27 nov. 2015

CALIGRAMAS CON ADIVIÑAS DE OUTONO



Outra das actividades que fixemos no noso Obradoiro de Escritura Creativa foron uns Caligramas  de outono.

Como xa sabedes, os caligramas son poemas visuais no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, un paisaxe ou calquera obxecto imaxinable.

Pois ben, nós en vez de facelos con poemas, fixémolos con ADIVIÑAS DE OUTONO, "debuxando" coas letras a solución da adiviña.

Todos esforzáronse moito e traballaron moi ben. Así quedaron os nosos CALIGRAMAS:



Outro xeito de  facelos, é utilizando algúns dos moitos recursos online que hai para facer caligramas como:

- RoboType:


- TYPEDRAWING:



- CSSWARP:



CONCURSO SOLIDARIO "QUE TEÑAS UN BO DÍA"


Case todo o cole participamos no concurso solidario "Que tengas un buen día" organizado por DIA e a Fundación Theodora. O concurso consistiu en debuxar que é o que fai "que teñamos un bo día", é dicir, o que nos fai felices.

Por cada un dos nosos debuxos, DIA, fará posible que un Doutor Sorriso visite a un neno no hospital. A cadea , propúxose o reto de acadar 1.000 visitas dos "Doutores Sorrisos"aos nenos e nenas hospitalizados e cando o soubemos, todos nós quixemos poñer o noso graíño de area para que isto poda suceder.

Para os que non o saibades, os Doutores Sorriso da Fundación Theodora, traballan a diario para que os máis pequenos non perdan a ilusión. Formados por magos, pallasos ou actores, estes particulares médicos visitan aos nenos dos hospitales para estar con eles, entretelos e ensinarlle que conservar o sorriso é o paso máis importante para poñerse bos.

QUE CHE FAI TER UN BO DÍA? QUE CHE FAI FELIZ?

- ESTELA: estar coa  familia no Nadal:


- SARA F. : recibir a visita do meu padriño que está lonxe polo meu aniversario:


- LAURA: estar coas miñas amigas:


- SARA M. : a música e as amigas.


- YANIRA: a Pascua


- IKER: poder ter un can e un acuario con peces de mascotas.


- BORJA e SERGIO SILVÉN : ver en directo como xogan os nosos equipos de fútbol favoritos.



- MANUEL: Poder ter un canciño de mascota.


- SERGIO SOSA: Xogar ao fútbol cos meus amigos.


Como podedes observar todos o teñen moi clariño.
  E a vós, que vos fai ser felices?

25 nov. 2015

MANS POLA IGUALDADE


Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional contra a Violencia Xénero. Nós, non quixemos ser menos e sumámonos a esta iniciativa.

Ao longo da semana pasada fixemos o mural que podedes ver máis arriba para pedir pola igualdade e pola desaparación do maltrato tanto físico como psicolóxico hacia as mulleres.

E hoxe, súmamonos, invitados polo Concello de Neda, xunto cos nenos e nenas do Instituto Fernando Esquío e o CEIP de San Isidro, á MARCHA POLO BO TRATO, que saiu do Albergue de Pelegríns e foi por todo o paseo marítimo ata chegar ao Concello. Unha vez alí, os rapaces e rapazas dos outros centros, leron os seus manifestos contra a Violencia de Xénero así como o Alcalde e outro persoal do Concello, e nós representamos o acto que tiñamos preparado: "MANS" baseado no álbum ilustrado de Xabier Docampo, que coñecimos grazas a Belén Junquera e ao cole de FRIANS-TEIS.

Para que vexades que ben nos saiu, vos deixamos este video que fixemos nun dos ensaios:



E tamén estas fotos da xornada:



Ao final houbo unha solta de globos violetas que simbolizaban cada unha das vítimas por mor dos malos tratos:

23 nov. 2015

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN


Como xa vos contamos nunha entrada anterior na que vos amosabamos os nosos cestiños, o día 13 deste mes celebramos  a festa do Magosto. Gracias a ANPA, poidemos disfrutar non só de riquísimas castañas asadas polo profe Antonio, senón tamén de boísimos bocadillos de chourizo con delicioso pan de Neda.

Aquí vos deixamos algunhas das fotos da xornada:


E tamén celebramos o día do Peón. Todos os nenos e nenas que quixeron, trouxeron da súa casa un peón para bailar ese día:


19 nov. 2015

COÑECES OS TEUS DEREITOS?




Como mañá celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, ao longo desta semana estivemos a traballar os nosos dereitos.

Sabedes cales son? Ollade este video:


Nós, repártimosnos dez dos dereitos que cada neno e nena deberían ter e os ilustramos. Mirade que ben o fixemos:






Agora estas fotos están no corredor do noso cole xunto aos demais traballos dos outros nenos e nenas do cole.

A continuación vos deixamos un enlace a todas as entradas que hai no blog que tratan dos Dereitos dos Nenos e das Nenas por se vos sirve algún dos moitos recursos que  temos como glogsters, libros LIM, fichas, banderíns conmemorativos, videos, xogos, ...



17 nov. 2015

CONTO COLECTIVO: ESTRELIÑA


Ao longo da semana pasada, entre todas as clases do centro inventamos un conto relacionado co Magosto e o outono que titulamos: "Estreliña".

Os encargados de comezar foron os máis peques do cole, a clase de 3 e 4 anos e os de rematalo, os máis maiores, ou sexa, nós, os de sexto de educación primaria.

Todas as clases fixeron un gran traballo. Aquí volo deixamos para que vexades o ben que quedou:



15 nov. 2015

O OUTONO NA MACIÑEIRA

Na entrada do colexio, decidimos poñer un mural con aportacións de todas as clases do edificio de primaria é dicir de segundo ata sexto.
Así que nos repartimos o  traballo entre todos: follas, caracois, ourizos, cogumelos e bufos. A nós, tocounos facer os bufos. Para facelos, utilizalos cartóns de papel hixiénico, goma eva e cartón ondulado. Quedáronnos moi xeitosiños.



E así de precioso está o noso corredor. Non vos parece:




12 nov. 2015

FESTA DO MAGOSTO

Imaxe de Jels Love Ilustración

Como podedes ler no cartel, mañá a partir das doce da mañá, celebraremos a tradicional festa do Magosto no cole. Na clase de plástica aproveitamos para facer os cestiños nos que poñeremos non só as nosas castañas senón tamén as cáscaras para non ensuciar o chan.

Para facelos utilizamos bricks de leite que cortamos por metade, dobramos e despois grapamos; e tamén cartolina e goma eva.

Así quedaron:





9 nov. 2015

QUE TIPO DE MONSTRO SON?


Outras das actividades que fixemos na semana do Samaín, no Obradoiro de Escritura Creativa, foi a actividade QUE TIPO DE MONSTRO SON? que coñecimos grazas a Encarni do blog Biblioteca Gregorio Marañón que á súa vez descubriuna no blog de Isabel Bermejo, El lapicero mágico.

A actividade consiste en descubrir que tipo de monstruo somos según a nosa data de nacemento e a inicial do noso primeiro apelido buscando nesta táboa preparada por Isabel:


Foi divertidísimo buscar que tipo de monstro eramos. Saíronnos respostas das máis variadas: "Duende come ollos", "Vampiro queima xeonllos", "Zombi tritura dentes" ,... A continuación tiñamos que describir como eramos e facer un debuxo. 

Quedáronnos unas descricións do máis terroríficas HA HA. Ollade, ollade:

5 nov. 2015

CELEBRANDO O SAMÁIN


Como o xoves 29 os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria ían de excursión toda a mañá e o venres 30 non tiñamos clase porque a Xunta declarouno Día do Ensino, tivemos que adiantar a festa do SAMAÍN para o mércores 28.

Ao igual que o ano pasado, contamos coa colaboración da ANPA para a realización dalgunhas das  actividades como o Túnel do Terror e o Taller de Maquillaxe.

A media mañá, comezamos a celebración. Organizamos seis talleres distintos de 20 minutos de duración, polos que tiñan que pasar todas as clases.

A nós tocounos empezar pola BIBLIOTECA. Alí, cos nosos compañeiros de quinto, as luces apagadas e as persianas baixadas vimos un curto que nos puxo os pelos de punta: A MEIGA CHUCHONA. O resto das clases viron curtos máis axeitados á súa idade como A BRUXA REGAÑADENTES, FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS, SHREK CONTA HISTORIAS DE MEDO, ... Aquí vos deixamos a que vimos nós:



A continuación, fomos á AULA DE INGLÉS e aos corredores do lado para disfrutar dos xogos que nos tiña preparada a profe de inglés, Uxía : O popular xogo do vexo vexo con personaxes de medo (claro que era en inglés, I spy with my little eye ....), un xogo cunha grilanda con cabazas, pantasmas, ataúdes,... e tamén un labirinto. Pasámolo fenomenal.


O noso terceiro obradoiro foi .... O TÚNEL DO TERROR, organizado polas nais e pais no patio cuberto. Que medo pasamos alí dentro a escuras!!!!!!!!!


E despois de tan terrorífica experiencia, fomos á aula de Relixión onde nos agardaba ... UN TALLER DE MAQUILLAXE onde aprendimos a facer HORRIPILANTES CICATRICES.

Para descansar un pouquiño de tan terroríficas actividades, no XIMNASIO poidemos disfrutar de dous divertidos xogos; un xogo de bolos con forma de pantasmas e un xogo para construir unha cabaza coa axuda dun compañeiro. Que divertido!


E xa para rematar unha mañá tan completiña, na AULA DE INFORMÁTICA poidemos disfrutar de distintos xogos de Halloween e de Samaín, tanto nos ordenadores como na pizarra dixital.


QUE BEN O PASAMOS NA FESTA!!!!!!

2 nov. 2015

EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS

Ao longo da semana previa á celebración do Samaín, os rapaces e rapazas trouxeron cabazas decoradas da casa coas que se fixo unha exposición á entrada do centro. Ollade que bonitas quedaron todas:




Ai que ver canta creatividade teñen estes rapazas e rapazas e as  súas familias!!!!!!

Foi moi difícil elexir as  tres gañadoras pois todas eran moi orixinais e estaban moi traballadas. Así que tras unha longa deliberación as tres cabazas gañadoras foron:

  1º  CABAZA-CEMITERIO de Alba de 3º de Primaria.
  2º CABAZA-CASA CORDOBESA de Antía de 2º de Primaria e
 3º CABAZA- TRABALLADORA de Blanca de 5º de Primaria.


NORABOA ÁS TRES PREMIADAS!

Así posan de fachendosas cos seus premios (consistentes nun vale para mercar un libro nunha librería) e  as súas cabazas e na foto de abaixo coa teacher Uxía que foi a encargada de presentar o acto de entrega:


GRACIÑAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!