8 may 2015

CORRELINGUA 2015


Hoxe participamos no Correlingua que é unha carreira simbólica en defensa do galego, a nosa lingua. Este ano celebrouse no Pazo de Cultura de Narón e ademais do noso cole (fomos 1º,2º,4º e 5º de E:P.), había outros 900 escolares de distintos colexios da comarca como: Centieiras, A Solana, Virxe do Mar, Isaac Peral,  Esteiro, Recimil, CRA de Narón, CEE Terra de Ferrol,... por iso iamos todos moi ben equipados cos nosos chalecos identificativos.


Unha vez que chegamos e nos xuntamos todos, comezamos a carreira portando a pancarta que fixemos para a ocasión co lema deste ano: "GALEGO a nosa creación común":


Cando rematou a carreira,  tocoulle o turno aos xogos populares organizados polos alumn@s do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e deportivas do CIFP Rodolfo Ucha. Xogamos ao brilé, á corda, aos aros, ao balón asasino, ás carreiras de sacos ,... . Pasámolo fenomenal.


E por último, entramos dentro do Pazo da Cultura. Alí,  Xurxo Souto, coñecido porque foi líder e vocalista do grupo de rock galego "O Diplomáticos de Monte-Alto" dende 1990 ata o 2001, fixo de mestre de ceremonias. 


Presentando a obra do Grupo de Teatro de Narón: "As aventuras da Bichuca Cuca" e a actuación do músico Paco Nogueiras que nos cantou algunhas das cancións incluidas no libro-disco  Brinca Vai como No Samaín,  Rap do Magosto, Apertas que Voan, Meu o mundo é ... Deixámosvos o video promocional da canción "MEU O MUNDO É" que "conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego:arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! Que as nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Que vivamos en Galego e que construamos o noso mundo en galego".



Aquí vos deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e canto disfrutamos:

16 comentarios:

  1. Hola. xa se aprecia que todos o pasáchedes super ben. A carreira en favor do uso do galego é unha actividade moi divertida.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pasámolo fenomenal, Marta. As actividades estaban moi ben organizadas e a actuación de Paco Nogueiras gustoulles moito. Moi boa semana.

      Eliminar
  2. Muy divertido y muy guapos.
    Un besico.

    ResponderEliminar
  3. Se no ta que la han pasado bien.
    Buen fin de semana!!
    Un beso grande

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Disfrutaron muchísimo, Sandra. Muy buena semana. Un abrazo.

      Eliminar
  4. ¡Pero qué bien os lo pasáis!
    Feliz fin de semana.
    Un biquiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas, Marisa. Fue una mañana muy completa y divertida. Besos.

      Eliminar
  5. ¡Viva vosotros Anaaaaa! ¡Cuántas ganas y energías le ponéis!Seguro que fue un gran día. Disfruta del finde

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Fue una gran mañana, Carmen. Disfrutamos un montón de todo. Un besazo.

      Eliminar
  6. Días como esos hay que recordarlos, verdad??? un buen finde, amiga.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que sí, Blanca. Son muy divertidos y además por una buena causa; defender nuestra lengua. Un abrazo.

      Eliminar
  7. Seguro que fue un gran día y que os lo pasasteis fenomenal.
    Buen finde. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Fue un día genial, Isabel. Un abrazo y muy buena semana.

      Eliminar
  8. Un hermoso día para celebrar el MUNDO GALLEGO. Todo el Arte, el deporte, la ciencia en gallego. Es bueno que todos se unan para defender su lengua y con mucho orgullo mantenerla a través del tiempo.
    Saludos.

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO