18/05/2013

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS



Sabíades que hoxe se celebra o Día Internacional dos Museos? En 1977, o Consello Internacional de Museos (ICOM), creou este día para sensibilizar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, este evento, medrou en popularidade, así no 2012, viu a participación récord duns 32.000 museos que organizaron animacións en máis de 129 países. O tema deste ano é:

Museos (memoria + creatividade) = progreso social

Unha ecuación que sintetiza os dous rasgos que caracterizan a estos centros: a preservación do patrimonio cultural e a súa capacidade de crear, e que da como resultado o desenvolvemento social.

Moitos museos españois celebrarán hoxe "O DÍA E A NOITE DOS MUSEOS" . O centros galegos tamén se suman a esta iniciativa con xornadas de portas abertas, ampliación de horarios e actividades especiais  que teñen por obxecto achegar o seu traballo ao público. Así que esta fin de semana, pode ser unha ocasión perfecta para coñecer as propostas que albergan os museos máis próximos aproveitando non só que a entrada é gratuita senón que ofrecen visitas guiadas e teatralizadas e actividades para todos os públicos como xornadas de xogos tradicionais e populares, concertos, exposicións, espectáculos de danza,...

En Cultura Coruña, atopamos todas as actividades que están propostas para hoxe e que son:


Se queredes consultar todos os museos que temos na nosa comunidade clicade na imaxe:



E neste outro enlace podedes consultar as actividades que terán lugar noutros museos das distintas comunidades españolas:


Aquí vos deixo estes xogos relacionados cos museos:

1.  Tedes tres minutos para atopar todas as diferencias entre dúas pinturas. Hai doce niveis de dificultade.


2. Convírtete en detective:




17/05/2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Fonte: Obra Social NovaCaixaGalicia

Hoxe celébrase un día moi importante para nós os galegos; "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS".Cada ano adícase a un autor ou autora que traballa coa nosa lingua. Este ano o homenaxeado é ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Aquí vós deixamos unha pequena biografía:
  • Roberto Vidal Bolaño, fillo de Roberto e Carmen, naceu en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950. Pasou os primeiros anos no barrio compostelá de Vista Alegre, estudando en distintos colexios e institutos da cidade.
  • Con 12 anos comezou a traballar nunha empresa de recambio de automóbiles levando respostos por toda a cidade montado nunha bicicleta. Máis tarde traballou nunha axencia de viaxes, nuns almacéns, nunha tenda de electrodomésticos e nun banco.
  • Aos 27 anos decidiu adicarse ao teatro. Fixo de todo: iluminador, decorador, electricista, director, actor, ... Chegou a fundar a súa propia compañía: Antroido.
  • Escribiu máis de trinta obras teatrais, algunhas adicadas aos máis pequenos como "Touporroutou da Lúa e do Sol", "Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o rapaz e  o Cachamón". Tamén traballou no cine e en distintas series televisivas.
  • Pola súa traxectoria recibiu numerosos premios como: O premio Abrente, o Rafael Dieste, o Álvaro Cunqueiro, o do Eixo Atlántico, o María Casares,...
  • Morreu en Santiago no ano 2002.
En todos os coles galegos, trabállase esta data. No noso, na entrada,puxemos un gran mural cos carteis que cada ano manda a Xunta de Galicia sobre o autor homenaxeado:


E como onte faciamos ponte e non tiñamos clase ao igual que hoxe, o mércores CELEBRAMOS O FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS cos alumnos do segundo ciclo do colexio de Lasalle que viñeron ao noso cole para facer un intercambio:

- Vimos unha presentación sobre a súa vida feita cos debuxos de todos os nenos do cole:


- Recitamos dous fragmentos das súas obras:
  1. De Touporroutou da Lúa e do Sol, con Jaime Dragó e Sergio Camacho:

2. De Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o rapaz e o Cachamón, entre Anibal, Diego, Sergio, Jaime, Jordan E Carlos:


3.- Amosámoslles aos nenos de Lasalle a nosa obra de teatro: A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR (como faltaba Ruth, o papel de tartaruga fíxoo Marcos):


4.- Collidos das mans, bailamos todos xuntos a canción: QUEN QUERE ENTRAR,...



5.- A continuación tivemos a sorte de volver a contar, unha vez máis coa actuación do grupo de teatro GHAZAFELHOS, que nos sorprendeu cunha divertídisa obra titulada: "NON É PAÍS PARA CABALEIROS". Aquí vos deixamos algúns momentos da obra:



6.- E por último, despois dun pequeno recreo, os nenos e nenas xogaron un partido de fútbol do que non temos fotos.

E así foi a nosa celebración das LETRAS GALEGAS.

MOI FELIZ DÍA PARA TODOS OS GALEGOS E GALEGAS!!!!!!!!!



15/05/2013

CORRELINGUA 2013



O pasado luns,  participamos xunto co outros 500 escolares da comarca de Infantil, Primaria e Secundaria, na carreira do Correlingua que este ano a diferencia dos pasados celebrouse na cidade de Ferrol.
Para os que non saibades do que estamos a falar, o Correlingua é unha carreira a prol do noso idioma, o galego,  que se celebra en distintas localidades da nosa comunidade, promovida pola Asociación Socio Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e varios concellos galegos.
Así que baixo o lema "GALEGO, A CHAVE DO MUNDO", as dez e media, fixemos unha curta carreira polo Cantón de Molíns, a continuación participamos en distintos xogos populares  para rematar a festa no Teatro Jofre onde disfrutamos da maxia de Martín Camiña e da música a cargo do grupo  de Luís Prego.
Aquí vos deixamos este video con algunhas das fotos, que fixemos co programa PICO VICO o cal descubrimos grazas a Joel do blog EDUCATIÓ I LES TIC que nola ensinou nunha das súas últimas entradas. Graciñas Joel.  

14/05/2013

WEBCLUE SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Grazas a nosa amiga, Cati, que é toda unha experta, do blog LOS PEQUES DE MI COLE, descubrimos as WEBCLUE. Unha Webclue é unha actividade na que os nenos e nenas deben convertirse en detectives para descubrir a identidade dun personaxe segredo seguindo unha serie de pistas.
Constan de seis apartados:
QUEN SON? no que se recolle unha pequena introducción sobre o personaxe segredo que temos que descubrir.
PISTAS: as pistas que temos que seguir para quen é este personaxe segredo.
INFORMACIÓN: no que se atopan os enlaces que nos proporcionan a información para resolver as pistas.
CADERNO SEGREDO: fai referencia aos datos que se deben anotar para descubrir ao personaxe. Neste caso como é a nivel de infantil, primeiro ciclo, pódense incluir fichas para descargar.
INFORME FINAL: débese facer un informe sobre o personaxe segredo incluíndo todo o averiguado, o ver algún video relacionado con él se se trata dos máis pequenos.
PROPIETARIOS: as persoas que elaboraron a webclue.

Así que co material que vos ensinamos na entrada de onte, preparamos esta WEBCLUE sobre Roberto Vidal Bolaño:



13/05/2013

TRABALLANDO A FIGURA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Fonte: Concello de Santiago

Desde a semana pasada, na clase estamos a traballar a figura de  ROBERTO VIDAL BOLAÑO , a quen se lle adica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS:

- Coñecimos a súa biografía, e que mellor que o propio Roberto para falarnos da súa vida? Así que con GoAnimate preparamos esta animación:


- Acontinuación a gravamos e a ilustramos:


E ademáis estamos a facer as fantásticas fichas que como cada ano pon á nosa disposición o Seminario Galán e que podedes atopar clicando na imaxe:


12/05/2013

SOMOS GAÑADORES DOS PREMIOS ESPIRAL EDUBLOGS 2013!!!!!!!!!



Lembrádevos que vos dixemos que quedáramos finalistas dos premios EDUBLOGS? Pois ben, onte a partir das 12, grazas a miña gran amiga Miren (eu non estaba na casa) entereime de que o noso blog AulaTic, ATOPÁBASE ENTRE OS CINCO GAÑADORES DESTA EDICIÓN DOS PREMIOS EDUBLOGS!!!!!! Son incapaz de trasmitirvos a gran ledicia que sentín non só por min senón polos meus alumnos. Se non fose polo marabilloso traballo que fan e polo que se esforzan, cada un según as súas posibilidades, este blog non sería o mesmo.
O día 8 de xuño, en Madrid, saberemos se gañamos unha das tres BUXAINAS ( a dourada, a prateada ou a de bronce) ou un DIPLOMA, pero ... Sabedes que? Dame exactamente igual cal gañemos porque para min XA É UN ENORME TRIUNFO CHEGAR ATA AQUÍ.
Quero desexarlle moita sorte, as catro blogs que son gañadores xunto co noso na categoria de BLOGS DE PROFESORES E PROFESORAS, todos moi bos e de moita calidade, e que son:


E tamén como non a miña amiga e compañeira de CLAUSTRO BLOG, Miren, do blog LA CLASE DE MIREN, a JOEL do blog EDUCACIÓ I LES TIC e a todos os blogs gañadores xa que moitos deles pertencen ao noso proxecto de blogs colaboradores como: AURORA do blog SOÑANDO SONRISAS, MARTA do blog EL BLOG DE LA PROFE MARTA, LAURA TUDÓN do blog EL RACÓ DE L´INFANT,...
Neste enlace podedes atopar todos os blogs gañadores:


E xa para rematar, agradecervos a todos os que visitades o blog os vosos comentarios de apoio tanto na nosa candidatura como na entrada anterior. Son unha gran motivación para nós.

10/05/2013

UNHA VISITA ESPECIAL E ESPACIAL


Non volo ides crer, grazas á unha sobriña da profe, hoxe tivemos a gran sorte de contar no cole coa visita de Jorge Díaz del Río García, un xoven enxeñeiro de telecomunicacións que traballou hai uns anos na NASA e que na actualidade traballa en Holanda na ESA (Axencia Espacial Europa).
Durante case unha hora, poidemos disfrutar dunha entretida e interesante charla así como dunhas fotografías e uns videos incribles: satélites naturais e artificiais, planetas, cohetes, a formación do Sistema Solar, animacións de como un satélite artificial era lanzado a Marte, ... e moitísimas cousas máis. Pasounos o tempo voando. 
Ao rematar, Jorge respostounos a todas as preguntas que lle fixemos que non foron poucas.

Aquí vos deixamos algunhas das fotos da charla:


E tamén as páxinas para nenos da NASA e da ESA que xa coñecemos do noso proxecto:




MOITÍSIMAS GRAZAS, JORGE, POR FACERNOS O FAVOR DE ACUDIR AO NOSO COLE ANTES DE VOLTAR A HOLANDA.

09/05/2013

PECHADO POR FOLGA


Como profe e como nai, hoxe estou en folga



Video visto no blog de Carmen, AULA DE INFANTIL

08/05/2013

9 DE MAIO. DÍA DE EUROPA


Cada 9 de maio, a Unión Europea celebra o DÍA DE EUROPA, unha data que simboliza o éxito da Unión Europea, como o euro, a bandeira ou o seu himno. É un día para celebrar a paz, a estabilidade e a cidadanía europea.

 Por que se celebra este día?  

Porque un 9 de maio de 1950,mañá fará xa 63 anos,  Robert Schuman, presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada que axudase ao mantenemento de relacións pacíficas. Esta proposta que se coñece como "Declaración Shuman", é considerada o xermen da creación do que na actualidade é a Unión Europea.

Éste día, celébrase nos 27 estados membros da Unión Europea con centos de actividades e festexos que achegan Europa aos seus cidadáns e unen aos distintos pobos. Aquí en Ferrol, a celebración trasladarase ao fin de semana e terá lugar o próximo domingo, día 12, ás 11:30, no Cantón de Molíns. Comezará coa actuación da Banda de Música Ferrolá que interpretará pezas musicais infantis europeas e continuará cun taller infantil de contos populares europeos: "ÉRASE UNHA VEZ EUROPA".

Como mañá non irei ao colexio, traballaremos este día o venres, co libriño que xa coñecedes que preparei o ano pasado con constructor CUADERNIA:


http://dl.dropbox.com/u/14722558/EUROPA/index.html

E este GLOGSTER que preparei este ano:

06/05/2013

PREMIOS POESÍA E IMAXE

Lembrádevos que participamos no concurso de Poesía e Imaxe? Pois ben, hoxe pola tarde, as sete,  fomos ao Centro Cultural Carballo Calero a recoller o premio. Sí, como oides, dous rapaces do noso cole gañaron na súa categoría: CARLOS MERA da nosa clase e ANIBAL CAÑETE da clase de Ana Sofía.

Aquí os temos posando orgullosos cos seus debuxos:


E aquí recibindo o premio e cos nenos do cole que os acompañaron:


E por si non vos lembrades dos nosos debuxos, aquí volos deixamos de novo. A ver si atopades o de Carlos:




NORABOA RAPACES, FIXÉCHELO MOI BEN!!!!!!