22 dic. 2016

FELICITACIÓN DE NADAL

Para felicitar ás nosas familias, fixemos estas fermosas "tarxetas deslizantes".  Estas tarxetas teñen "truco".

Cando están pechadas, vémolas así:


Pero se tiramos polos lazos, ...


Queredes saber como se fan? Aquí vos deixamos este titorial.


Ademais, queremos aproveitar para desexarvos...


18 dic. 2016

DECORACIÓN DE NADAL


Nada máis comezar decembro, comezamos tamén a nosa decoración nadaleira. Como podedes ver arriba, recuperamos o boneco de neve que marca os días que faltan para o Nadal, e colocámolo na porta da clase.

Despois, fixemos copos de neve e estreliñas verdes para crear a bonita árbore que está na nosa ventá:


Para facelos copos de neve, utilizamos esta sinxela plantilla que vos podedes descargar:


Continuamos facendo esta sinxela coroa que vimos na páxina de Krokotak:


Queredes saber como se fai?


E agora estamos a escribir a carta aos Reis Magos que nos visitarán o próximo día 21, ensaiando para o festival de Nadal e facendo unha tarxeta para levar a casa. 



16 dic. 2016

O CICLO DA AUGA


En ciencias sociais, no segundo tema, andamos a estudar o Ciclo da Auga. Para que nos quedase moi clariño, vimos este video de Happy Learning:


Y esta aplicación, coa que ademais de aprender practicamos:


Ademais, fixemos  un  despregable que pegamos na libreta :

Montaxe feito en Collage   Idea orixinal sacada da Web do Maestro

E tamén esta roda que atopamos na mesma Web e que adaptamos ao galego:


Aquí vos deixamos as plantillas que utilizamos por se vos poden resultar útiles:


10 dic. 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS: SEGUIMOS AQUÍ


Como xa vos dixemos, desde hai un tempo, publicamos unha entrada trimestral coas actualizacións de UN PROXECTO ENTRE TODOS. Estamos moi contentas de ver que o proxecto segue vivo. É evidente que cada vez é máis difícil que os temas que plantexamos para traballar cos nosos alumnos no estean xa dentro do SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS, pero hai que recoñecer que sempre aparecen temas sorprendentes e orixinais. Estes son os temas novos deste trimestre:

Veterinario, vacacións, superhéroes, prehistoria, 
resfriado, o reciclado, a diversidade e a petanca.

Hoxe vos presentamos en primeiro lugar a lista de blogs participantes actualizada. Son 6 os novos blogs participantes, benvidas Mª Ángeles, Vanessa, Ángela, Mónica, Patricia e Concha.


Tamén aproveitamos para deixaros o noso symbaloo actualizado con todos os temas que recopilamos ata agora:


Volveredes a ter noticias nosas o próximo trimestre. Se alguén solicita participar no proxecto e valoramos positivamente a súa solicitude, pasará a formar parte do proxecto de xeito inmediato e comunicarémosllo ao resto dos blog amigos na entrada trimestral.
Todos os enlaces recopilados continuaremos recolléndoos revisados, filtrados e clasificados no SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS. Invitámosvos tanto aos blogs amigos participantes como a todas as persoas que nos visitades, que vos deades unha voltiña por este gran arquivador porque realmente merece a pena utilizalo nos nosos proxectos. Aquí vos deixamos o enlace:
https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

E se tes un blog de educación e queres participar en UN PROXECTO ENTRE TODOS só debes deixarnos un comentario nesta entrada xunto a un mail para que nos poñamos en contacto contigo. ANIMARVOS!!!!!!!!

MOITAS GRACIAS AOS BLOGS QUE XA PARTICIPARON NESTE CURSO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA 


8 dic. 2016

CONCURSO: FROITA UN BOTÍN SABOROSO

Despois do ben que o pasamos o ano pasado no concurso "Froita un botín saboroso" dos kiwis Zespri, no que aprendimos as beneficios das froitas, disfrutamos facendo experimentos coas mesmas, inventando personaxes ,... e tamén como non, na gran festa Kiwi que gañamos pola nosa participación; este ano tamén decicidimos participar no concurso, esta vez acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro.

Na tarefa 1, que fixemos en dúas sesións, coñecimos a Nadia, Lucas, Manuel e Luísa, os catro representantes do concurso, que nos levarán ao mundo marabilloso da froita, a saúde e o exercicio e nos darán a posibilidade de gañar unha gran FESTA PICNIC para todo o cole.

Na primeira sesión, fomos ao ximnasio. Alí, penduradas das espaldeiras, había catro imaxes, cada unha, dunha personaxe. O obxectivo era acadalas e para iso, xogamos a un xogo baseado no "1,2,3 zapatiño inglés" só que nós dicíamos:

"1, 2, 3 picnic"

Aquí tedes algunhas fotos do ximnasio:


Na segunda sesión, na nosa clase, puxemos un fragmento visual, no que cada unha das personaxes se presentaba, dicía cal era a súa idade, o seu hobbi favorito,  o seu lugar favorito para facer un picnic e o que lle gustaba levar a el. Por exemplo:


Mentras viamos o fragmento, iamos cubrindo este cuestionario:


E como tod@s o fixemos estupendamente,dimos por rematada a TAREFA 1.



6 dic. 2016

MANUALIDADES DE OUTONO


Nas clases de plástica, además das láminas que xa vos ensinamos tamén estivemos a facer unhas preciosas follas e uns bufos para adornar a árbore que está na entrada do colexio.

As follas, fixémolas utilizando esta plantilla que atopamos na páxina PED-KOPILPA:

E estas instruccións que atopamos na mesma páxina:

Collage feito con BeFunky.com

En canto aos bufos, fixémolos reciclando vellos CDs usados que había pola clase, con follas secas que recollimos na saída ás Fragas do Eume e con goma eva. Ollade que chulísimos nos quedaron:


Collages feitos con Photomontager

4 dic. 2016

FOLLAS DE OUTONO II

Na terceira lámina, traballamos as cores do outono, a simetría e a grafomotricidade. A cada rapaz/a, se lle repartiu esta lámina coa metade de catro follas distintas:


Lámina atopada no SlideShare Outono de Cristina Moreira

Primeiro debuxaron a outra metade de cada folla a lápis e cando estiveron contentos co resultado, a repasaron a rotulador permanente negro.

A continuación pintáronnas utilizando cores do outono: laranxa, marrón, amarelo, vermello, verde,...

Continuaron trazando cun rotulador da mesma cor da folla toda a silueta varias veces ata chegar ao borde do recadro.

Por último, recortaron as catro follas, pegáronnas nunha lámina do bloc de debuxo na orde que quixeron e puxéronlle título.

Así de ben o fixemos:










2 dic. 2016

FOLLAS DE OUTONO I

Na segunda sesión de plástica, aprendimos cales eran as cores frías (azuis, verdes, morados,...) e as cores cálidas (amarelos, vermellos, laranxas,...) relacionándoas coa estación do outono.

Repartimos  entre todos catro modelos distintos de follas que atopamos na páxina de Itsy Bitsy Fun e que podedes descargar gratuitamente dende a súa páxina ou clicando na imaxe de abaixo:


A consigna foi pintar cada unha das zonas delimitadas de dentro da folla con cores cálidas e as de fóra, con cores frías.

E así foi como nos quedaron:






A que nos quedaron moi vistosas e coloridas?

Na próxima entrada, amosarémosvos cal foi a nosa terceira lámina de plástica, tamén relacionada co outono.