25 feb. 2016

COÑECENDO A ROSALÍA

Ao longo desta semana, nas  distintas clases, estivemos a facer actividades para coñecer á gran escritora galega, Rosalía de Castro, por mor da celebración do seu día onte 24 de febreiro.

Así, comezamos o luns no Obradoiro do Escritura Creativa, elaborando unha postal nun deseño alusivo ao este día que incluía unha estrofa de "Alborada" (da obra Cantares Gallegos) a instancias da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e que o onte enviamos por correo ordinario ás nosas familias:



Na clase de galego, coñecimos a vida e obra desta escritora a través deste libro LIM elaborado polo equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Clicade na imaxe para acceder:




Tamén elaboramos un minilibro da súa biografía que atopamos no blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe  Profesor Albino Núñez:


E xa para rematar, na clase de Plástica, fixemos unha rosa con goma eva para agasallar ás nosas familias (podedes ver as plantillas e as instruccións en TODO EN GOMA EVA)




Así de contentos, fomos todos para casa co noso libriño e a nosa flor:

19 feb. 2016

GAÑAMOS UN PREMIOOOOOOOO!!!!!!


No pasado mes de decembro, fomos ao Museo do Humor, en Fene, para ver a exposición "Francisco Ibañez, o Mago do Humor". Dita exposición incluía 130 revistas publicadas desde os anos cincuenta ata a actualidade, vinte debuxos orixinais do autor e 250 elementos expositivos.

Alí aprendimos moitísimas cousas da súa biografía e tamén dos seus coñecidísimos personaxes: Mortadelo e Filemón, o Botones Sacarino, Rompetechos, Pepe Gotera, ...


Gustounos moitísimo!!!!!!

Ademais, na sala de video, vimos uns debuxos animados da primeira historia longa de Mortadelo e Filemón: "El sulfato atómico":


Antes de irnos, déronnos uns papeis por si queriamos participar no concurso : "Mortadelo e Filemón en Fenicia", un concurso que consistía en presentar unha composición plástica orixinal na que aparecesen Mortadelo e Filemón, nunha paisaxe recoñecible do Concello de Fene.

Como podía facerse un traballo en grupo, na clase de sexto, entre todos, inventamos e debuxamos un cómic sobre estes coñecidos personaxes. Ollade que ben nos quedou:



Pois ben, hoxe recibimos a agradable noticia de saber que o noso traballo foi premiado cun accésit . O vindeiro 16 de marzo, voltaremos ao Museo do Humor a recoller o Diploma que así o acredita.

Na páxina de FENE CIDADAN podedes consultar toda a lista de premiados.
A nosa noraboa para tod@s!!!!!

17 feb. 2016

CINENSINO: "DIOS MÍO QUE TE HEMOS HECHO"



Este ano, os alumnos de quinto e sexto de educación primaria do cole, participan no programa Cinensino, a través do Concello de Neda e o Concello de Fene.

"Cinensino é un programa de educación en valores para a prevención do consumo de alcol e outros trastornos aditivos e do comportamento no campo escolar a través dos meidos audiovisuais e as TIC.
O propósito deste programa é proporcionar principios, orientacións e ferramentas para o desenvolvemento integral da persoa, implementando actividades dirixidas á práctica de valores e ao desenvolvemento de habilidades sociais dentro da aula, no fogar e no ámbito social, coa finalidade de xenerar unha transformación progresiva nos valores, actitudes e comportamentos do alumnado que actúen como factores de protección fronte aos procesos aditivos".

Trátase de tres unidades didácticas para o curso escolar, unha por trimestre, baseadas e articuladas en función dunha película. Cada unidade componse dun "Manual do profesorado" e dun "Caderno do alumno" para traballar na clase en gran grupo. A diferencia doutros centros, temos a gran sorte que o visionado da película é no propio cole e que ademais podernos quedarnos con ela ata a seguinte sesión.

A primeira película que vimos  foi: "Dios mío, que te hemos hecho" a partir da cal, traballamos distintos valores tanto positivos como negativos: tolerancia, respecto, interculturabilidad, tradición, familia, racismo, prexuizos, ...

Aquí vos deixamos o "trailer" oficial da película:

15 feb. 2016

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR: NAVEGACIÓN SEGURA POR INTERNET


Un curso máis, solicitamos o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon ao noso dispor a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este Plan consiste en tres charlas informativas/formativas que se dan nos centros para alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, sobre temáticas como; acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, ...

O mes pasado, tivemos a primera destas charlas, a cargo de José Antonio , da Comandancia de A Coruña, e tratou sobre os Riscos de Internet. José Antonio falounos dos riscos de navegar por internet sen a suficiente seguridade e tamén do coidado que temos que ter á hora de subir imaxes tanto as redes sociais como facebook, twitter, instagram como ao whatssap.

Para mostra, estes tres videos que vimos:

     



Ollade que atentos estabamos todos:


Para saber que temos que facer, neste video de PANTALLAS AMIGAS; están AS DEZ CLAVES PARA USAR INTERNET CON SEGURIDADE:


E podemos ver canto sabemos con este estupendo xogo. Clica na imaxe para acceder:

13 feb. 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS CUMPRE 4 ANOS


Fai xa catro anos que unimos os nosos blogs, ilusións e esforzos para comezar este gran proxecto que nos permitiu crear unha gran rede de axuda entre mestres e mestras para a realización de proxectos. Sen apenas coñecernos, pero admirándonos unhas ás outras, logramos crear un grupo de traballo do que estamos moi fachendosas. É, sen dúbida, unha das mellores aventuras nas que nos embarcamos as cinco e nunca pensamos que catro anos despois seguiríamos coa mesma ilusión ou máis.

Pouco a pouco o número de blogs amigos que colaboran foi cambiando e medrando pero é unha gran ledicia para nós ver que cada vez que alguén pide axuda son moitos os participantes que achegan o seu "granito de area". Este proxecto non sería nada sen todos eles así que este aniversario vai adicado aos BLOGS AMIGOS.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S!!!!!!!!!


10 feb. 2016

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O venres pasado celebramos a festa do Entroido no cole. Como xa vos dixemos en entradas anteriores, a temática deste ano foi: "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS". Por iso, pola pasarela da Maciñeira pasaron rapaces e rapazas de distintos lugares do mundo:

 - Os de Educación Infantil de EXIPTO:






- Os de Primeiro de FRANCIA:




- Os de Segundo de  REINO UNIDO:




- Os de Terceiro de a INDIA:




- Os de Cuarto de XAPÓN:




- Os de Quinto de CHINA:





- E nós, os de Sexto de EEUU:




E por suposto, non podían faltar os protagonistas da Historia: Willy Fog (Phileas Foog na obra orixinal), Rigodón (Juan Picaporte), Rommy (Aouda) e o Inspector Dix (Inspector Fix):


Nin algunhas mamás acompañando aos seus fillos:





Despois do desfile e de recoller os diplomas á participación (un por clase), disfrutamos grazas á ANPA da degustación de ricas ORELLAS e ROSQUILLAS:


E xa para rematar, con moita mágoa, queimamos o noso MECO.