31 may 2014

IMOS AO TEATRO


O venres fomos á Fundación Novacaixagalicia  a ver a obra "LUME" baseada nun libro do mesmo nome do escritor Alberto Varela Ferreiro, a cargo da compañía BABALUVA.


A obra baséase nunha historia de cooperación e concienciación medioambiental xa que se trata dun incendio que se produce nun bosque e todos os animaliños teñen que unirse para atallar ese lume.

SINOPSE:

"Nun bosque onde vivían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can…
Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e ao esquío. E así foi como axudándose uns aos outros prepararon un plan para apagar o lume."

Ainda que nos gustou todo, o máis orixinal da obra foi o xeito de elaborar os animaliños e o resto do decorado xa que estaban realizados utilizando obxetos cotiás como envases, medias, guantes, panos de cociña, taburetes, ... todo moi sinxelo e colorido.




PASÁMOLO FENOMENAL !!!!!

29 may 2014

RECIBIMOS A VISITA DE PAULA MERLÁN

Hoxe tivemos a gran sorte de contar no noso cole coa visita da escritora infantil e mestra, PAULA MERLÁN, autora de dous albums ilustrados : "Esto no es una fábrica de sonrisas"e "Moranda" e  unha novela "Ali e os Macapún"que desinteresadamente veunos contar o seu ebook dixital: "FEROZ E MAULLÍN".


Esta APP dispoñible  en APPLE STORE, é unha ferramenta para aprender a ler adaptada ás necesidades de cada neno podendo elexir idioma, nivel de dificultade, tipo de letra,... e con actividades de comprensión ao final.
Gustounos moitísimo o conto porque  ademáis de que o texto e as ilustraciones eran moi bonitas, a aplicación ten moitos sons e movementos que fixeron que estivésemos moi atentos.


Despois do conto, fixemos un pequeno obradoiro de debuxo no que  pintamos dúas esceas do conto:


E por suposto quitamos unha foto de grupo con ela:


Paula ademais adicounos os seus libros para a nosa biblioteca:


E para agradecerlle que viñese ao noso cole a contarnos un conto tan fermoso, lle regalamos unha camiseta coa mascota da nosa biblioteca:

E se queredes estar ao tanto dos seus novos libros e actividades, non dubidedes en visitar o seu blogue. "CUENTOS EN EL DESVÁN"

28 may 2014

QUE TEÑEN OS ÓSOS POR DENTRO?

Continuando co noso estudo dos ósos, quixemos saber como era un óso por dentro. Descubrimos que case todos os ósos están compostos por:

  • Unha membrana fina que se chama PERIOSTIO.
  • Unha capa lisa e dura formada por ÓSO COMPACTO
  • Por dentro do óso compacto, moitas capas de ÓSO ESPONXOSO que como di o seu nome, se parece bastante a unha esponxa.
  • É a parte máis interna a MÉDULA ÓSEA.
Nesta animación flash podedes ver como é un ÓSO. Clica na imaxe e despois nos rótulos para obter máis información:


http://kidshealth.org/kid/en_espanol/interactivo/bones_it_esp.html

Quixemos recrealo e para iso, fabricamos unha maqueta cun tubo de cartón de papel hixiénico, unha esponxa amarela, papel de seda tamén amarelo, unha palliña, dous trozos de lá de cor azul e vermello e plástico transparente:



E coma sempre, para afianzar o aprendido, fixemos esta ficha:


E como non todo vai ser traballar, vos deixamos este xogo de memoria sobre ósos:

http://primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/septiembre/unidad_1/memoria.swf

27 may 2014

ESTUDAMOS OS ÓSOS: COMO SON?

 Estes días estamos a estudar os ÓSOS. Descubrimos que os ÓSOS son as partes DURAS do noso corpo, que son RÍXIDOS e por iso NON SE PODEN DOBRAR. Ao principio non o tiñamos moi claro, pero a profe deixounos uns ósos de polo para que o comprobásemos por nós mesmos :


Aprendimos que no corpo temos 206 ósos, e que non todos son iguais: algúns son LONGOS (como o fémur), outros CURTOS (como os ósos das mans) e outros PLANOS (como os ósos do cranio):


Tamén  que ainda que son moi duros se nos damos un golpe moi forte poden FRACTURARSE que é o que lle pasou ao noso compañeiro Kevin, que estivo tres semanas sin vir porque nunha caída fracturou o ombro.
Falamos de que para que os nosos ósos estean moi fortes e sans temos que tomar moito CALCIO e que o calcio o atopamos no leite, nos iogures, no queixo,... Porque, que pasaría se non tomásemos calcio? Para iso comezamos un experimento utilizando...


Pero deste EXPERIMENTO falaremos a semana que vén cando o teñamos completado ji ji.

Ademais, sabedes que? Os médicos poden sacar fotografías dos nosos ósos utilizando un aparato de RAIOS X. Por casualidades da vida, no noso cole resulta que temos un cuarto onde hai unha máquina antigua de Raios X, así que nin cortos nin perezosos fomos a visitala e aproveitamos para quitar unha foto alí:


E como son as fotografías que saen? Esas fotografías chámanse RADIOGRAFÍAS e a profe amosounos unhas que tiña na clase. Eran uns papeis negros nos que non se veía nada. Pero cando as puxemos na ventá .... misteriosamente vimos o que había nelas:


E quixemos ter unha radiografía da nosa man , así que nos puxemos máns á obra e este é o resultado:


E para que non se nos olvidase todo o que aprendimos, fixemos esta fichiña:


Mañá vos seguiremos informando de outras cousiñas que tamén aprendimos.

26 may 2014

CONCURSO O MONTE É A NOSA VIDA

Este ano tamén participamos no concurso O Monte é a Nosa Vida de Confemadera Hábitat Galicia, un concurso co que se pretende que os nenos e nenas galegos aprendan o gran valor que teñen os nosos montes tanto socioeconómico como medioambiental e cultural. O ano pasado participamos facendo un video do monte que rodea ao noso colexio co que gañamos na categoría colectiva de audiovisual.

Este ano, participamos facendo este mural coas nosas mans e papeliños que recortamos de revistas:


E ainda que non gañamos (a resolución dos premios foi a semana pasada e non se pode gañar sempre) estamos moi contentos porque os gañadores na categoría de Educación Especial foron uns compañeiros nosos do cole co cal o premio queda na casa  ji ji. Noraboa para os nenos e nenas da clase da profesora Mª Carmen Beceiro polo premio e o seu bonito mural.


NORABOA COMPAÑEIROS!!!!!!

25 may 2014

FESTA DOS MAIOS!!!!!!!!


Este ano, por iniciativa de Rita, a nosa profe de Educación Física, celebramos por primeira vez no cole a Festa dos Maios, festa tradicional galega para celebrar a chegada da primavera e a procura de boas colleitas.

A estrutura, fixérona os nosos compañeiros do TALLER DE  CARPINTERÍA , axudados polo seu profesor de taller, Roca:


Como somos moitos, decidimos facer tres obradoiros simultáneos coordinados cada un por un profesor, polo que tiñan que rotar todos os nenos e nenas:

- O Obraodiro de COROAS E MAQUILLAXE, coordinado pola profe María:


- O Obradoiro de MOSAICOS feitos con produtos naturais como lentellas, garavanzos, fabas, arroz,... coordinado pola profe Mari Carmen:




- E por último o Obradoiro de construcción do MAIO, coordinado pola profe Rita;



Despois de rematado o Maio, metímolo dentro porque o tempo non acompañaba moito, e todos xuntos collidos das mans, primeiro cantamos unha cantiga inventada pola propia profe Rita e despois paseámolo Maio por todo o colexio:




E para rematar, despois de bailar todos xuntos unha muñeira, os nosos compañeiros do PCPI de RESTAURACIÓN, obsequiáronnos cuns riquísimos paíños de anís. Uhmmmmmm. estaban riquísimos!!!!!


PASÁMOLO FENOMENAL!!!!!!


24 may 2014

III FESTIVAL ARTE POLA IGUALDADE LETRAS GALEGAS 2014


O pasado xoves pola tarde, fomos ao teatro Colón de A Coruña, invitados pola coordinadora de Equipas de Normalización e Dinamización Lingüïstica a ver a representación teatral: "O MEU REINO NON É DESTE MUNDO (Farsa de Bulubú) " de Manuel María, interpretada por alumnos del Centro de Educación Especial María Mariño coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música que nos deleitou con cinco pezas musicais de compositores galegos.

Con esta obra, ademais de lembrar ao poeta Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, preténdese tamén , según explica o secretario xeral de Política Lingüísitica "dar a coñecer o traballo que se desenvolve nos centros de educación especial e demostrar que a discapacidade física e/ou psíquica non é un impedimento para desenvolver o potencial creativo e a sensibilidade artística".

En representación do noso cole, fomos a directora  Mª Carmen , a profesora Mina e eu como coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, acompañadas de nove alumnos internos: Marcos, Alfonso, Ramiro, Dani, Leticia, Alejandro, Manu, Joni, Martín. Pasámolo moi ben porque a obra era moi divertida, os actores e actrices facíanno moi ben e a música do Conservatorio gustounos moito.

Da obra en sí non temos ningunha foto porque non estaba permitido facelas para preservar os dereitos de imaxe dos protagonistas. Pero si vos podemos amosar o contentos que estabamos esperando a que dese comezo a obra:


20 may 2014

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS


Este sábado foi o Día das Letras Galegas. Ao longo deste mes estivemos a traballar a figura de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado este ano. Aprendimos a súa biografia, ilustrámola e xogamos co xogo de XOGAMOS? que xa vos amosamos nunha entrada anterior.
E hoxe celebramos no cole, o Festival das Nosas Letras.

Ás once, reunímonos todos no Salón de Actos para:

1º.- Ver un video sobre a vida de Díaz Castro que montamos cos debuxos que fixeron todos os nenos do cole:


2º.- Escoitar un recitado de poesías por parte dos alumnos do PCPI de Xardinaría e Restauración


3º.- Escoitar un poema que inventaron os nenos da clase da profe Mina 



4º.- Cantar acompañados na guitarra da nosa secre Beatriz, dúas cancións galegas: "A Rianxeira" e "Ollos verdes":


5º Bailar todos xuntos distintas cancións propias da nosa terra:


E despois do recreo, todos xuntos vimos unha película que ainda que xa vimos máis dunha vez, lles encanta: "O BOSQUE ANIMADO" da profe Isabel que está de baixa e a que dende aquí queremos desexarlle unha pronta recuperación: BOTÁMOSTE DE MENOS, PROFE!!!!! Aquí tedes o trailer da película:


E xa para rematar,  na clase fixemos un marcapáxinas sobre o autor homenaxeado:


16 may 2014

VISITAMOS EL CENTRO COMERCIAL ALCAMPO


Continuando co noso proxecto sobre o corpo e a alimentación saudable, o martes fomos de excursión ao centro comercial Alcampo. Unha vez alí, fixemos un percorrido por todo o recinto acompañados da nosa estupenda guía, Araceli, que nos amosou os almacéns, a carnicería, a peixería, a froitería, a panadería, ... Foi unha visita moi instructiva na que aprendimos o nome de moitas froitas exóticas, cómo se envasa a carne, o enorme forno onde se fai o pan e ademais poidemos degustar o chocolate riquísimo que poñen nas tartas, UHMMMMMMM!

11 may 2014

CONTO: O NENO E A ESTRELA

Grazas a Silvia, do blogue EXPLORAMOS O MUNDO COS CINCO SENTIDOS, coñecín este fermoso conto do colectivo FABALOBA que constitúe un fermoso achegamento á figura do poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO . Mañá contarémolo na clase.O protagonista desta historia é Díaz Castro de neno. No conto, o poeta atopa unha estrela que cae do ceo nun pozo de auga da súa aldea de Guitiriz e vai devolvela ao seu lugar no universo.
O libro está á venda en papel pero tamén hai unha versión dixital que se pode descargar de balde ou ler na web . Clicade na imaxe:

http://www.youblisher.com/p/873214-O-neno-e-a-estrela/

Como vexo que o enlace está a fallar déixovolo noutro formato:

9 may 2014

5 may 2014

O MES DAS LETRAS GALEGAS


Ao longo desta semana e da próxima, traballaremos a figura de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano polas letras galegas.

Para iso utilizaremos como sempre, os estupendísimos recursos que nos ofrecen dende o Seminario Galán para todos os ciclos tanto para imprimir como para traballar online:

http://seminariogalan.org/inicio/portada

E este xogo de XOGAMOS? que preparei para repasar a súa biografía. Hai que clicar no recadro amarelo para comezar: