30 jun 2015

FELIZ VERÁN!!!!!!!


Hoxe damos por finalizado este curso escolar. Dende aquí queremos desexarvos a todos os que nos visitades un MOI FELIZ VERÁN!!!!!!

E que mellor xeito de despedirnos ata o próximo curso, que cun video coas  fotos da festa que tivemos o día 19 en colaboración coa ANPA:

29 jun 2015

EXPOSICIÓN DE VAN GOGH

Para que toda a comunidade escolar poidese ver as nosas obras sobre Van Gogh, expuxémolas todas no corredor principal do cole. Ollade que bonito estaba:


 GÚSTAVOS?

Ademais coloreamos un autorretrato do Pintor para facer a portada do noso proxecto. E así é como nos quedou finalmente:








27 jun 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Selo á colaboración 2015


Este curso 2014-2015 outra vez será un ano inesquecible para todas nós, pola continuidade que tivo UN PROXECTO ENTRE TODOS:

112 temas clasificados no noso SITES
70 blogs que colaboraron activamente este curso

E de novo gustaríanos compartir a nosa satisfacción con todos os blogs que participaron dun xeito activo na recopilación de recursos no noso SITES, é dicir, con todos os blogs que colaboraron aportando un enlace, ainda que fose un único enlace, aos blogs que pediron axuda.

A todos estes blogs gustaríanos facerlles entrega de:

O SELO Á COLABORACIÓN



Esta é a lista de blogs que participaron activamente neste proxecto (si participaches aportando algún enlace e non apareces na lista, déixanos o enlace da entrada na que fixeches o comentario, aquí mesmo, e con moito gusto te engadiremos á lista, posto que son moitas entradas e enlaces e se nos poido pasar algún).

Se o teu blog aparece nesta lista e queres que te enviemos o TEU SELO PERSONALIZADO, deixa un comentario nesta entrada ou envia unha mensaxe a unproyectoentretodos@gmail.com e enviarémoscho nuns días.

Chegou ao seu fin o curso escolar e UN PROXECTO ENTRE TODOS, tómase un descanso de dous meses para rematar de poñer a punto o SITE e descansar un pouco. Volveremos en setembro con forzas renovadas para seguir compatindo entre todos.

Estade atentos todos aqueles que nos manifestáchedes o voso interese por incorporaros a este proxecto porque á volta das vacacións abriremos de novo a lista de admisión. Aquí vos deixamos a lista de blogs participantes actualizada:


FELICES VACACIÓNS!!!!!!!!!!
E MOITAS GRAZAS A TODOS
NOELIA,MIREN,ANA,FINI E MIREIA



23 jun 2015

ILUSTRANDO E RECITANDO POESÍAS

Unha das últimas tarefas que fixemos antes de rematar o curso, foi ilustrar e recitar unhas preciosas poesías de Marisa Alonso, autora do blog POESÍA INFANTIL.
Cada un elexiu o poema que quixo, escribiuno nun folio, debuxouno e para rematar recitouno. Ollade, ollade, ...



























QUE VOS PARECEN?

21 jun 2015

VAN GOGH: CAMPO DE TRIGO CON CORVOS


Algúns opinan que o derradeiro cadro que pintou Van Gogh antes de morrer foi: "CAMPO DE TRIGO CON CUERVOS" así que quixemos finalizar o noso proxecto representando o mesmo cadro.

Para que nos fose máis doado pintalo, utilizamos este titorial que atopamos na red:

Utilizamos ceras brandas, duras, rotuladores, ... e así nos quedaron :










Algunhas fotos do proceso:



18 jun 2015

A SOLIDARIEDADE EN DON QUIXOTE


No noso libro de lingua castelá, ven  unha lectura sobre Don Quixote e Sancho Panza que se titula  "Un leal escudero" que é un fragmento do Capítulo X da Primeira Parte do Quixote..

Comezamos léndoa entre todos en voz alta e unha vez que rematamos aproveitamos para falar da SOLIDARIEDADE,  do importante que é axudar aos demais sen esperar nada a cambio e  pedir axuda cando a necesitemos. Falamos das cousas que podiamos facer nós para ser solidarios como consolar aos nosos amig@s e compañeir@s cando están tristes ou se fan dano, donar os nosos xoguetes de cando eramos máis pequenos e a roupa que xa non nos serve as persoas necesitadas, deixando o asento do autobús ás persoas maiores, axudando nas tarefas de casa,... Tamén de se algunha vez alguén precisou a nosa axuda e de como fixemos para axudar.

A continuación comentamos a lectura. Describimos brevemente a Don Quixote (alto, delgado, loiro) e a Sancho Panza (baixo, gordo e moreno), falamos dos amigos que eran os dous e de que por iso se axudaban en todas as situacións ás que se enfrontaban a pesar de que ás veces os resultados non eran os esperados e tamén de que ainda que tivesen puntos de vista diferentes, isto non constituía un obstáculo para a lealtade mutua e a amizade. Buscamos  información sobre outros episodíos do Quixote onde un dos personaxes axudaba ao outro e descubrimos que isto sucedía en case todos.

Aproveitamos a lectura para facer distintas actividades entre elas aprender a RESUMIR. Así que fixemos un pequeno resumo do que acabábamos de ler e o ilustramos cun debuxo alusivo:

16 jun 2015

DON QUIXOTE NA NOITE ESTRELADA DE VAN GOGH


Continuando co noso proxecto do Quixote e tamén co de Van Gogh, mesturamos os dous proxectos facendo a nosa cuarta obra de arte: " NOITE ESTRELADA E DON QUIXOTE":










Asi de ben traballamos:

15 jun 2015

TERCEIRA CHARLA DO PLAN DIRECTOR: "NON XOGUES COAS DROGAS"

A principios de mes,  tivemos a terceira e última charla do Plan Director. Nesta ocasión, Jesús falounos das drogas,  tanto das permitidas como o alcohol ou o tabaco como das prohibidas como a marihuana.


Comenzounos falando do tabaco e das consecuencias que podía ter para o noso organismo o seu consumo. Primeiro ensinounos esta imaxe onde podiamos ver algúns dos componentes dun cigarro e comentamos algún deles:


A continuación vimos un experimento no que uns alumnos de 1º de Bachiller do IES Nuestra Señora de la Consolación en Madrid, extraían todo o alquitrán contido nun cartón de tabaco. Quedamos abraiados cos resultados!!!!!! Aquí volo deixamos:


Despois tocoulle o turno ao consumo de alcohol Vimos algunhas imaxes nas que se podían ver algunhas das consecuencias de inxerir bebidas alcohólicas: xente en coma etílico, accidentes de tráfico, ....


E xa para rematar, Jesus falounos das drogas prohibidas como a marihuana e o hachís: das consecuencias para o organismo;das penas  por delitos de tráfico, consumo e/ou elaboración, ...


Aprendimos moitísimas cousas sobre o tema. Ollade que atentos estabamos:



Foi unha charla moi interesante!!!!!!

12 jun 2015

"ALMENDROS EN FLOR"

Outro dos cadros que traballamos de Van Gogh no noso proxecto sobre este gran pintor, foi "ALMENDROS EN FLOR":


Nós quixemos facer a nosa particular visión deste cadro dun xeito distinto. Primeiro pintamos unha lámina con témpera azul mezclada con branca:


A continuación botamos pintura marrón nun goteiro e mezclámola con auga para que estivese máis líquida. Collimos unha palliña e ... a SOPRAAAAAAR!


Despois de repasalos cun rotulador permanente negro, así ían quedando:


Para rematar, faltábannos as flores. Para iso collimos pintura amarela e branca, unha pinza un pompón e ...


Aquí tedes o resultado: