17 sept. 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS 2016-2017 "Seguimos a compartir"


Ana (AulaTic)
Noelia (Mi cole al día)
Mireia (Món infantil)
as cinco damos a benvida ao novo curso escolar 2016-2017 a todos os participantes de "UN PROXECTO ENTRE TODOS". Para nós é unha gran fachenda poder volver a darvos a benvida coa mesma ilusión coa que comezamos hai xa máis de catro anos. Entón non sabiamos se tería éxito aquela "nova aventura". Agora, sentímonos máis que satisfeitas e seguimos convencidas de que o traballo en equipo e a colaboración son imprescindibles e moi positivas nesta profesión. Informámosvos da última incorporación de Claudia, Marta, Muntsa e Carolina (BENVIDAS!!) ao proxecto co que xa somos 176 BLOGS AMIGOS. Aquí tedes a lista actualizada:


Encantaríanos volver a chegar ata os 200 e por iso, convidámosvos a participar neste proxecto, lembrando as instruccións de funcionamento, para que vos animedes. Só debedes deixar un comentario nesta mesma entrada co voso mail e URL do blog co que queredes participar e poñerémonos en contacto o antes posible.


INSTRUCIÓNS XERAIS

Para participar utilizamos dous selos.

Primeiro selo: engádese ao blog (en forma de gadget) e que indica que formas parte deste proxecto. Non se pode poñer no blog ata que non se confirme a admisión no mesmo.


- Segundo selo: Cando imos a comezar un proxecto, realizamos unha entrada indicando o tema do proxecto e engadimos este selo. É un sinal de inicio da colaboración. A persoa que teña material, que poida aportar, pode facer un comentario nesta entrada enlazando direccións de interese. Deste xeito, nos facilitamos entre todos a búsqueda.


      Lembrámosvos tamén que todos os enlaces, que compartimos entre todos, os filtramos e os deixamos clasificados no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS.

       Poderiamos definilo coma un "espazo" cómodo e práctico ao que poder acudir, para poder recuperar todos os recursos que se están  acumulando en calquera momento que se poidan necesitar. Así de sinxelo, simplemente é un "GRAN ARQUIVADOR" onde recurrir cando esteamos preparando algún proxecto, sin necesidade de ter que facer nada máis.

Nel atoparedes por tanto:

- Os diferentes proxectos plantexados neste proxecto
- Todos os enlaces proporcionados polos blogues colaboradores.  
- As normas de funcionamento de "Un proxecto entre todos".
- Os selos de participación do proxecto.
- O equipo de 5 blogues organizadores.
- As direccións de email para contactar cos blogs organizadores por si surxe algún problema ou tedes algunha dúbida.



     Esperamos que neste curso sexan moitos os novos temas que vaian xurdindo e que sexades moitos os que vos animedes a participar.

   BENVID@S AO NOVO CURSO
ANA, FINI, NOELIA, MIREIA E MIREN


15 sept. 2016

O DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO


Hoxe celebramos o Día Internacional do Punto en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de educación primaria. Para os que non o saibades, este día celébrase en moitos países do mundo, arredor do 15 de setembro, co propósito de incentivar e fomentar a creatividade nos nosos alumnos/as utilizando como punto de partida o libro "El punto" de Peter Reynolds.

En primeiro lugar, como todavía non temos internet na clase nin nos funciona o proxector (esperemos que nolo amañen axiña), fomos á aula de informática e alí vimos un video de Beatriz Quintero sobre o libro:


Unha vez alí, como somos muy pouquiños, repartímoslles a cada neno e nena dúas cuartas partes dun círculo para que decorasen como máis lles gustase. Unímolos todos e ....

OLLADE QUE PRECIOSIDADE!!!!!!!!!


E xa para rematar porque o tempo non nos deu para máis, decoramos esta ficha de ColAR MIX que atopamos na páxina de FableVision e que podedes descargar clicando na imaxe:
E unha vez feito isto, coa tablet da profe, entramos na aplicación, enfocamos coa cámara e cando a nosa ficha se puxo azul.... OS PUNTOS COBRARON VIDAAAAAAAA! Quedámonos tod@s abraiad@s!


Por facelo tan ben, ademais da nosa ficha, levamos para casa un diploma acreditativo deste día.


Menudo despiste!!!! Olvidóuseme dicir que un ano máis, esta celebración organizámola en común a miña amiga Miren do fantástico blog La clase de Miren e máis eu. Gustouvos como o fixemos?

13 sept. 2016

COMEZAMOS!!!!!!!


Xa estou de volta despois de todo un verán desconectada. Contarvos que sigo no mesmo cole, é dicir, o CEIP de Maciñeira en Neda e que este ano baixei ao segundo ciclo e teño unha titoria de 4º de Educación Primaria.

Estes dous días que levamos, estivemos coñecéndonos, consesuando entre todos as normas da clase, organizando a biblioteca de aula, decorando un pouco, ...pero para non facer a entrada demasiado extensa,  iremos amosándovos as cousiñas que fixemos pouco a pouco.

Comezaremos por ensinarvos uns banderíns moi chulos que fixemos para saber un pouquiño máis de cada un. A idea orixinal sacámola do blog The bomb-diggity classroom de Robin. Ollade que bonitos nos quedaron:


Aquí podedes velos con maior detalle:


E aquí vos deixo a plantilla que utilizamos:


Tamén aproveito para deixarvos o calendario do novo curso 2016/21017:


E por suposto para desexarvos a tod@s que vos pasades por aquí ...

MOI FELIZ CURSO 2016/17!!!!!!!