12 mar 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Lista de colaboradores actualizada



"Un proxecto entre todos", xa está en marcha. Dende o día 20 de febreiro xa se publicaron dez entradas de petición de axuda de diferentes blogs, e estamos moi contentas da reacción tan rápida dos blogs colaboradores. 
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!

Hoxe publicamos a lista de blogs colaboradores, actualizada, este proxecto segue a medrar!, xa somos 72 blogs unidos para axurdarnos os uns aos outros. Aquí está a lista actualizada para que poidades descargala:



Imos aproveitar para facer un resumo do FUNCIONAMENTO deste proxecto de colaboración, para aclarar as posibles dúbidas dos últimos blogs incorporados e doutros despistados, je,je.


* Os blogs colaboradores engaden ao blog (en forma de gadget) o primeiro selo, que indica que formas parte deste novo grupo.



* Hai que facerse seguidores dos blogs colaboradores, para poderse enterar cando algún blog publica unha entrada pedindo axuda.

* Cando imos a comezar un proxecto, realizamos unha entrada indicando o tema do proxecto e engadimos este selo. É un sinal de petición de axuda ao grupo.


* A persoa que teña material, que poida aportar, pode facer un comentario nesta entrada enlazando direccións de interese. Deste xeito nos facilitamos entre todos a búsqueda.


* O blog recibe os enlaces e publica os comentarios para que os demais blogs colaboradores poidan tamén beneficiarse destas aportacións.


* Se queredes saber os proxectos que están en marcha, os cinco blogs organizadores teremos no noso blog unha lista cos enlaces aos blogs que comezaron un proxecto nos últimos quince días o un mes (según o número de proxectos.)


* E como sempre dicimos, si tedes algunha dúbida ou problema contactar con:

17 comentarios:

  1. Cantos somos! Temos que engadir á lista unha morea de blogs na que aínda non somos seguidoras. Nesta semana tentaremos facelo. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Os novos blogues a engadir son os que están na páxina 5 ¿verdade? E que xa teño no blogroll os do primeiro listado e así so é engadir os desa páxina ;) Unha aperta e grazas polo traballo!

    ResponderEliminar
  3. Profes, como sigamos así imos chegar ata cen polo menos. Un biquiño para vos tamén.

    ResponderEliminar
  4. Dolores, os novos blogs empezan na páxina 4 e serían dende o 62 ata o 72 ambos inclusive. Un bico.

    ResponderEliminar
  5. Eu tamén tentarei engadir os novos nesta semana. Un biquiño , Ana!

    ResponderEliminar
  6. Eva, hai que ir aos poucos que somos moitísimos. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  7. Graciñas Ana, así xa vou a tiro fixo e engado os que faltan ;) Unha aperta!

    ResponderEliminar
  8. Hola :por fin lo he comprendido todo. Estaba aqui delante de mis ojos pero con tanto dibujito no lo habia visto .Enhorabuena chicas...saludos
    y gracias por vuestras explicaciones y paciencia ( todo hay que decirlo)

    ResponderEliminar
  9. Ana, me alegro que por fin tengas todo claro, ya sabes que aquí nos tienes para lo que nos necesites. Un saludo.

    ResponderEliminar
  10. Son Susana dos PITIÑOS DO MARIA PITA: http://www.ospitinosmariapita.blogspot.com.es/
    Estaría encantada de poder seguir aprendendo e medrando con vos grazas a este proxecto de colaboración fantástico. Noraboa polo voso traballo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Susana una vez revisemos tu blog te mandaremos un correo con lo que tienes que hacer. Gracias por interesarte por el proyecto. Un saludo.

      Eliminar
  11. Hola , me gustaría participar en este proyecto colectivo . nuestro blog es : http://escoladecasalonga1.blogspot.com.es/ . Un saludo y felicidades por la iniciativa :-)

    Susana

    ResponderEliminar
  12. OLA, ENCANTARÍANOS FORMAR PARTE DO VOSO PROXECTO, SOMOS: http://pequesreboreda.wordpress.com
    QUE PASOS TEMOS QUE SEGUIR. GRAZAS E NORABOA POLO PROXECTO

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Inmediatamente nos pondremos en contacto para decirte como hacer. Gracias por querer incorporarte al proyecto. Un saludo.

      Eliminar
  13. Hola Ana: Hoy he conocido vuestro proyecto a través de tu blog y me parece muy interesante. Me encantaría participar. Mi blog es http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/Un saludo!

    ResponderEliminar
  14. Que gusto conocer vuestro blog y que buena inciativa de darnos a conocer y ampliar redes creativas, vaya mi mejor energía y buenas onbdas desde Tenerife, le invito a conocer mi blog
    www.elblogdelabrujitamarielina.blogspot.com

    ResponderEliminar
  15. Buenas! me gustaría participar en este proyecto colectivo. Que tengo que hacer??

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO