30 jun 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS: "PREME O TEU BOTÓN COLABORATIVO"


Rematamos o curso e sentímonos moi fachendosas de comprobar que despois destes anos, este proxecto seguiu funcionando. Somos conscientes de que non ten nin pode ter a mesma actividade que cando comezamos porque xa se realizou unha gran recopilación de temas variados. Pero tamén, fixéstenos saber que sodes moitos (participantes do proxecto ou non) os que utilizades o SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS para preparar os vosos proxectos. Iso é suficiente para que continuemos co mesmo entusiasmo e ilusión.

E é por iso, que de novo entregamos un recoñecemento a todos os BLOGS ACTIVOS do curso 2015-2016. Nesta ocasión, entregámosvos este BOTÓN AO BLOG COLABORADOR e animámosvos a continuar participando.

Na lista que aparece abaixo, están todos os blogs que colaboraron aportando enlaces nas entradas de petición de axuda. Se algún participante non ve o nome do seu blog e participou, simplemente ten que deixar un comentario co enlace á entrada na que prestou a súa axuda e engadirémolo na lista. Sodes moitos e son moitas as entradas e ao mellor pasóusenos algún. Nas próximas semanas, enviarémosvos a cada un, o voso botón personalizado e pediríamosvos por favor, que nos confirmedes que o recibíchedes.

Ademais, informámosvos dunha nova incorporación, co que xa somos 172 blogs activos. Deixámosvos a lista de blogs colaboradores actualizada: benvida Elena!!!!!


E sen máis, desexámosvos a todos
FELIZ VERÁN!!
Vémonos á volta das vacacións.

MOITAS GRAZAS AOS BLOGS
QUE PARTICIPARON NESTE CURSO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOE

19 jun 2016

O NOSO XARDÍN FLORIDO

Así de bonita nos quedou a nosa derradeira lámina de plástica:




A idea orixinal, sacámola da páxina de Krokotak

18 jun 2016

VISITAMOS O INSTITUTO


Hai xa uns meses que fomos ao IES Fernando Esquío de visita xunto cos nenos e nenas de 6º do CEIP de San Isidro, xa que é o instituto ao que iremos a maioría de nós o curso que ven.

Empezamos visitando o ximnasio onde xogamos un mini partido de Volleyball:


A continuación fomos á biblioteca onde nos regalaron unha chapa e un pasaporte de lecturas:


Tamén visitamos, unhas cantas aulas, o salón de actos e o taller de tecnoloxía:


E xa para rematar, disfrutamos un montón dos pinchos que nos tiñan preparados ao lado da cafetería:

O paso a Secundaria, é unha situación que preocupa á maioría das familias e rapaces e rapazas que teñen que vivir esta experiencia.
No departamento de Orientación do IES de Salvaterra do Miño fixeron este folleto con dez consellos de axuda ás familias que nos poden vir moi ben. Clicade na imaxe para acceder:

16 jun 2016

3ª CHARLA PLAN DIRECTOR: "ACOSO ESCOLAR"


O 23 de maio tivemos a terceira e derradeira charla do plan director, neste caso adicada a un tema tan de actualidade como é o acoso escolar.

Collage feito con Fotor

Por acoso escolar entendemos non só todas as formas de actitudes agresivas, intencionadas e repetidas, que ocorren sen motivación evidente, adoptadas por un ou máis estudantes contra outro u outros, a través de constantes ameazas, agresións,... senón tamén os insultos, os motes, os rumores inventados sobre un compañeir@, deixar de lado a alguén ,aillalo, non deixalo xogar, apartalo,...

Quedounos moi clariño que en caso de sufrir ou observar algún caso de acoso, non debemos tomar a xusticia pola nosa man senón que temos que informar sempre a unha  persoa adulta: pais, profesores,... e que tan grave é o que fai o acosador como ser testemuña e non dicir nada.

Durante a charla, visionamos estes videos sobre o acoso e algún tamén relacionado coa violencia de xénero:




Na rede atopei este fantástico libro en forma de cómic para falar cos máis pequenos do tema:


E tamén esta presentación de María Sebastian White con actividades sobre o mesmo:


LEMBRA:


14 jun 2016

EXHIBICIÓN SOLIDARIA GARDA CIVIL


A principios do mes pasado,  todo o colexio, fomos a As Pontes para ver unha exhibición solidaria da Garda Civil na que participaron máis de 2000 escolares da zona. Dicimos que foi unha exhibición solidaria porque todo aquel que quixese podía colaborar entregando un kilo de comida e/ou material escolar que despois Cáritas entregará aos máis necesitados.

Durante a exhibición, decenas de axentes de distintas especialidades, nos amosaron o traballo que desempeñan. Ademais coñecimos o helicóptero do Servizo Aéreo da Garda Civil, os seus coches, as motos de Tráfico,as de Seprona, a lancha dos Geas, os cans detectores de drogas ou explosivos do Servizo Cinolóxico, e aprendimos tamén como se fai un rescate na montaña.

Pasamos unha mañá moi entretida. Podedes ver algunhas fotos da xornada clicando na imaxe de abaixo:

Presentación feita con PhotoSnack

12 jun 2016

PAXAROS NO HORIZONTE

En plástica, estivemos a facer estas sombras de paxaros co distintas tonalidades dunha cor por detrás. Ollade que bonitos nos quedaron:



Collage feito en https://www.befunky.com

Gústanvos?

9 jun 2016

LAPBOOK SOBRE EEUU


Dentro do proxecto da Biblioteca, "A volta ao mundo en 80 días" do que xa vos falei noutras entradas, esta semana cada clase fixo unha exposición de todo o que traballou sobre o país que lles tocou.

Como xa vos dixen polo Entroido, a nós tocounos Estados Unidos por iso nos disfrazamos de Estatuas da Libertade e de xogadores de Baloncesto. Pois ben, despois de moito pensar, decidimos que fariamos a nosa exposición a través dun lapbook en lugar de utilizar un mural.

Para quen non o saiba, un lapbook é un portafolios no que se inclúe moita información sobre un tema, utilizando sobres, solapas, libriños, ... e todo aquilo que se nos ocorra.

Así quedou o noso lapbook:

- Por diante...


- Por dentro...



- E pola parte de atrás ...


Neste video podedes ver que se agocha detrás de cada elemento do lapbook:


E neste outro, o ben que llo explicamos ao resto de nenos e nenas do cole:

8 jun 2016

GAÑAMOS!!!!!!!!!!!

Sabedes que? O noso cole foi un dos tres colexios gañadores en España, dunha festa Kiwi polo noso traballo e participación no concurso "FRUTA UN BOTÍN SABROSO."

Así que o 19 de maio, recibimos a visita de Peter e dúas animadoras, que nos fixeron pasar un gran ratiño entretido con todos os xogos populares que traían e tamén disfrutar de todos os kiwis que quixemos. Foi sen dúbida algunha, unha gran e divertida festa. 

Clicade na imaxe para ver as fotos

Podedes ver todo o noso traballo, no BLOG e tamén neste xornal da clase que fixemos para o concurso:

6 jun 2016

EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO

A semana pasada realizamos a excursión de final de curso. Foron catro días incribles nos que disfrutamos na compaña dos nenos e nenas de 5º e 6º do CEIP de Pazos.

O primeiro día, visitamos as Covas do Soplao en Valdáliga, famosas polas súas estalactitas excéntricas e as súas bandeiras traslúcidas colgando do teito. Unha verdadeira preciosidade.




O segundo día, pola mañá visitamos o Parque de Cabárceno e pola tarde o Forestal Park de Santander. Que medo pasamos!!!!!!!




O terceiro día, fomos a Fuente De e alí collimos o teleférico para ollar de preto os Picos de Europa. Tamén aproveitamos para visitar o Monasterio de San Toribio de Liébana e facer unha pequena visita por Potes. 





Cando chegamos de volta ao albergue, esperábanos unha gran sorpresa: Un refrescante baño na piscina!!!!!!


E xa para rematar esta incrible viaxe. o cuarto e último día, visitamos pola mañá a Neocueva de Altamira en Santillana del Mar, onde ademais de admirar as fantásticas pinturas, fixemos un divertido e artístico taller e pola tarde o Museo Jurásico de Colunga:




Sen dúbida unha viaxe inesquecible para tod@s!!!!!