. As respostas foron moi variadas como .... é o meu amigo porque me cae ben (Javier Trinidad), porque é bo comigo e non me trata mal (Carlos Mera), porque xoga comigo ao fútbol e ao baloncesto (Jony), ...
  • A continuación contamos a fábula  OS DOUS AMIGOS E O OSO (as ilustracións as descargamos tamén da páxina de AMEI-WAECE):

            Se alguén a quere en castelán:


          Unha vez que rematamos de ler a fábula, lles fixemos preguntas sobre ela,  tipo: cales eran os protagonistas, por onde paseaban, que lles pasou, que fixo un deles , que fixo o outro, cal actuou mal, por que creían que actuou así, ... para acabar falando de que era a amizade e de como teñen que tratarse os amigos. Despois de falar largo e tenDido, todos chegamos á conclusión de que aos amigos hai que axudalos e non deixalos sós cando necesitan axuda.

  • Por último cada un elaborou unha tarxeta SQUASH para felicitar a un amigo ou amiga como unha boa mostra de amizade (a idea orixinal sacámola de CRAFTINGEEK. onde tedes tamén un tutorial de como se fai). Así de bonitas nos quedaron as nosas tarxetas:
- Tarxeta de Joni:

Photo Flipbook Slideshow Maker

 - Tarxeta de Carlos:


Photo Flipbook Slideshow Maker

E esta é a da profe:


E para acompañar as tarxetas, que mellor cunha piruleta?


Xa para rematar  xogamos a un xogo de amizade que sacamos da páxina de HACIENDOELINDIO.COM. Nós o modificamos un pouquiño, lle cambiamos o texto que viña e escribimos cousas bonitas relacionadas coa amizade como: APERTAS, BIQUIÑOS, CARICIAS, XOGOS, AMIGOS,....





FELIZ DÍA DA AMIZADE!!!!!!!

11 feb 2013

TRES, DOUS, UN, ... DESPEGUE!!!!


A semana pasada , continuando co noso proxecto sobre o espazo, estivemos a falar de COHETES e NAVES ESPACIAIS, e decidimos construir o noso cohete pero iso si, non queriamos un cohete calquera, queriamos un cohete que POIDESE DESPEGAR. Así que nos puxemos mans á obra.
Queredes saber como se fai? Lede atentamente as instruccións:


Así fixemos os cohetes:


Os nosos despegues:

9 feb 2013

SEMANA DO ENTROIDO


Esta semana estivemos a traballar o Entroido. Ademáis das fichas do osiño PLUM, que xa todos coñecedes,
o LUNS tivemos DEGUSTACIÓN DE ORELLAS que nos fixeron as profes Melu e Digna na cociña do colexio. Estaban boísimas. Moitísimas grazas ás dúas:


e tamén estivemos rematando de montar os  nosos DISFRACES:



o MARTES, fixemos un TALLER DE CAROUTAS de animais con pratos de cartón que atopamos na paxina de DLTK-KIDS:



e xunto coas que fixeron os nosos compis da clase do lado, quedounos unha parede así de bonita:


o MÉRCORES, preparamos un MURAL para poñer  no Salón de Actos:


e por fin chegou o gran día, O XOVES, no que celebramos A GRAN FESTA DO ENTROIDO. Cos nosos traxes ben preparado e rematados:


vestímonos e unha vez listos...


marchamos cara o Salón de Actos onde nos agardaban o resto dos compañeiros e despois dun desfile onde todos lucimos os nosos disfraces, fomos á Sala de Día onde fixemos unha festa por todo o alto, na que contamos nin máis nin menos que coa actuación en vivo e en directo do grupo "OS ZARES". Aquí vos deixamos este video con alguhas fotos do desfile e da festa:


MOI FELIZ ENTROIDO PARATODOS!

3 feb 2013

PREPARANDO O ENTROIDO



Ainda non ben rematamos as actividades para celebrar o Día da Paz, e xa temos aquí o ENTROIDO que este ano cae baixísimo.
A semana pasada empezamos a facer os disfraces. Por mayoría e dado que todo o colexio está a participar no proxecto RUMBO AO ESPAZO, decidimos ir disfrazados de algo relacionado co mesmo. Á nosa clase e a da miña compañeira Digna, tocounos ir de ... ASTRONAUTAS!!!!!!!.  Nuns días amosarémosvos como nos está a quedar o noso disfrace.
Esta semana seguiremos cos disfraces e a traballar o tema do entroido. Ademais dun TALLER DE CAROUTAS que faremos se nos da tempo, claro, traballaremos con estas fichas que preparei a partir dunhas láminas do conto : "PLUM SE DISFRAZA" da editorial Atlántida, que atopei no blog L´ANTROXU :
  • Aquí están as fichas en GALEGO:

  • E aquí en CASTELÁN:


E coma sempre como complemento e motivación, utilizaremos este libro LIM tanto na clase como na PDI:



https://dl.dropbox.com/u/14722558/PLUM/plum.html

2 feb 2013

UN PROXECTO ENTRE TODOS: ESTAMOS DE ANIVERSARIO


CUMPRIMOS UN ANO

O día 2 de FEBREIRO de 2012 comezamos esta gran aventura. Ese día presentamos unha idea que "cociñamos" entre cinco blogueras con gañas de poñer en marcha un proxecto de colaboración e que non sabiamos a acollida que ía ter. Para nos, foi unha grata sorpresa ver como rapidamente empezamos a recibir comentarios de blogues coñecidos e descoñecidos que se querían unir a este proxecto, ata chegar ao día de hoxe, no que nos sentimos  tremendamente fachendosas de poder dicir que:

XA SOMOS 123 BLOGUES AMIGOS
76 BLOGUES APORTARON ENLACES
(participando activamente no proxecto)
RECOPILAMOS 46 PROXECTOS DIFERENTES
(no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS)

O único que podemos dicir a todos e cada un dos blogues que forman parte de UN PROXECTO ENTRE TODOS ...

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS

e o mellor xeito de celebralo é dando a benvida a 4 novos blogues que queren sumarse a todos no. BENVIDOS!!!!!!! Para iso vos deixamos a lista actualizada a continuación:


Tamén nos gustaría lembrar a todos que no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS podedes atopar todos os enlaces de axuda recopilados (ata agora), filtrados e organizados.


https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

E finalmente e coma sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS POR TODO.
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA