29 ene. 2015

PREMIOS NOBEL DA PAZ

Rematamos a nosa investigación sobre os Premios da Paz. Movede o rato polas imaxes para descubrir todo o que aprendimos:

 

Por si queredes lelo vos mesmos ou escoitalo, tamén volo deixamos en forma de libro:
A QUE FIXEMOS UN BO TRABALLO?

Aproveitamos para desexaros que mañá teñades un MOI FELIZ DÍA DA PAZ!!!!!!!!

Imaxe de Eneko

27 ene. 2015

OS NOSOS MURAIS PARA A PAZ

Como xa vos dixemos noutra entrada anterior, levamos xa uns días traballando na clase a Paz. Pensamos palabras relacionadas con ela como: Amizade, XenerosidadeUniónHarmonía, Compartir, Agradecer, Esperanza,  Ilusión ... e fixemos un pequeno mural que titulamos: "PINTEMOS O MUNDO CON PALABRAS DE PAZ".

Ollade, ollade:


Ademais, entre todo o colexio estamos preparando un mural colectivo no que construiremos o noso muro pola PAZ. Cada nen@ tivo que decorar un ladrillo. Nós, aproveitamos para coñecer algunhas persoas que foron galardonadas co Premio Nobel da Paz como Martin Luther King, Nelson Mandela, Rigoberta Menchú, Malala Yousafzai, Lech Walessa, Desmond Tutu, Shirin Ebadi, Dalai Lama e  Teresa de Calcuta. Así que nos nosos ladrillos escribimos unha frase que dixeron e fixemos os seus debuxos:


Pero claro, sabemos o seu nome, coñecemos algunha frase que dixeron e tamén que foron Premio Nobel da Paz. O que non sabemos é por que llelo concederon. Por eso a nosa próxima  tarefa é precisamente investigar iso:

POR QUE LLES CONCEDERON O PREMIO NOBEL DA PAZ?

Manterémosvos informados

EXPOSICIÓN E VISITA AO RÍO BELELLE

Estes días temos a sorte de contar no cole cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...

Ollade que exposición máis bonita:



Pero ademais, o venres pasado estiveron no colexio para facer uns talleres con nenos e nenas de infantil, primeiro ciclo y terceiro de primaria e hoxe viñeron para levarnos a dar unha pequena volta polo río Belelle. Alí poidemos ver en vivo e en directo a flora e fauna do lugar. Falamos das árbores que había á beira do río como Salgueiros, Bidueiros,  Abelairas, Eucaliptos,... e dalgúns arbustos como o loureiro ou o fieito real que está en perigo de extinción. Tamén aprendimos o nome dalgúns paxaros como o martíño peixeiro, o merlo, a lavandeira,... E ademais fixemos algúns estudos sobre o río como o seu PH (5), a temperatura da auga (10.8º), a transparencia, a velocidade da auga (0.51) a porcentaxe de nitratos (entre 1 e 10), ... Todo isto apuntámolo nun caderno de campo que nos deron. Foi unha gran experiencia para todos.


25 ene. 2015

O INVERNO

Xa hai máis dun mes que entramos nunha nova estación: O INVERNO. Nas clases de plástica estivemos a facer traballiños sobre el. Empezamos facendo unhas folerpas de neve para poñer nas ventás que pronto vos amosaremos e que fixemos seguindo estas plantillas:

E continuamos facendo uns bonitos bonecos de neve con folios blancos e de cores, cartolina e corrector líquido para a neve. Gústanvos?


Deixámosvos algúns recursos e ideas para traballar o inverno que temos doutros anos por se vos poden servir:

CLICADE NA IMAXE

22 ene. 2015

CHARLA PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS

Hoxe tivemos a sorte de contar no cole coa visita de varios Axentes Forestais e Medioambientais que nos deron unha interesante charla sobre como evitar os incendios forestais.
Empezamos vendo un video do conto: "O home de lume" :

(clicade na imaxe)

Neste conto aprendimos entre outras cousiñas que os incendios pódense producir por causas naturais (raios,...) ou pola acción do home (por neglixencia como tirar as cabichas dos cigarros, non limpar os montes, ... ou intencionadamente) e que temos que chamar ao 085 se vemos algún incendio.


A continuación vimos unha presentación de fotografías de varios destes axentes e os seus vehículos en acción n  algúns incendios como o das Fragas do Eume que tivo lugar vai facer xa tres anos.

Xa para rematar, saímos ao patio a ver en vivo e en directo os vehículos que trouxeron así como o funcionamento da mangueira. Pasámolo moi ben.

Ollade algunhas das fotos que sacamos:

(clicade na imaxe)

18 ene. 2015

PREMIO AO MELLOR BLOG AMIGO

De mans de Isabel, do blog RENACUAJOS INFANTIL, chéganos o PREMIO AO MELLOR BLOG AMIGO:


Unha das condicións para aceptar o premio é definir que é a AMIZADE. Para min OS AMIGOS son aquelas personas que ainda que non os vexas sabes que sempre están ahí e que podes contar con eles para todo.

Hai que adicarllo a dez blogues, tarefa moi difícil cando un segue .... a máis de douscentos. Ainda que hai moitísimos blogues aos que considero amigos meus, como todos non poden ser  os meus nominados desta vez son os dez blogues que me adicaron os dous primeiros premios deste curso que podedes ver no meu blog de premios,OS NOSOS PREMIOS:

Marisa Alonso do blog POESÍA INFANTIL
Carmen do blog CATACRICATACRAC
Fefi do blog APRENDER ES DIVERTIDO 1º Y 2º
Mariló do blog LA SEÑO MARILÓ Y SUS NIÑOS
Ana do blog LAS COSITAS DE LA MAESTRA ANA
Olga do blog MIS COSILLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Anna do blog PETIT MÓN
Fanny do blog UN RACONET D´IDEES
Miren, do blog LA CLASE DE MIREN
Anabel do blog O RECUNCHO DAS FADAS

IMPORTANTE: Cando utilicedes a imaxe do premio tanto nunha entrada como nun gadget na sidebar do blog, tedes que enlazala á seguinte dirección:
 http://www.mimamichic.com/2014/02/premio-al-mejor-blog-amigo.html

MOITÍSIMAS GRAZAS, ISABEL!!!!!

17 ene. 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: XA SOMOS 200 BLOGUES AMIGOS


Comezamos o novo ano 2015 do mellor xeito posible ...

XA SOMOS 200 BLOGUES AMIGOS!!

Como xa vos avisamos na entrada anterior de UN PROXECTO ENTRE TODOS, de momento pechamos a admisión de blogues como participantes activos a este proxecto. Son moitos blogues, moitas entradas de petición de axuda e queremos que este proxecto poida continuar funcionando coa mesma eficacia que ata agora e para iso vémonos obrigadas a limitar o número de blogues participantes. Así que lle damos a benvida aos derradeiros blogues que se uniron a este proxecto:


Durante os próximos meses queremos actualizar a base de datos do proxecto e por iso vos pedimos que se cambiáchedes a url dos vosos blogues, o nome do voso blog, a dirección de mail, etc... nolo comuniquedes para poder modificalo tanto na lista de participantes de BOX , como na nosa base de datos.

E a todos aqueles que nos pedíchedes participar e de momento quedáchedes fóra da lista de participación, invitámosvos a utilizar todos os recursos recopilados grazas á colaboración desinteresada de tantos blogues amigos.

https//sites.google.com/site/unproyectoentretodos/


E coma sempre dicimos...

MOITAS GRAZAS AOS BLOGUES QUE PARTICIPARON
ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOELIA

12 ene. 2015

RECURSOS PARA TRABALLAR A PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ainda que é un tema que se debe traballar ao longo de todo o curso, estes días faremos especial fincapé nel. Trataremos de de investigar sobre o significado deste día, coñecer personaxes relacionados coa paz, traballar valores de tolerancia, amizade, solidariedade, ... Para iso utilizaremos algúns dos recursos que xa temos doutros anos así como algún novo que atopemos pola rede.

Si clicades na imaxe, poderedes aceder a algúns dos nosos recursos tanto en galego como en castelán:



8 ene. 2015

CALENDARIOS 2015 DA NOSA BIBLIOTECA

Lembrades que antes das vacacións de Nadal vos ensinamos os slogans que inventamos e debuxamos para a biblioteca e vos dixemos que co que fose elexido faríase un calendario co que agasallar a toda a comunidade educativa?

Pois ben, eran todos tan bonitos que o xurado  ao final elexiu tres slogans cos seus respectivos debuxos , un deles o da nosa compañeira Estela, para facer estes fermosos calendarios:

- MARTA de 4º de E.P.


- ESTELA de 5º de E.P.


- NAYLA de 6º de E.P


Os premios consistentes nuns vales para mercar libros, foron entregados o día do festival. Aquí vemos ás tres premiadas con Carla e Miguel, os presentadores do festival de Nadal:


NORABOA RAPAZAS POR TAN MERECIDO PREMIO!!!!!!

4 ene. 2015

VISITA DOS REIS MAGOS

Xa queda moi pouquiño para que chegue o ansiado Día de Reis. O día do festival tivemos a gran sorte de contar no cole coa súa visita. Viñeron a recoller as cartas que todos escribíramos uns días antes e ademais obsequiáronnos cun paquete de chuches.


Este é o modelo que carta que utilizamos e que sacamos da páxina de recursos de Nadal que unha vez máis pon á nosa disposición a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Se queredes acceder ao recurso, clicade na imaxe: