28 abr. 2012

MUSEO DO HUMOR E CIRCUITO DE SEGURIDADE VIAL


Onte tivemos unha mañá do máis "DIVERTIDA". Por que? Porque nos fomos de excursión. Así que as dez e media en punto saímos do cole rumbo para Fene. Alí a metade do grupo quedou vendo o MUSEO DO HUMOR e a outra metade foi a Barallobre ao CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL que hai alí. Ao cabo de hora e media, cambiamos e os do museo fomos ao circuito e viceversa.
Nós empezando vendo o museo. Gustounos un montón. Ten unhas figuras moi bonitas; os cadros son chulísimos; divertímonos un montón cos espellos que nos facían grandes,pequenos,gordos, delgados,...; xogamos ás diferencias con tres cadros; a acertar caricaturas de personaxes (todos acertamos a Messi e a Ronaldo); vimos unha presentación dos Dereitos dos Nenos e o Humor que nos gustou moito e ademáis fixemos un pequeno obradoiro onde coloreamos uns futbolistas. Para que vos fagades unha idea do bonito que é aquí vos deixamos estas fotos:

MUSEO DO HUMOR on PhotoPeach
E se no museo o pasamos ben, no circuíto de educación vial, disfrutamos todavía máis, tanto profes  como alumn@s. Non quitamos fotos pero o que si fixemos foi... GRAVAR EN VIDEO. Aquí nos tedes en acción:
A pregunta de todas e todos cando nos iamos foi: E CANDO VOLTAMOS?

24 abr. 2012

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA, QUE TEN SANCHO NA PANZA?

Onte, grazas a Sandra do blog "MI SALA AMARILLA" descubrín os LIBROS REDONDOS. Cando o lín, chamoume moito a atención así que cliquei no enlace e cal non sería a miña sorpresa cando vin que había un de nada máis nin nada menos que de SANCHO PANZA!!!!!! Era un libriño de adiviñas que se titulaba "ADIVINA,ADIVINANZA,¿QUÉ TIENE SANCHO EN LA PANZA?" Nin que dicir ten que me encantou e quixen investigar como se facía. O mellor de todo é que viñan as PLANTILLAS para facelo, en cor e en branco e negro. As adiviñanzas que alí viñan non se axustaban ben aos personaxes e aventuras que nós vimos do Quixote, así que no lugar das que viñan puxen cinco adiviñas de CARMEN GIL que podedes atopar na páxina de POEMITAS.COM  e modifiquei as ilustracións. Así quedoume o conto:


E estas son as adiviñas que utilicei:


Vos preguntaredes como funciona. Pois ben, vanse lendo as adiviñas e para saber si as acertan, imos movendo a cabeza de RUCIO que así nos deixa ver a imaxe da solución. Hoxe xogamos na clase e o pasamos francamente ben.

Como nos gustou tanto xogar ás adiviñas con Sancho coa axuda das miñas dúas peques preparei esta presentación onde podedes ver tanto as adiviñas como a solución. Espero que vos guste:


23 abr. 2012

DÍA DO LIBRO E MINIPROXECTO DO QUIXOTE


Hoxe célebrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro. Con motivo desta data, como xa sabedes, na clase estivemos traballando unha obra importante da nosa literatura universal como é :  "DON QUIXOTE DA MANCHA".
Ademáis do caderno de fichas,  estes días estivemos coñecendo algunhas das súas aventuras (as que máis nos gustaron foron as dos "Muiños de vento" e a dos "Rebaños de ovellas") e tamén ...

* facendo este sinxelo mural:



* xogando ao memory de personaxes do Quixote elaborado por Vane, do blog "En la escuela caben todos" e que nos coloreamos co programa GIMP, logo plastificamos, recortamos e pegamos nuns pequenos taboleiros que unha vez máis nos fixo Roca, o profesor adxunto do taller de carpintería:



* facendo este marcapáxinas de Elena Medina, do blog "En el aula de apoyo", e que nós pasamos a galego:


* Rematando as nosas marionetas articuladas de Don Quixote. Se vos fixades unha delas ten encuadernadores pero as outras tres non e aínda así son articuladas. Como o fixemos? Cun pequeno truco que nos ensinaron nun cursiño de Stop Motion o ano pasado.


* E para rematar fomos á Aula de Informática a xogar co libro LIM do Quixote, na PDI. Aquí tedes algunhas fotos:

21 abr. 2012

SEGUIMOS A COMPARTIR .... GOOGLE SITES!!


Debido aos resultados tan positivos que entre todos estamos obtendo, gustaríanos dar un paso máis neste proxecto. Ao ser un número tan elevado de blogues participantes (84), os temas de proxectos propostos pouco a pouco van a ir aumentando (xa imos por 21) e polo tanto o número de enlaces proporcionados empeza a ser enorme (45 blogues amigos participaron aportando enlaces). Para evitar perdernos entre tantos números, recopilamos todos os proxectos e enlaces en:


e hoxe gustaríanos presentárvolo.


https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

O noso OBXETIVO principal é: proporcionar a todos os blogs participantes do proxecto (e a todos aquilos que se vaian sumando) un "espazo" cómodo e práctico ao que poder acudir, para poder recuperar todos os recursos que se están a acumular, en calquera momento que se poidan necesitar. Así de sinxelo, simplemente é un "GRAN ARQUIVADOR" donde recurrir cando esteamos preparando algún proxecto, sen necesidade de ter que facer nada máis.
Nel atoparedes por tanto:

- Os diferentes proxectos plantexados neste proxecto
- Todos os enlaces proporcionados polos blogues colaboradores.  
- As normas de funcionamento de "Un proxecto entre todos".
- Os selos de participación do proxecto.
- O equipo de 5 blogues organizadores.
- As direccións de email para contactar cos blogs organizadores por si surxe algún problema ou tedes algunha dúbida.

A medida que o proxecto vaia avanzando, iremos actualizando o sites cos proxectos, enlaces e as novedades que vaian surxindo. E coma sempre, MOITAS GRAZAS!! pola vosa colaboración e participación.

ESPERAMOS QUE VOS SEXA DE UTILIDADE!!!!!!


                                             

18 abr. 2012

CONTINUAMOS APRENDENDO SOBRE O QUIXOTE

Onte é hoxe estivemos aprendendo moitas cousas sobre Cervantes e os principais personaxes que saen no libro de "O QUIXOTE". Mañá imos comezar a coñecer as súas aventuras.
Leremos estes dous cómics que elaborei a partir da web: DON QUIJOTE DE LA MANCHA (JUNTA DE CASTILLA Y LEÓN):




Tamén lembraremos o aprendido no rincón do ordenador con este libro LIM que preparei sobre O QUIXOTE:




http://dl.dropbox.com/u/14722558/QUIJOTE/quijote.html


Na biblioteca do noso cole, atopei este Don Quixote e Rocinante feito por un profesor adxunto de taller, xa xubilado hai uns anos. A que están chulísimos? Non puiden evitar sacarlles unha foto.


15 abr. 2012

TRABALLANDO O QUIXOTE


Como xa todos sabedes, o vindeiro luns 23 de Abril, celébrase o día do libro. Por que un 23 de abril? Porque nesa data morreron dous grandes escritores da literatura como son Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare.
Unha das obras máis coñecidas de Miguel de Cervantes é "O QUIXOTE" por iso ao longo desta semana imos traballar sobre el, tratando de coñecer un pouquiño máis ao seu protagonista e outros personaxes da obra así como algunhas das aventuras que acontecen no libro como a dos muíños de vento, a das ovellas ou a dos sacos de viño.

Faremos estas fichiñas que elaborei buscando imaxes en internet:


E tamén utilizaremos entre outros ,estes recursos que atopei pola rede e que incluín nun GLOGSTER para telos todos a man:

12 abr. 2012

MURAL DA PRIMAVERA

Hoxe por fin rematamos o noso mural da primavera. Levounos moito tempo porque somos moi pouquiños, menos mal que tivemos unha axudiña dos nosos compañeiros da clase da profe Digna: Leti, Érika e Martín así como da súa profe. Para facelo utilizamos moitos MATERIAIS RECICLADOS.

QUEREDES SABER COMO O FIXEMOS?

1º) Pintamos caixas de ovos, pero non 1 ou 2, pintamos moitísimas. Vede, vede:


2º) Comezamos a facer flores e como nos gusta a variedade, utilizamos distintos materiais: vasos de plástico, botellas de refresco que tiñamos pola casa, cartulinas, cartóns da froita , .... Non o credes?


3º) Fixemos animaliños para colocar no noso mural: abellas, xoaniñas e como non fermosas bolboretas. Desde aquí queremos darlle as grazas a Roca, o profesor adxunto do taller de carpintería que nos fixo en madeira o corpo das bolboretas. E xa só nos faltaban as letras que pintamos con moito coidado e logo plastificamos e un precioso sol. FIXÁDEVOS NOS RAIOS, ADIVIÑADES COMO OS FIXEMOS?



QUEREDES VER COMO NOS QUEDOU?

TAMÉN QUEREMOS DARLLE AS GRAZAS A Mª JOSÉ DO BLOG "DESVÁN DE PALABRAS" DE ONDE SACAMOS A IDEA PARA O NOSO MURAL DESPOÍS DE VER O FERMOSO XARDÍN QUE FIXERON POLO DÍA DA PAZ.

9 abr. 2012

UNIDADE DIDÁCTICA: A PRIMAVERA


Hoxe rematan as nosas vacacións de Pascua. Mañá empezamos o terceiro e último trimestre deste curso. Ademáis do noso proxecto sobre Educación Vial, comenzaremos a traballar a Unidade Didáctica da Primavera. Coñeceremos as súas características:

* Lendo este libro que atopamos grazas a Trinidad do blog "Enseñando y Aprendiendo":

* Vendo esta presentación que tamén comparte con nos Trinidad. Moitísimas grazas Trinidad por compartir:
* Facendo estas fichas que preparei utilizando imaxes que atopei en Internet:
Aquí volas deixo tamén en CASTELÁN por si alguén quere utilizalas:
* e traballando no rincón do ordenador co LIBRO LIM SOBRE A PRIMAVERA:
Pero como non todo vai ser traballar, tamén podemos xogar un pouquiño, por exemplo pintando esta fermosa flor:
Ou axudando á xoaniña a chegar ata a súa casa:
ENGADIDO: No blog Pitufiñ@s de Samieira tedes un fantástico GLOGSTER con máis recursos sobre a Primavera e por si fora pouco chéganos un novo GLOGSTER dende o blog TICs CRA de BERGONDO. Non deixedes de visitar os dous.

8 abr. 2012

DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

No noso cole hai algúns rapaces e rapazas de etnia xitana, por iso dende aquí quero desexarlles a todos: Sergio, Manu, Marcos, Ana Sofía ,.. FELIZ DÍA!!!!!!! Esta entrada vai por vos.

Hoxe se celebra o "DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO" para o recoñecemento dos xitanos, a súa historia, a súa lingua e a súa cultura. Se ben durante un tempo foi unha celebración que pasaba desapercibida, na actualidade se conmemora en países dos cinco continentes, como unha chamada de atención á discriminación que, en moitas ocasións, aínda sofre esta comunidade.

Este é o cartel que a FUNDACIÓN DO SECRETARIADO DO POBO XITANO, distribúe co apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, e cuio deseño é, como en anos anteriores, da ilustradora xitana MONTSE MOTOS.


Si queredes o MARCAPÁXINAS igual que o cartel, só tedes que clicar AQUÍ.

No blog Recursos TIC para un aula PT en Galicia, atopamos estes dous lims sobre o pobo xitano ademais doutros recursos moi interesantes:




Coñecedes a bandeira xitana e o seu significado?


- A cor azul, simboliza o ceo, que foi o seu teito.
- A cor verde, a herba, que foi o seu leito.
- E por último, a roda, lembra as súas orixes, viaxando polo mundo. É de cor vermella como o sangue derramado por numerosas persecucións que sufriron.

QUEREDES COLOREALA VOS?


5 abr. 2012

FALANDO DE SAÚDE ...

                         Imaxe de Susana Hoslet


Nuns poucos días, o 7 de abril, celebrarase como todos os anos, o Día Mundial da Saúde, para commemorar o nacemento da Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1948. Trátase dunha campaña mundial na que se invita a todas as persoas a prestar unha atención especial a un problema de saúde con repercusións en todo o planeta. O tema deste ano 2012 é o envellecemento e a saúde, e o lema, " A BOA SAÚDE ENGADE VIDA AOS ANOS".
Neste día,  resaltarase que a boa saúde ao longo da vida pode engadir vida aos anos, de xeito que os homes e mulleres de idade avanzada non só vivan máis tempo, senón que ademais leven unha vida productiva en todos os niveis da sociedade.
A OMS invítanos a todos a reflexionar sobre o tipo de sociedade desexable e a examinar as políticas e as medidas que necesitamos por en marcha para adiantarnos ao envellecemento da poboación e reponder a el privilexiando ante todo a saúde. Estes son os obxetivos principais que desexa acadar:

- Promover a saúde ao longo da vida de cada persoa.
- Crear entornos adecuados ás necesidades e circunstancias das persoas maiores, co fin de favorecer a súa participación na sociedade.
- Facilitar o acceso das persoas maiores á atención primaria, á atención a longo prazo e aos coidados paliativos.
- Recoñecer socialmente o valor das persoas maiores.
- As ideas ou mensaxes clave que a OMS desexa difundir con esta campaña, que se levará a cabo durante este ano, é que OS MAIORES SON UNHA PARTE MOI VALIOSA E IMPORTANTE DE TODAS AS SOCIEDADES E POR ISO HAN DE SER RESPETADOS E HAN DE SENTIRSE VALORADOS.

Para traballar o tema da saúde cos rapaces podemos utilizar este libro LIM que como xa sabedes e froito da colaboración que fixemos con dúas amigas: Pilar, do blog CUADERNO DE COLORES e Tihada, do blog CUENTOS DE TIHADA:



http://dl.dropbox.com/u/14722558/Atchis/atchis.html


Así como este GLOGSTER que fixen con recursos variados atopados pola rede que tratan temas relacionados coa saúde:



LEMBRADE: GOZAR DE BOA SÁUDE AO LONGO DA VIDA, PERMITIRAVOS DISFRUTAR DOS ASPECTOS POSITIVOS DA VELLEZ.

1 abr. 2012

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO


Sabíades que:

* O autismo afecta a 1 de entre 150 nenos e nenas e a 1 de cada 94 nenos varóns.
* É a discapacidade grave do desenvolvemento que máis rápido medra no mundo.
* Casi cada 20 minutos se diagnostica un caso novo de Autismo.
* Este ano se diagnosticarán máis nenos con autismo que con cáncer, diabete e SIDA pediátricos ... sumados!!!!!
* Os varóns teñen 4 veces máis probabilidade de ter autismo que as nenas.
* Non existe cura nin análise de detección do autismo, pero un diagnóstico a tempo e a intervención rápida, mellora enormemente a calidade de vida.
* O autismo non discrimina  xeografías, clases sociais nin grupos étnicos.

Mañá se celebra o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO,  e en todo o mundo levaranse a cabo actos de difusión con un único propósito: mostrar a toda a xente que as persoas con Autismo teñen os mesmos dereitos que calquer cidadán; ensinar  que os nenos Autistas tamén aman, sinten, choran, rín e que son tan humanos como calquer outro e por iso sofren profundamente cando son segregados, excluidos ou mirados con lástima, non porque teñan Autismo senón polo rechazo dos demais, por non poder compartir as súas ilusións, os seus desexos, as súas experiencias e porque eles imaxinan un mundo mellor, onde todos e cada un de nós sexamos iguais, sen distinción.


Porque o Autismo está presente 365 días ao ano, porque os dereitos vulnéranse 365 días ao ano, por tanto, e basados na idea de que avancemos todos xuntos hacia o futuro que todos anhelamos, os conminamos a todos a seguir traballando todos os días do ano para dar a coñecer a realidade do Autismo, a derribar mitos, a concienciar e difundir unha realidade moi diferente á que a sociedade cre. Traballando xuntos para derribar os muros do descoñecemento daremos unha oportunidade ao futuro.

Ás veces para describir a vida diaria só fan falla imáxenes



Fonte da información: http://autismodiario.org

Este ano ademais celébrase o feito de que a Real Academia da Lingua (RAE), aprobou o cambio de definición de autismo para achegala máis á realidade dos afectados, unha reivindicación ao frente da cal estivo Cristina, do blog La princesa de las alas rosas, en cuia campaña nós puxemos o noso pequeno grao de area:

Tamén desde o blog de Cristina, se nos invita a todos a que mañá  ... PINTEMOS O MUNDO DE AZUL ... por todas as persoas con TEA. Como? Colocando globos azuis nas nosas casas, lugares de traballo, centros educativos,  poñendonos algo azul ou pintándonos as uñas de azul, que máis da? O importante é que os nosos sentimentos estean coas persoas que viven con trastorno autista e loitan polos seus dereitos, pola súa felicidade, por vivir plenamente as súas vidas. Será un apoio para todas as persoas con autisto e as súas familias. 

PINTEMOS ENTRE TODOS UN DÍA AZUL, PARA PODER ACADAR UN FUTURO AZUL, ONDE TER OS MESMOS DEREITOS E OPORTUNIDADES SEXA UNHA REALIDADE PARA TOD@S



Seguindo unha iniciativa que nos propón Vanessa do blog En la Escuela Caben Todos, hoxe o noso blog vístese de azul en favor de todos os nenos e nenas con autismo e as súas familias.