30 nov. 2013

ASÍ VEMOS O NOSO COLEXIO



Esta semana estivemos a facer os nosos debuxos para o concurso de"OS BOLECHAS" : "DEBUXA O TEU COLE". Todos esforzáronse moito e estes son os resultados:

- Para DANI o colexio é poder xogar nos BAMBÁNS (columpios):


- Para MARTÍN xogar ao FÚTBOL e se pode ser cun amigo moito mellor:


- Para LETICIA, poder APRENDER as LETRAS, DEBUXAR, ESCRIBIR, ...


- Para KEVIN, xogar coas PEZAS de cores:


- Para JUAN MARCOS, é xogar á PELOTA:


- E para JAVI, é escribir no ENCERADO:


E aproveitando que estabamos en plena vea creadora tamén fixemos os nosos debuxos para o concurso do Racing de Ferrol: "NADAL E DEPORTE". Ollade que bonitiños nos quedaron:


De esquerda a dereita e de arriba abaixo, os autores dos debuxos son: DANI, LETICIA, KEVIN, JUAN MARCOS, JAVI e MARTÍN.

A QUE SOMOS UNS GRANDES ARTISTAS?

26 nov. 2013

A PORTADA DO NOSO PROXECTO

Ainda que todavía non rematamos o noso proxecto sobre a VENDIMA, hoxe queremos amosarvos como estamos a facer a portada:

1º Cortamos e pegamos papeliños de papel charol marrón:


2º Fixemos boliñas con papel pinocho morado e tamén as pegamos:


3º Pintamos con témpera azul e verde (uns antes de pegar e outros despois):


4º Finalmente estampamos:


Xa case case as temos rematadas. Gústanvos como están a quedar?

23 nov. 2013

25 de NOVEMBRO: SE QUERES DAR ABRAZOS , PORQUE DAR TORTAZOS?

Imaxe vista no blogue IGUALDA

O 25 de novembro,  é a data elexida polas Nacións Unidas para commemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. A commemoración deste día ten por finalidade sensibilizar á sociedade da gravedade deste problema ademais de facernos reflexionar sobre o mesmo.
A violencia de xénero é a manifestación máis extrema da desigualdade entre homes e mulleres e non desaparecerá mentras non se acade a igualdade real e efectiva entre ambos sexos.
O único xeito que temos de chegar a unha IGUALDADE entre homes e mulleres, é, dende a EDUCACIÓN, cunha educación en valores IGUALITARIA E NON SEXISTA, tanto no colexio como na casa.

Aquí deixo algúns recursos para traballar nas clases:

- VIDEOS (atopados no blogue da Biblioteca do CEIP de Pazos): 




RECURSOS DE ANOS ANTERIORES. CLICADE NAS IMAXES:




21 nov. 2013

VENDIMAMOS?

Agora que xa sabemos que as uvas se poden recoller de forma manual ou  con máquinas vendimadoras, hai uns días, quixemos saber como tiñamos que facer para recollelas  coas mans porque os acios están moi duros e resultan difíciles de cortar.
A profe explicounos que podemos utilizar dous instrumentos para coller as uvas: unhas TESOIRAS  especiais e unha ferramenta moi rara que se chama CORQUETE. Como temos a sorte de contar cun taller de XARDINEIRÍA, poidemos ver como eran esas tesoiras especiais (mágoa de non ter un corquete) . Ollade, ollade:


Para non olvidarnos do que aprendimos fixemos este traballo individual:


E xa que estabamos a falar de como facer a vendima de forma manual, aproveitamos a ocasión para coñecer unha gran obra como é "A VENDIMA" ( ou "O OUTONO") do pintor español  FRANCISCO DE GOYA:


Observamos cantas persoas había no cadro (seis), que estaban a facer (uns recollendo as uvas, outros encargábanse de levalas nos cestos), que época do ano sería (todos coincidiron que se trataba do outono), ... Gustounos moitísimo, así que  decidimos facer un puzzle do cadro. E en vez de pegar as pezas, copiando unha idea da nosa amiga Miren, do blogue LA CLASE DE MIREN, decidimos poñer por detrás da ficha un sobre no que gardar as pezas, para poder facelo tantas veces como queiramos:


GRAZAS MIREN, POLA IDEA

20 nov. 2013

TRABALLANDO O DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

E como o traballamos?

- Facendo un fermoso mural duns nenos e nenas suxeitando globos nos que estaban escritos os seus dereitos:


- Agora que che tomamos gusto a isto de facer banderíns, cada un de nós elexiu un para poñer no corredor:


Estos son os que utilizamos:


Tanto os banderíns como os nenos e nenas do mural, sacámolos desta páxina que atopamos casualmente e que nos gustou moitísimo, porque ten gran cantidade de material, a única pega é que está en italiano pero pódese modificar facilmente. Clicade na imaxe:


- E xa para rematar, fomos ao Salón de Actos a ver a película: "LOS LUNNIS EN BUSCA DE LOS DERECHOS PERDIDOS".

Aquí vos deixamos algunhas fotos deste día:

19 nov. 2013

DEREITOS DE TODOS OS NENOS E NENAS


Este mércores celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Nen@, tamén coñecido como o Día Universal da Infancia. É unha data que nos fai lembrar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita ser protexido, senón tamén unha persoa que ten o dereito de ser educado, coidado e protexido dondequiera que nacese, que ten dereito a divertirse, a aprender e a expresarse e que ademais, todos os nenos e nenas teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en tódolos aspectos.

Así que desde hoxe e ata o venres traballaremos sobre este importante tema. Pero... que son os dereitos dos nenos e nenas? Para saír de dudas comezamos con este video:


E seguimos con  esta presentación que fixen hai xa  uns anos:



A partir de mañá,  traballaremos con este estupendo recurso : "EL MAPA DE LOS DERECHOS DE LA INFANCIA". Nel, atopamos un CONTO que podemos VER ou LER. para cada un dos dereitos. Clicade na imaxe:


Tamén utilizaremos este fantástico LIM colaborativo feito por varios mestres e mestras:



Este xogo, que atopamos grazas a Fefi Suárez do blogue "APRENDER ES DIVERTIDO 1º Y 2º":



E por suposto, botaremos man unha vez máis doutros recursos que temos de anos anteriores, e que podedes atopar aquí:


Tamén, no blogue de Encarni, BIBLIOTECA GREGORIO MARAÑÓN, podedes atopar un montón de fabulosos recursos sobre esta celebración internacional.

15 nov. 2013

FACEMOS MATEMÁTICAS


No noso proxecto sobre a vendima tamén están presentes as matemáticas. Así que ademáis de estimar, facer gráficas,... que xa vos amosamos noutra ocasión, utilizamos o centro de interés das uvas para aprender conceptos como DENTRO/FÓRA, GRANDE/MEDIANO/PEQUENO, contar ou facer sumas.

Con estas fichas:





E con estes dous novos xogos de contar que engadimos ao noso RECUNCHO MATEMÁTICO :

- Dúas rodas de uvas para contar e colocar pinzas:


- E unha nova plantilla de uvas para a nosa máquina dos tapóns:


13 nov. 2013

QUERES QUE CHO CONTE OUTRA VEZ? A CORDA DE CONTAR

Onte, saíu no blogue de PaLaBraS AzuLeS, a nosa segunda colaboración para o proxecto. Trata de como aprendemos na nosa clase a contar historias.

Aprender a contar unha historia axuda aos nosos alumnos como lectores e pensadores. O ensino dos seus compoñentes principais axúdalles a entender a súa estructura, as relacións entre as partes, a secuenciación e outras habilidades de comprensión. Para traballar todo isto, na clase utilizamos A CORDA DE CONTAR como un apoio visual e táctil do que debe incluir unha historia dende o principio ata o final.

PRESENTACIÓN

Na nosa corda hai sete nudos. Cada un representa as partes da historia que teñen que incluir no seu relato:



Para que o entendan ben, utilizamos debuxos. Primeiro presentamos a corda e coa axuda das trarxetas explicamos o que significa cada un dos círculos que a forman.




DESENVOLVEMENTO

A primeira vez, cóntolles eu a historia en voz alta e a continuación, coa corda na man, tocando por orde cada un dos elementos, vólvolla a contar de forma resumida. A segunda vez, despois de escoitar o conto, saen voluntarios a recontalo coa corda na man o situándose ao lado dela. Se o precisan, axúdolles facéndolles preguntas tipo: de quen fala o conto? onde estaban?, ...


Cando adquiren máis práctica, fágolles unha pequena corda para cada un, que pode ser fotocopiada nun folio ou igual ca da clase pero en menor tamaño. Así poden utilizala individualmente o por parellas cando estean no recuncho de lectura.


Os máis maiores poden ademáis cubrir unha ficha:


Este é o material que utilizamos:


OUTROS USOS

 Este recurso énos moi útil non só para aprender a recontar unha historia, senón tamén para aprender a crear as nosas propias historias. E unha vez que sabemos que historia queremos contar, podemos utilizar apps como DRAW FREE FOR IPAD:


 para debuxar aos nosos personaxes e a  continuación PUPPET PALS:


 coa que unha vez importadas as imaxes que previamente creamos antes, montar o noso propio conto, xa que permite non só gravar a nosa voz senón tamén mover as imaxes.

Para ver esta entrada e todos os recursos en CASTELÁN, visitade o blogue de PaLaBraS AzuLeS, onde poderedes atopar moitísimos máis recursos para traballar a escritura creativa nas vosas aulas:

11 nov. 2013

A VENDIMA

Retomando o noso proxecto sobre as uvas, hoxe vimos que  recoller as uvas cando están maduras chámase VENDIMAR e que as persoas que realizan a vendima chámanse VENDIMADORES. Tamén aprendimos que hai dous xeitos de vendimar:  ARTESANAL ( se cortamos as uvas nós mesmos)  ou MECÁNICAMENTE (se utilizamos as máquinas vendimadoras).
Falamos das diferencias entre estes dous métodos e chegamos as seguintes conclusións:



Para lembrar este vocabulario novo, fixemos esta ficha:


E que mellor forma de rematar a sesión que cantando esta canción?

9 nov. 2013

E ASÍ CELEBRAMOS O MAGOSTO

Primeiro fomos ao salón de actos, e alí todos xuntos vimos o video de "A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA". Ollade que atentos estabamos:


Logo, vimos o libro que fixemos entre todas as clases do cole incluídos os dos PCPIs: "O LIBRO DA CASTAÑA" e para non perder ningún dos detalles do bonito que nos quedou, o puxemos na pantalla e algúns rapaces como Brais e Anibal, nos leron algunhas das súas páxinas. A ver se adiviñades cal foi a que nos tocou a nós.





E xa para rematar fomos ao comedor para degustar RICAS CASTAÑAS ASADAS E COCIDAS CON LEITE!!!!!!! Uhmmmm estaban riquísimas!!!!!!

7 nov. 2013

E SEGUIMOS PREPARANDO O MAGOSTO

Hoxe por fin rematamos os nosos cestiños para gardar o venres as castañas. A idea orixinal vímola no blog de La classe della maestra Valentina. Nós trocamos a caixa de queixiños por unha botella de leite. Así quedaron:



Ademais , grazas ao meu antigo cole, o CEIP de PAZOS, poidemos disfrutar destas fantásticas actividades do conto "A castaña que rebentou de risa":



Ollade como nos están a quedar:

4 nov. 2013

RECURSOS PARA PREPARAR O MAGOSTO

O vindeiro venres día 8, celebraremos no cole a festa do MAGOSTO, así que ao longo desta semana faremos os nosos cestiños onde gardar as castañas, aprenderemos moitas cousas sobre esta data a través deste libro lim que fixen hai uns anos e ao que este ano lle engadín un apartado en castelán:



 e traballaremos distintos contos relacionados con esta data como o da CASTAÑEIRA, nas súas dúas versións:





E sobretodo este conto que nos gusta moitísimo: A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA:
  


Como podedes ver, modifiquei un pouquiño o lim que tiña sobre o conto, engadíndolle un apartado en castelán e cambiando o audio.

Ademáis do video que xa tiñamos sobre el coas fermosas imaxes da miña excompañeira Rosana Rodiles:


Montei dous novos videos en castelán e en galego coas tamén fermosas imaxes de María Casares , do blogue LÁPIZ, PAPEL Y GOMA, e estes son os resultados:




Teremos unha semana do mááááááááis ocupada

2 nov. 2013

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Actualización de Novembro


Neste mes seguimos a medrar e incorporamos á nosa lista de blogues participantes 5 novos blogues aos que dicimos: BENVIDOS!! a UN PROXECTO ENTRE TODOS. Aquí vos deixamos a lista de participantes actualizada.



O comezo de curso non poido ser máis activo, xa se pediron axuda para 10 TEMAS novos e colaboraron activamente aportando enlaces  68  blogues amigos. Dámosvos as grazas polo entusiasmo que demostrades neste proxecto, pois nos anima a continuar.

Nesta ocasión vos queriamos pedir un favor. Como xa vos explicamos en anteriores ocasións, unha vez que deixades os enlaces nos comentarios no blogue que pide axuda, nolas cinco (Ana, Fini, Miren, Mireia e Noelia) revisámolos e filtrámolos para incorporalos ao SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS.


Ultimamente, nos atopamos algúns enlaces que ainda que están relacionados co tema solicitado, non son adecuados para a preparación e realización de proxectos para INFANTIL, EDUCACIÓN ESPECIA E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA, que son as idades ás que vai dirixido este proxecto principalmente. Por exemplo, no proxecto das laranxas, atopamos mil recetas de cociña só porque se fan con laranxas (sen posibilidade algunha de facelas na aula). E por iso que vos pedimos que antes de deixar un enlace sen revisar, por favor lle botedes un vistazo primeiro. Nós filtramos e retiramos do SITES todos aqueles enlaces que non consideramos axeitados.


Se vos animades a participar, só debedes deixar un mail e a dirección do blog co que queredes participar nun comentario nesta mesma entrada.

E coma sempre, MOITAS GRAZAS!! pola vosa colaboración e participación.

ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA