31 ene 2017

RAP POLA PAZ

Hoxe celebramos no cole o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Entre todas as clases e a profe de inglés, Uxía, decidiuse cantar  a canción What a wonderful world! de Louis Armstrong, e tamén facer un mural dun gran Arco da Vella con corazóns, flores, soles, árbores, nubes, mans e persoas. Así de bonito quedou:


Ademais, como xa ven sendo habitual, fixemos un programa de Radio en directo, no dial 102.0, con poemas, cancións, contos,... pola Paz presentado por Celtia e Andrea de 5º de Educación Primaria. Queredes escoitalo?



Como poidéchedes escoitar, a nosa aportación, ao programa de radio, foi un rap pola Paz que inventamos entre todos. Cada un inventou a súa estrofa:



Para practicar isto de RAPEAR, utilizamos unha APP gratuíta que descargou a profe no seu teléfono que se chama AutoRap de Smule. Así se nos escoitaba:

https://www.smule.com/recording/midi-mafia-turkey-burgers/1027386277_973072483
Clicade na imaxe

E finalmente, ollade que ben o cantamos:



Mentras escoitabamos o programa de radio, estivemos pintando esta pomba con rotuladores e ceras que atopamos na páxina de Activity Village. co.uk :



Esta Chuvia de Palabras relacionadas coa Paz que atopamos en Dibujalia.com  e pasamos ao galego:



E algunhas manualidades como:

Estes colares:



Ou estas pombas feitas con pratos de cartón:



29 ene 2017

PABLO PICASSO E A POMBA DA PAZ


Sabiades que Pablo Picasso fixo famosa a pomba como símbolo da Paz cando un dos seus debuxos foi seleccionado para o Cartel do Congreso Mundial de Partisanos pola Paz que se celebrou en París en 1949?  Din que a súa segunda filla, naceu o día que comezaba o Congreso e que por iso a chamou "Paloma".

Ao longo da súa vida, Picasso pintou moitas pombas da Paz. E como estamos preto do día da paz e inmersos no noso proxecto sobre Picasso, nas clases de plástica estivemos imitando a pombas da paz de Picasso.

Aquí vos amosamos as que fixemos nós:
Fai clic no recadro da dereita  para velas a maior tamaño

27 ene 2017

PROXECTO PICASSO

Imaxe atopada en Francofolies

Neste segundo trimestre, comezamos un proxecto sobre o gran pintor español, Pablo Picasso. Para aprender un pouco da súa vida e da súa obra, estivemos vendo varias presentacións e videos que atopamos no blog APRENDEMOS JUNTOS.

Ademais, despois de ver este video de Philip Scott Johnson onde aparecen 27 obras de Pablo Picasso,


no mesmo blog xogamos cun widget que tiña 26 das obras do video e había que averiguar a que faltaba. Aquí vos deixamos as 26 cabezas. Eres quen de averiguar a que falta? Se é así, déixanos a resposta nun comentario.



Imaxes atopadas no blog APRENDEMOS JUNTOS

Tamén pintamos a portada do noso proxecto. Ollade como nos quedou:


Para ter todo o proxecto organizado, creamos esta páxina (a cal iremos enchendo pouco a pouco) co novo google sites que queremos compartir convosco e que enlazamos na barra lateral do noso blog de clase: ESTAMOS EN CUARTO


23 ene 2017

TAREFA 2: CONSEGUIDA!!!!!


Na segunda tarefa do concurso, "FROITA, UN BOTÍN SABOROSO", con Nadia, aprendimos as características das froitas e movímonos moitísimoooooo.

Nunha primeira parte, cumplementamos unha folla de traballo na que eleximos cal era a nosa froita favorita, contestamos a algunhas preguntas sobre ela e debuxámola non só por fóra senón tamén como sería por dentro.



E como nos picnics, pódense xogar a moitos xogos, nas seguintes sesións, estivemos xogando e aprendendo distintos tipos de froitas e as súas características:

XOGO 1: A TRAVESÍA DA FROITA

Neste xogo, cada un de nós levaba colgada ao pescozo unha tarxeta cunha froita. Colocámonos todos menos un, nun lado do ximnasio e no medio púxose o pilla-pilla.  O pilla-pilla dicía unha característica das froitas por exemplo: "todas as froitas máis grandes cunha pera poden cruzar". Os que tiñamos unha froita máis grande como o melón ou a sandía, podiamos cruzar e os demais tamén tiñan que intentalo, si os pillaban, se convertían tamén en pilla-pilla.


XOGO 2: KIWIS E MOSCAS DA FROITA

Para comezar, colocámonos en dúas filas dándonos as costas. Uns eramos os kiwis e outros as moscas da froita. Cando a profe Carmen dicía, "kiwis" todos os kiwis intentabamos chegar á nosa línea e as moscas da froita tiñan que pillarnos antes de chegar. Se nos pillaban nos convertiamos en moscas da froita, senón quedabamos no noso equipo. E se Carmen dicía, "moscas da froita" pois o mesmo. As moscas escapabamos e os kiwis tiñan que intentar collernos.


XOGO 3: ATAQUE KIWI

De pé, coas pernas abertas, fixemos un círculo mirando cara fóra. A continuación tiñamos que dobrarnos cara abaixo e mirar a través das pernas. Dentro do círculo había cinco nenos e nenas que eran os kiwis. Como eramos moitos puxemos tres pelotas en xogo que representaban unha mosca da froita cada unha. Os nenos e nenas que estabamos no círculo, golpeabamos a pelota coas mans a través das pernas tratando de tocar coa pelota aos  que estaban no centro. Se lles tocabamos, convertíanse en kiwi e o que lle daba pasaba ao centro.


XOGO 4: O MONO E O LEÓN

Sentámonos nun círculo. Un de nós, saía a fóra porque era o león.  No centro do círculo había un plátano que era do mono, que era outro de nós que estaba sentado no círculo con todos. Cando o león entraba, intentaba coller o plátano e cando o tocaba, o mono intentaba pillalo. Si o león conseguía sentarse no lugar do mono antes de ser pillado, gañaba.


FOI DIVERTIDÍSIMO E PASÁMOLO MOI BEN!!!!!

 

18 ene 2017

EXPERIMENTO III: O CICLO DA AUGA NUNHA BOTELLA

Imaxe de Phillip Martin

O tema 2 de Ciencias Sociais falábamos da Hidrosfera. Nel, aprendimos, moitas cousas sobre os ríos:


E tamén sobre o Ciclo da Auga. Para traballalo e entendelo ben, ademais de ver  videos, presentacións,... fixemos un despregable e unha roda do ciclo da auga que adaptamos e modificamos a partir dun que atopamos na páxina  A WEB DO MAESTRO e que xa vos amosamos nunha entrada anterior e tamén o noso derradeiro experimento do trimestre:

O CICLO DA AUGA NUNHA BOTELLA

Primeiro, cortamos unha botella de auga de cinco litros pola metade. A continuación botamos unha capa de pedras no fondo, seguida dunha capa de area e outra de terra. Despois, plantamos unha pequena planta nun lado e puxemos o tapón da botella no outro lado. Cubrimos con plástico e lle puxemos unha goma para que non entrase o aire. Despois de poñer a botella ao sol, puidemos comprobar que a auga do tapón evaporouse e pasou ao plástico, precipitándose  e regando a planta.

Queredes ver o ben que o explicamos?

16 ene 2017

EXPERIMENTO II: COMO SE ALIMENTAN AS PLANTAS?

Imaxe de Phillip Martin

O tema 1 de Ciencias Naturais, estaba relacionado cos seres vivos e as plantas.Para traballar este tema, na libreta fixemos un montón de esquemas e debuxos sobre a función de nutrición das plantas para aprender como facían para fabricar o seu alimento, para respirar,...

Tamén practicamos todo o aprendido con este libro lim que está na pestana de recursos do blog:


http://www.chiscos.net/xestor/chs/anamartinez/seres_vivos_e_plantas/seres_vivos_e_plantas.html

Por iso, o noso segundo experimento, estivo relacionado coas plantas e a súa alimentación. 

Primeiro, botamos colorante alimenticio azul e vermello en dous recipientes con auga. A continuación cortamos un talo de apio pola metade e metimos cada parte dentro dun recipiente. Ao día seguinte, puidemos comprobar como as follas do apio estaban tinguidas de azul e vermello e descubrimos que as substancias que as plantas absorben polo raíz chegan ata as follas donde se utilizan para fabricar o seu alimento mediante a fotosíntese.

Aquí vos deixamos un pequeno video de como o fixemos:

14 ene 2017

EXPERIMENTO I: FACEMOS UN VOLCÁN

Antes de rematar o primeiro trimestre, fixemos tres experimentos relacionados cos temas que estabamos a ver en Ciencias Sociais e en Ciencias Naturais.

En Ciencias Sociais, no primeiro tema, estivemos a aprender moitas cousas sobre as rochas e minerais.

Como non hai mellor xeito de aprender que coa experimentación, estivemos observando, tocando, ulindo, debuxando...  a rochas e minerais que había na clase, as que levamos nós e tamén as que tiña a profe.

Ao finalizar o tema, viña un experimento sobre un volcán e iso é o que fixemos. Ver como erupcionaba un volcán.

Imaxe de Phillip Martin

Primeiro, cortamos unha botella pequena de auga por arriba. A continuación, pegámoslle plastelina marrón para facer a base e o corpo do volcán. Despois, botamos dentro da botella, unha gran cantidade de vinagre e tamén unhas gotiñas de colorante vermello. Para finalizar, unha culleriña de bicarbonato e... XA TIVEMOS ERUPCIÓN!!!!!

Aquí vos deixamos un video como o fixemos:

5 ene 2017

VISITA DOS REIS MAGOS

Cartel feito en  Fotojet.com

O último día , tivemos a gran sorte de contar no cole nin máis nin menos que coa visita das Súas Maxestades Os Tres Reis Magos de Oriente que viñeron a recoller as nosas cartas.

Esta é a plantilla da carta que usamos para escribila:

- O sobre:

- O corpo da carta:

E así de contentos estabamos cando llela demos:



Collages feitos con Photovisi.com

MOI FELIZ NOITE DE REIS!!!!!!