30 may. 2013

SOMOS PASAXEIROS DE AUTOMÓBILES

 

Ao longo desta semana avanzamos un pouquiño máis no noso proxecto de educación vial, esta vez desde o punto de vista de pasaxeiros de automóbiles.
  • Con estes videos:
- Jota, Jota, en el coche de papá:


- Viaxando en auto:


- O cinto de seguridade:


- Como baixar do coche:


  • O  conto: "FRUCTUOSO O MÁIS RUMBOSO" da DXT:

a) en versión interactiva


b) en versión PDF:



  • Esta presentación para que nos quedara todo moi clariño:






  • E estas fichas que preparei a partir de actividades da DXT e deMapfre Educación Vial:


  • - O orixinal:



    - As dos alumnos:
    A petición de Rocío, tamén vos deixo a presentación e as fichas en castelán. Espero que vos resulten útiles:
    E lembra:

    28 may. 2013

    O MONTE É A NOSA VIDA


    Participamos no concurso "O MONTE É A NOSA VIDA" de Confemadera Hábitat Galicia, un concurso co que según as súas palabras, "se pretende que os xóvenes galegos profundicen na singularidade dos nosos montes reflexando nos seus traballos o valor socioeconómico e medioambiental que teñen para Galicia".
    Este é o video que fixemos sobre o bosque que rodea o noso cole:

    23 may. 2013

    GLORIA FUERTES E A EDUCACIÓN VIAL


    Unindo o noso proxecto sobre Educación Vial coa nosa participación no Proxecto Colaborativo Libro Virtual sobre Gloria Fuertes, hoxe estivemos a traballar unha poesía desta gran escritora relacionada con este tema: "NO CRUCÉIS ATOLONDRADOS..."
    Primeiro vimos un video sobre a poesía que preparei con VideoScribe, unha ferramenta que nos permite crear vistosos e orixinais videos que podemos compartir directamente en Youtube, Facebook,... ou gardar no noso ordenador, pero que ten un inconvinte: é de pago, só nos deixa descargar unha versión de proba durante sete días que é o que fixen eu.


    Despois de ver o video e de que entre todos lésemos a poesía varias veces, a profe dounos unha ficha coa poesía escrita, pero había un problema: estaba incompleta. Así que nin cortos nin perezosos, a completamos e coloreamos a Gloria Fuertes e o seu coche:



    E pola parte de atrás do folio, cada un fixo un debuxo libre sobre a poesía:



    GÚSTANVOS?


    (Tanto para facer a imaxe de cabeceira da entrada como a animación feita con GIMP, utilicei un fondo e un clipart do software de fotografía HOFFMAN)

    20 may. 2013

    RETOMAMOS O NOSO PROXECTO SOBRE EDUCACIÓN VIAL


    O curso pasado, durante o terceiro trimestre, estivemos a facer un proxecto sobre Educación Vial porque como xa explicabamos no seu momento, estamos convencidos de que desde a escola hai que formar aos nenos para que nun futuro sexan condutores e peóns responsables e no "inmediato" contaxiar aos adultos máis próximos eses valores. Para iso, tratamos de que coñecesen os fins e obxectivos que cumpren os sinais e normas de tráfico, que se familiarizasen coas máis necesarias e máis freucentes do seu entorno; tamén intentamos creal neles unha actitude de colaboración, respeto e contribución á seguridade vial tratado de que reflexionasen sobre as condutas adecuadas motrándolles situacións correctas e erróneas no seu discurrir como peóns para previr posibles accidentes.

    Así que desde hoxe e ata que acabe o curso, retomaremos o proxecto pero esta vez desde o punto de vista de pasaxeiros e condutores (de bicicletas, patíns,...)

    Para lembrar o que xa aprendimos o ano pasado fomos á aula de informática e lle pedimos a Laretas e a Semaforín (as nosas mascotas do proxecto) que nolo lembrasen:





    A continuación fixemos este libro LIM que preparei no verán para repasar os conceptos aprendidos:


    http://dl.dropbox.com/u/14722558/calle/educacionvial.html


    Mirade que ben o fixemos:

    18 may. 2013

    DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS



    Sabíades que hoxe se celebra o Día Internacional dos Museos? En 1977, o Consello Internacional de Museos (ICOM), creou este día para sensibilizar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, este evento, medrou en popularidade, así no 2012, viu a participación récord duns 32.000 museos que organizaron animacións en máis de 129 países. O tema deste ano é:

    Museos (memoria + creatividade) = progreso social

    Unha ecuación que sintetiza os dous rasgos que caracterizan a estos centros: a preservación do patrimonio cultural e a súa capacidade de crear, e que da como resultado o desenvolvemento social.

    Moitos museos españois celebrarán hoxe "O DÍA E A NOITE DOS MUSEOS" . O centros galegos tamén se suman a esta iniciativa con xornadas de portas abertas, ampliación de horarios e actividades especiais  que teñen por obxecto achegar o seu traballo ao público. Así que esta fin de semana, pode ser unha ocasión perfecta para coñecer as propostas que albergan os museos máis próximos aproveitando non só que a entrada é gratuita senón que ofrecen visitas guiadas e teatralizadas e actividades para todos os públicos como xornadas de xogos tradicionais e populares, concertos, exposicións, espectáculos de danza,...

    En Cultura Coruña, atopamos todas as actividades que están propostas para hoxe e que son:


    Se queredes consultar todos os museos que temos na nosa comunidade clicade na imaxe:



    E neste outro enlace podedes consultar as actividades que terán lugar noutros museos das distintas comunidades españolas:


    Aquí vos deixo estes xogos relacionados cos museos:

    1.  Tedes tres minutos para atopar todas as diferencias entre dúas pinturas. Hai doce niveis de dificultade.


    2. Convírtete en detective:




    17 may. 2013

    DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    Fonte: Obra Social NovaCaixaGalicia

    Hoxe celébrase un día moi importante para nós os galegos; "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS".Cada ano adícase a un autor ou autora que traballa coa nosa lingua. Este ano o homenaxeado é ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Aquí vós deixamos unha pequena biografía:
    • Roberto Vidal Bolaño, fillo de Roberto e Carmen, naceu en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950. Pasou os primeiros anos no barrio compostelá de Vista Alegre, estudando en distintos colexios e institutos da cidade.
    • Con 12 anos comezou a traballar nunha empresa de recambio de automóbiles levando respostos por toda a cidade montado nunha bicicleta. Máis tarde traballou nunha axencia de viaxes, nuns almacéns, nunha tenda de electrodomésticos e nun banco.
    • Aos 27 anos decidiu adicarse ao teatro. Fixo de todo: iluminador, decorador, electricista, director, actor, ... Chegou a fundar a súa propia compañía: Antroido.
    • Escribiu máis de trinta obras teatrais, algunhas adicadas aos máis pequenos como "Touporroutou da Lúa e do Sol", "Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o rapaz e  o Cachamón". Tamén traballou no cine e en distintas series televisivas.
    • Pola súa traxectoria recibiu numerosos premios como: O premio Abrente, o Rafael Dieste, o Álvaro Cunqueiro, o do Eixo Atlántico, o María Casares,...
    • Morreu en Santiago no ano 2002.
    En todos os coles galegos, trabállase esta data. No noso, na entrada,puxemos un gran mural cos carteis que cada ano manda a Xunta de Galicia sobre o autor homenaxeado:


    E como onte faciamos ponte e non tiñamos clase ao igual que hoxe, o mércores CELEBRAMOS O FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS cos alumnos do segundo ciclo do colexio de Lasalle que viñeron ao noso cole para facer un intercambio:

    - Vimos unha presentación sobre a súa vida feita cos debuxos de todos os nenos do cole:


    - Recitamos dous fragmentos das súas obras:
    1. De Touporroutou da Lúa e do Sol, con Jaime Dragó e Sergio Camacho:

    2. De Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o rapaz e o Cachamón, entre Anibal, Diego, Sergio, Jaime, Jordan E Carlos:


    3.- Amosámoslles aos nenos de Lasalle a nosa obra de teatro: A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR (como faltaba Ruth, o papel de tartaruga fíxoo Marcos):


    4.- Collidos das mans, bailamos todos xuntos a canción: QUEN QUERE ENTRAR,...



    5.- A continuación tivemos a sorte de volver a contar, unha vez máis coa actuación do grupo de teatro GHAZAFELHOS, que nos sorprendeu cunha divertídisa obra titulada: "NON É PAÍS PARA CABALEIROS". Aquí vos deixamos algúns momentos da obra:



    6.- E por último, despois dun pequeno recreo, os nenos e nenas xogaron un partido de fútbol do que non temos fotos.

    E así foi a nosa celebración das LETRAS GALEGAS.

    MOI FELIZ DÍA PARA TODOS OS GALEGOS E GALEGAS!!!!!!!!!



    15 may. 2013

    CORRELINGUA 2013



    O pasado luns,  participamos xunto co outros 500 escolares da comarca de Infantil, Primaria e Secundaria, na carreira do Correlingua que este ano a diferencia dos pasados celebrouse na cidade de Ferrol.
    Para os que non saibades do que estamos a falar, o Correlingua é unha carreira a prol do noso idioma, o galego,  que se celebra en distintas localidades da nosa comunidade, promovida pola Asociación Socio Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e varios concellos galegos.
    Así que baixo o lema "GALEGO, A CHAVE DO MUNDO", as dez e media, fixemos unha curta carreira polo Cantón de Molíns, a continuación participamos en distintos xogos populares  para rematar a festa no Teatro Jofre onde disfrutamos da maxia de Martín Camiña e da música a cargo do grupo  de Luís Prego.
    Aquí vos deixamos este video con algunhas das fotos, que fixemos co programa PICO VICO o cal descubrimos grazas a Joel do blog EDUCATIÓ I LES TIC que nola ensinou nunha das súas últimas entradas. Graciñas Joel.  

    14 may. 2013

    WEBCLUE SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

    Grazas a nosa amiga, Cati, que é toda unha experta, do blog LOS PEQUES DE MI COLE, descubrimos as WEBCLUE. Unha Webclue é unha actividade na que os nenos e nenas deben convertirse en detectives para descubrir a identidade dun personaxe segredo seguindo unha serie de pistas.
    Constan de seis apartados:
    QUEN SON? no que se recolle unha pequena introducción sobre o personaxe segredo que temos que descubrir.
    PISTAS: as pistas que temos que seguir para quen é este personaxe segredo.
    INFORMACIÓN: no que se atopan os enlaces que nos proporcionan a información para resolver as pistas.
    CADERNO SEGREDO: fai referencia aos datos que se deben anotar para descubrir ao personaxe. Neste caso como é a nivel de infantil, primeiro ciclo, pódense incluir fichas para descargar.
    INFORME FINAL: débese facer un informe sobre o personaxe segredo incluíndo todo o averiguado, o ver algún video relacionado con él se se trata dos máis pequenos.
    PROPIETARIOS: as persoas que elaboraron a webclue.

    Así que co material que vos ensinamos na entrada de onte, preparamos esta WEBCLUE sobre Roberto Vidal Bolaño:



    13 may. 2013

    TRABALLANDO A FIGURA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

    Fonte: Concello de Santiago

    Desde a semana pasada, na clase estamos a traballar a figura de  ROBERTO VIDAL BOLAÑO , a quen se lle adica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS:

    - Coñecimos a súa biografía, e que mellor que o propio Roberto para falarnos da súa vida? Así que con GoAnimate preparamos esta animación:


    - Acontinuación a gravamos e a ilustramos:


    E ademáis estamos a facer as fantásticas fichas que como cada ano pon á nosa disposición o Seminario Galán e que podedes atopar clicando na imaxe:


    12 may. 2013

    SOMOS GAÑADORES DOS PREMIOS ESPIRAL EDUBLOGS 2013!!!!!!!!!



    Lembrádevos que vos dixemos que quedáramos finalistas dos premios EDUBLOGS? Pois ben, onte a partir das 12, grazas a miña gran amiga Miren (eu non estaba na casa) entereime de que o noso blog AulaTic, ATOPÁBASE ENTRE OS CINCO GAÑADORES DESTA EDICIÓN DOS PREMIOS EDUBLOGS!!!!!! Son incapaz de trasmitirvos a gran ledicia que sentín non só por min senón polos meus alumnos. Se non fose polo marabilloso traballo que fan e polo que se esforzan, cada un según as súas posibilidades, este blog non sería o mesmo.
    O día 8 de xuño, en Madrid, saberemos se gañamos unha das tres BUXAINAS ( a dourada, a prateada ou a de bronce) ou un DIPLOMA, pero ... Sabedes que? Dame exactamente igual cal gañemos porque para min XA É UN ENORME TRIUNFO CHEGAR ATA AQUÍ.
    Quero desexarlle moita sorte, as catro blogs que son gañadores xunto co noso na categoria de BLOGS DE PROFESORES E PROFESORAS, todos moi bos e de moita calidade, e que son:


    E tamén como non a miña amiga e compañeira de CLAUSTRO BLOG, Miren, do blog LA CLASE DE MIREN, a JOEL do blog EDUCACIÓ I LES TIC e a todos os blogs gañadores xa que moitos deles pertencen ao noso proxecto de blogs colaboradores como: AURORA do blog SOÑANDO SONRISAS, MARTA do blog EL BLOG DE LA PROFE MARTA, LAURA TUDÓN do blog EL RACÓ DE L´INFANT,...
    Neste enlace podedes atopar todos os blogs gañadores:


    E xa para rematar, agradecervos a todos os que visitades o blog os vosos comentarios de apoio tanto na nosa candidatura como na entrada anterior. Son unha gran motivación para nós.

    10 may. 2013

    UNHA VISITA ESPECIAL E ESPACIAL


    Non volo ides crer, grazas á unha sobriña da profe, hoxe tivemos a gran sorte de contar no cole coa visita de Jorge Díaz del Río García, un xoven enxeñeiro de telecomunicacións que traballou hai uns anos na NASA e que na actualidade traballa en Holanda na ESA (Axencia Espacial Europa).
    Durante case unha hora, poidemos disfrutar dunha entretida e interesante charla así como dunhas fotografías e uns videos incribles: satélites naturais e artificiais, planetas, cohetes, a formación do Sistema Solar, animacións de como un satélite artificial era lanzado a Marte, ... e moitísimas cousas máis. Pasounos o tempo voando. 
    Ao rematar, Jorge respostounos a todas as preguntas que lle fixemos que non foron poucas.

    Aquí vos deixamos algunhas das fotos da charla:


    E tamén as páxinas para nenos da NASA e da ESA que xa coñecemos do noso proxecto:




    MOITÍSIMAS GRAZAS, JORGE, POR FACERNOS O FAVOR DE ACUDIR AO NOSO COLE ANTES DE VOLTAR A HOLANDA.

    8 may. 2013

    9 DE MAIO. DÍA DE EUROPA


    Cada 9 de maio, a Unión Europea celebra o DÍA DE EUROPA, unha data que simboliza o éxito da Unión Europea, como o euro, a bandeira ou o seu himno. É un día para celebrar a paz, a estabilidade e a cidadanía europea.

     Por que se celebra este día?  

    Porque un 9 de maio de 1950,mañá fará xa 63 anos,  Robert Schuman, presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada que axudase ao mantenemento de relacións pacíficas. Esta proposta que se coñece como "Declaración Shuman", é considerada o xermen da creación do que na actualidade é a Unión Europea.

    Éste día, celébrase nos 27 estados membros da Unión Europea con centos de actividades e festexos que achegan Europa aos seus cidadáns e unen aos distintos pobos. Aquí en Ferrol, a celebración trasladarase ao fin de semana e terá lugar o próximo domingo, día 12, ás 11:30, no Cantón de Molíns. Comezará coa actuación da Banda de Música Ferrolá que interpretará pezas musicais infantis europeas e continuará cun taller infantil de contos populares europeos: "ÉRASE UNHA VEZ EUROPA".

    Como mañá non irei ao colexio, traballaremos este día o venres, co libriño que xa coñecedes que preparei o ano pasado con constructor CUADERNIA:


    http://dl.dropbox.com/u/14722558/EUROPA/index.html

    E este GLOGSTER que preparei este ano:

    6 may. 2013

    PREMIOS POESÍA E IMAXE

    Lembrádevos que participamos no concurso de Poesía e Imaxe? Pois ben, hoxe pola tarde, as sete,  fomos ao Centro Cultural Carballo Calero a recoller o premio. Sí, como oides, dous rapaces do noso cole gañaron na súa categoría: CARLOS MERA da nosa clase e ANIBAL CAÑETE da clase de Ana Sofía.

    Aquí os temos posando orgullosos cos seus debuxos:


    E aquí recibindo o premio e cos nenos do cole que os acompañaron:


    E por si non vos lembrades dos nosos debuxos, aquí volos deixamos de novo. A ver si atopades o de Carlos:




    NORABOA RAPACES, FIXÉCHELO MOI BEN!!!!!!

    5 may. 2013

    MAMÁ MARAVILLA

    Navegando pola rede atopei un Slideshare ( http://www.slideshare.net/perguntaporque/mam-maravilha-12749095) con este fantástico e tenro libro portugués da editorial PRESENÇA. Ainda que se entendía bastante ben (o portugués é moi similar ao galego), traducino ao castelán para adicarllo a todas as mamás, avoas, tías, ... que hoxe visitan este blog:


    MOI FELIZ DÍA DA NAI!!!

    4 may. 2013

    UN PROXECTO ENTRE TODOS: un mes cheo de emocións


    En primeiro lugar, como en meses anteriores presentámosvos os 3 NOVOS BLOGS que se unen ao noso proxecto. BENVIDOS!!!! a lista medra e medra con máis entusiasmo que cando empezamos. Aquí vos deixamos a lista de blogs actualizada:

    En segundo lugar,  gustaríanos felicitar a todos os blogs amigos de UN PROXECTO ENTRE TODOS que son Finalistas da VII Edición do Premio EDUBLOGS, pois son uns cuantos e nos aleda moitísimo, NORABOA!!!!!

    Tamén vos lembramos a todos que no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS podedes atopar todos os enlaces de axuda recopilados (ata o de agora), filtrados e organizados.


    https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

    E finalmente e coma sempre dicimos:

    MOITAS GRAZAS POR TODO
    ANA,FINI,MIREIA,MIREN e NOELIA

    3 may. 2013

    PLANTAMOS ÁRBORES E IMOS AO TEATRO

    Estes días andamos do máis ocupados. Onte, aproveitando que facía bo día, entre todos, plantamos catro árbores no bosque e xardíns que rodean o colexio. No xardín de diante plantamos un GINKGO e no bosque de detrás do patio, plantamos un ALERCE EUROPEO , unha NOGUEIRA e un CASTIÑEIRO. Foi unha boísima experiencia para todos. Cada cual axudou según as súas posibilidades: botar a terra, soster as árbores, regar,...


    Ollade canto e que ben traballamos:



    Aproveitando que iamos a plantar e que non hai moito que foi o día da Árbore e o día da Terra, lembramos moitas das cousas que aprendimos o ano pasado sobre as árbores e as plantas e que están recollidas no blog sobre os bosques que xa vos amosamos o ano pasado:


    E hoxe voltamos á FUNDACIÓN NOVACAIXA GALICIA, esta vez a ver unha obra de teatro de títeres: "A CAIXA DE MÚSICA" da Compañía Viravolta Títeres. Trátase dun espectáculo de marionetas de mesa, que conta a historia de dous rapaciños, Icía e Salterio, que xogando estropean a caixa de música de Calderón, un velliño que toca na plaza. A nena fai todo o posible para arranxala, e grazas a uns pintorescos personaxes, Zaracruso e Alterego, ao final o consegue. É un espectáculo moi atractivo e vistoso para os nenos e nenas debido á iluminación e as cores reflectantes na LUZ NEGRA. Ademáis conta coa participación de TRES MÚSICOS EN DIRECTO que tocan o violín, o piano e o clarinete:



    En internet, atopei este video promocional da obra, que deixamos aquí para lembrar o bonita que era e o ben que o pasamos:

    1 may. 2013

    REMATAMOS O NOSO PROXECTO ESPACIAL

    Con moita pena damos por rematado o Proxecto Rumbo ao Espazo que tan boas experiencias nos proporcionou ao longo deste curso. E que mellor forma de rematalo que ...

    - Plasmando todo o aprendido neste fantástico LAPBOOK:




    Nestas fotos podedes ver máis detidamente o contido do lapbook:

    LAPBOOK ESPACIAL on PhotoPeach  

    - Repasando con este libro lim sobre O PROXECTO:


    -E por último,  resolvendo este reto:
    CLICA NA IMAXE
    http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/BRINCALETRAS/espazo.html

    E como entre todos respondimos moi ben, gañamos este precioso CARNET DE ASTRONAUTA:


    Este é o modelo de carnet que preparou a profe:



    Aquí vos deixamos as fichas que utilizamos por si alguén lle resultan útiles:




       Para ver o noso traballo completo así como todos os recursos e experimentos que fixemos, podedes visitar o noso blog ESPACIAL: