29 mar. 2014

HOXE É HORA DO PLANETA 2014

Hoxe as 8:30 terá lugar a hora do planeta, esta iniciativa convocada polo FONDO MUNDIAL NA NATUREZA (WWF) este ano, como eles din, buscan interconectar ás persoas en todo o mundo para impulsar un cambio global con resultados locais.

E NÓS QUE PODEMOS FACER?

Algo tan sinxelo como apagar as luces da túa casa durante unha hora (de oito e media a nove e media) para iniciar así un compromiso polo noso planeta xunto a centos de millóns de persoas.

Pero este xesto simbólico, non pode facernos esquecer que coidar o planeta é unha tarefa diaria. Así que, por que non aproveitamos a ocasión para facer un repaso das cousas que podemos facer, día a día, para que o noso fogar sea enerxéticamente responsable? Por exemplo:
  • Acender as luces só cando sexa necesario.
  • Ter a temperatura correcta.
  • Comprobar que as portas e ventás están perfectamente ailladas.
  • Desenchufar todo o que non esteamos a utilizar.
  • Facer un consumo responsable da auga... 
Así que a partires de agora, reduzamos o noso consumo de enerxía e adotemos boas prácticas, así aforraremos recursos e axudaremos ao planeta.



Ademais, para os máis peques da casa, temos "LA HORA DE LOS PEQUES" con actividades para nen@ que van dende os 3 ata os 16 anos. Clica na imaxe para acceder:


E TI, VAS A APAGAR A  TÚA BOMBILLA?

28 mar. 2014

IMOS LIMPAR UNHA PRAIA


A semana pasada grazas a Marcos Meizoso, un coidador do noso cole que actuou de coordinador, participamos na limpeza da praia de EL OLMO en A CABANA. Foi unha grandísima experiencia para os nosos nenos e un xeito de conciencialos no coidado e conservación do MEDIO AMBIENTE.

Cando chegamos, Marcos explicounos que soamente iamos coller obxetos PLÁSTICOS e que non debiamos tocar nada que non o fose e moito menos cristais ou outros obxetos punzantes pois poderiannos mancar. Así que equipados cos nosos guantes e as nosas bolsas, recollimos un montón de lixo. Fixémolo tan ben que ata nos sacaron no XORNAL "Diario de Ferrol".

Clicade na imaxe para ollar as fotos do ben que traballamos e o limpiña que deixamos a praia:


Liña do tempo feita con CAPZLES (si clicamos nas imaxes vense máis grandes)

26 mar. 2014

CHEGOU A PRIMAVERA!

Ainda que pola temperatura non o pareza (polo menos aquí en Galicia), xa estamos en Primavera. Así que na clase, comezamos a falar das súas características con este estupendo libro:


e tamén a empezar a decorar a nosa clase e o noso corredor.  O primeiro, foi facer unhas fermosas flores que nos serviron para traballar o noso nome: cantas letras  ten, como se escribe, ...Despois de saber cantas letras tiña, puxemos unha letra en cada pétalo:





E cando as rematamos, as colocamos no corredor ao lado da nosa árbore das estacións que todavía esta baleiro (pero por pouquiño tempo):


Se clicades na  bonita imaxe de Mónica Carretero de abaixo accederedes á selección de recursos primaverais que temos de outros anos:


FELIZ PRIMAVERA PARA TOD@S!!!!

24 mar. 2014

XOGANDO COA LÁ


 A Torcuato o gato das irmás Pascualini, gustáballe moito xogar coa lá e sabedes que? A nós tamén. Por iso rematamos a unidade didáctica o inverno e con ela o noso proxecto sobre A BUFANDA HUMANITARIA xogando coa LÁ.
Queredes saber como:

- Xogamos á TELARAÑA: Sentados en círculo, un de nós dicía unha cousiña que lle gustaba e lle tiraba o ovillo a un compañeiro  quedándose co extremo, éste a súa vez dicía outra cousa que lle gustaba e o lanzaba a outro compañeiro agarrando un trozo de lá  e así sucesivamente ata que todos recibiron a lá e dixeron o que lles gustaba:


- Bailamos O LINGO:


- E xogamos a CREAR FORMAS COA LÁ, un xogo ao que xogaba a profe cando era pequena:


Por si queredes aprender deixámosvos este video que atopamos en internet:


Ademais queremos amosaros como quedaron as nosas bufandas:








GÚSTANVOS?

22 mar. 2014

POESÍA EN PRIMAVERA

Para celebrar o día da Poesía e a entrada da primavera, inventamos uns HAIKUS (pequenas poesías xaponesas de tres versos de 5,7 e 5 sílabas) PRIMAVERAIS:


A continuación  nunha plantilla en forma de flor, pegamos o HAIKU elexido e o ilustramos:


Con moito coidado imos dobrando cada pétalo da nosa flor ata esconder o contido:


Os botamos nun recipiente con auga e... QUE PASARÍA? Se queredes ver todo o proceso e averiguar que lles pasou aos nosos HAIKUS clicade na imaxe:

(Presentación feita con EMAZE )

18 mar. 2014

AS PEGADAS DIXITAIS: DETECTIVES POR UN DÍA

Continuando co estudo da pel, descubrimos que a xema dos nosos dedos está recuberta duns debuxiños  chamados PEGADAS DACTILARES ou DIXITAIS. Sabiades que SON SEMPRE DIFERENTES? Non hai dúas personas no mundo que teñan a mesma pegada !!!!!!!

Quixemos ver como eran as nosas, así que pedimos prestados ao EQUIPO DA BIBLIOTECA uns chulísimos tampóns de cores e o venres pasado, estampamos as NOSAS PEGADAS DIXITAIS:


Ahora ben, como podemos conseguir as nosas pegadas se non dispoñemos de tampóns de tinta? Hoxe descubrimos que se pode facer dun  xeito ben caseiro.


A profe aproveitou para explicarnos que os debuxos que fan as nosas pegadas, pódense clasificar en tres grandes grupos: ESPIRAIS, BUCLES (simples ou dobres) e ARCOS:


Tiñamos moita curiosidade por saber cales tiñamos nós, por iso armados dunhas lupas e con moita paciencia, mirando as nosas pegadas de hoxe e as do outro día, averiguámolo:


Como demostramos ser uns boísimos DETECTIVES decidimos facer un xogo:

16 mar. 2014

ODAIKO, VAIA CIRCO!

O venres fomos á Fundación Novacaixagalicia a ver unha representación do grupo percusionista ODAIKO, titulada VAIA CIRCO! Durante os 60 minutos que durou a actuación, disfrutamos dunha divertidísima posta en escea e ao mesmo tempo da súa gran actuación como percusionistas con  xilófonos, odaikos (tambores xigantescos xaponeses), botellas, os pés e moitos máis  materiais e instrumentos que nos fixeron vibrar nos asentos.

Para os que non coñezades o grupo, déixovos estes  videos:



PASÁMOLO FENOMENAL!!!!!!!!

13 mar. 2014

CUBRINDO O NOSO CORPO: A PEL

Imaxe de http://kidshealth.org/

Retomando o noso proxecto sobre o corpo humano, estes días aprendimos que todo o noso corpo está cuberto pola pel que nos protexe non só do frío e da calor senón tamén de xérmenes perxudiciais para a nosa saúde e que a  parte máis superficial da pel, esa que vemos a simple vista, é moi delgadiña, chámase EPIDERME,  e actúa como unha barreira que nos protexe do exterior e non permite a saída de líquidos do interior do corpo.

Para entender isto fixemos este primeiro experimento:


Tamén aprendimos que cando estamos ao sol debemos utilizar protección solar porque ainda que o sol é moi bo para a saúde do noso corpo, en exceso resulta moi perxudicial para a pel producindo roibéns, queimaduras ou incluso cancro de pel. E fixemos o noso segundo experimento:

E xa que queda moi pouquiño para que chegue a primavera, e estes días estamos a disfrutar duns preciosos días soleados, este segundo experimento deunos pé para falar doutros xeitos de protexernos do sol como gorras, gafas de sol ,...
E para rematar fixemos esta ficha:

10 mar. 2014

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER

Tal e como vos comentei na derradeira entrada, hoxe celebramos o Día da Muller. Primeiro fomos á aula de informática onde escoitamos e vimos o conto de LA HISTORIA DE LOS BONOBOS CON GAFAS, na PDI ademais de facer as actividades de comprensión sobre el. Tedes que perdoar a calidade das fotos pero entre a luz do proxector que non está no teito e nos fai sombras, a luz apagada e que as tivemos que quitar co móbil foi imposible lograr que nos saíran ben.


Despois, xa na clase, estivemos falando do conto. Ao principio todos querían ser como os Bonobos porque pasaban todo o día falando e comendo e non traballaban,  pero despois cando viron que non sabían facer nada por si sós e que en cambio as Bonobas, cando se mudaron de bosque, como facían o traballo entre todos, lles sobraba moito tempo para facer aquelas cousas que realmente lles gustaban como pintar, inventar, plantar,ler,  ... trocaron de opinión. Entre todos chegamos á conclusión que é moito mellor repartir as tarefas porque así se remata antes e queda tempo libre para facer outras cousas.
A continuación, cada un pintou as súas gafas da NON DISCRIMINACIÓN. Unha vez coloreadas, as recortamos, as pegamos en cartulina, picamos os cristais e cada un elexiu de que cor quería ver coas súas gafas: Leticia co amarelo, Javi co verde, Dani co vermello,... Só temos fotos deles tres porque se nos acabou a batería. Está claro que hoxe a tecnoloxía non estaba da nosa parte ja ja.
E xa non nos dou tempo a facer nada máis porque uns tiñan piscina, outros tiñan taller,... así que seguiremos outro día.

7 mar. 2014

COEDUCACIÓN: "LA HISTORIA DE LOS BONOBOS CON GAFAS"

Este sábado, oito de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora. Porque creo, como xa sabedes, que o mellor xeito de acadar a IGUALDADE entre homes e mulleres en todos os ámbitos, é traballar dende a casa e o colexio por unha educación sexista e igualitaria, o luns  (mañá non pode ser porque falta metade da clase), traballaremos sobre o libro: "LA HISTORIA DE LOS BONOBOS CON GAFAS".

Trátase dun bonito relato de Adela Turín (autora de conocídisimos contos como "Rosa Caramelo", "Arturo e Clementina" ou "Unha feliz catástrofe", pioneiros para traballar a igualdade e a coeducación en infantil) que reivindica o papel de loita e superación da muller nunha sociedade machista, pretende erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación para así cambiar mentalidades e construir un mundo mellor.

Éste é o libro lim que preparei sobre o libro:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/bonobos/bonobos.html

Despois de escoitar o conto e facer as actividades de comprensión sobre o mesmo, seguiremos a proposta de tarefas que nos propoñen dende o cpr de Xixón:

- Delimitación de tarefas: Enumerar las tarefas que facían os bonobos e as bonobas e debatir sobre si tal distribución de tarefas é xusta ou non e a que cren que é debida.

- Todos iguais, todos diferentes, ... á papeleira as diferencias que discriminan: Facer un debuxo coas diferencias entre bonobos e bonobas e tirar á papeleira aqueles debuxos que representan diferencias discriminatorias.

- Quen é quen?: Cada alumno dirá con que personaxe do conto se identifica e argumentará a súa elección.

E para terminar, copiando unah idea que vimos no blogue ¡Esta es nuestra clase!, crearemos as nosas gafas da non discriminación que nos permitan ver as desigualdades que nos atopamos a diario:


Por se alguén lle resulta útil, déixovos tamén os dous libros lim que elaborei en anos anteriores, basados nos poemitas sobre coeducación de CARMEN GIL:



https://dl.dropbox.com/u/14722558/COEDUCACION/coeducacion.html



https://dl.dropbox.com/u/14722558/pandora/pandora.html

6 mar. 2014

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


Aproveitando o concurso do Parlamento de Galicia: "O PARLAMENTO GALEGO CONTIGO E POLOS TEUS DEREITOS" , na clase voltamos a falar de cales eran os dereitos fundamentales que tódolos nenos e nenas deberían ter e os debuxamos.
Así é como vemos os nosos dereitos:

- Dereito a TER UN NOME (Javier):


- Dereito á SAÚDE (Dani):


- Dereito a XOGAR (Kevin):


- Dereito a TER UNHA FAMILIA (Leticia):


- Dereito á LIBERDADE (Juan Marcos):


- Dereito a TER UN FOGAR (Martin):


- Dereito á EDUCACIÓN (Leticia):


- Dereito a QUE ME COIDEN (Juan Marcos):

1 mar. 2014

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Incorporacións marzo 2014


Aquí tedes a lista de blogues colaboradores actualizada para que podades faceros seguidores dos novos blogues. Xa somos 183 blogues unidos en "UN PROXECTO ENTRE TODOS". Damos a BENVIDA aos novos participantes, e esperamos vervos pronto aportando enlaces de axuda.


Nesta ocasión, simplemente vos lembramos que no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS xa se atopan recollidos todos os enlaces dos 84  temas que recopilamos nas entradas de axuda publicadas ata a data. No mesmo SITES, atópase toda a información sobre o proxecto e se vos surxe algunha dúbida, alí teredes os nosos  mails de contacto.



https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/


E coma sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS AOS BLOGUES QUE PARTICIPARON
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA.