24 sept 2014

RINCÓN DA BIBLIOTECA DE AULA: materiais e marcapáxinas


Hoxe queremos amosaros a nosa biblioteca de aula. Todavía non ten moitos libros pero pouquiño a pouco irémola enchendo. Iso si, xa dende o segundo día a utilizamos todos os días porque ademais de consulta, no  noso centro temos  o "Tempo de Lectura", vinte minutiños diarios (de 9 a 9,20) nos que podemos disfrutar da lectura do libro que queiramos da nosa biblioteca.
                     

A principio de curso preparei varios materiais para organizar a biblioteca. Ainda que son de elaboración propia, algúns están baseados nuns que vin no blogue Lapicero Mágico de Isabel Bermejo.

Estes son os materiais que preparei:

- O cartel do rincón da Biblioteca:


- O das normas:

- O LECTÓMETRO, para levar un control visual dos libros que levamos lidos. Cada vez que rematamos de ler un libro, coloreamos un dos libros da estantería:


Ollade como estase a encher:



- E o noso diario de lecturas no que completamos una ficha sobre o libro (autor, ilustrador, editorial,...) e lembramos a parte do libro que máis nos gustou copiando unha frase, facendo un debuxo, coas nosas palabras,...




Déixovos todos os nosos materiais nun PDF para que poidades descargalos se vos gustan:



Ademais, para saber en cada momento en que páxina do libro nos quedamos, nas primeiras clases de PLÁSTICA, fixemos estes chulísimos marcapáxinas. Gústanvos?


Aquí os tedes nun libro que usamos de exemplo para que poidésedes ver o ben que quedan e os útiles que nos resultan:


22 sept 2014

ACRÓSTICOS E AUTORRETRATOS

Outra das actividades que fixemos a principios de curso para coñecernos mellor, foi facer unha actividade que me gustou moito o curso pasado cando a vin no blogue da nosa amiga Patricia, "FALANDO ENTÉNDESE A XENTE" : o noso AUTORRETRATO e ademais uns ACRÓSTICOS cos nosos nomes.

Queredes ver como o fixemos? Clicade na imaxe

Presentación feita con Visme

18 sept 2014

ELABORAMOS AS NORMAS DA CLASE

Unha das cousiñas que fixemos os primeiros días, foi elaborar  as normas imprescindibles para o bo funcionamento da clase. Entre todos decidimos cales serían esas normas. Para reforzar a súa asimilación e cumplimento, escribímolas nun trozo de papel , pegámolas nun gran cartel e firmámolas todiños, a profe incluída. Este cartel pendura agora dunha das paredes da nosa clase. Tamén aproveitamos para falar sobre os beneficios de cumplir as normas, tanto para o grupo como para un mesmo e dos perxuizos de non respetalas.
Ollade o noso cartel das normas:


Abaixo podedes ver as nosas normas con máis detalle así como algunhas fotos de como o fixemos:


Outro xeito de facelas, pode ser utilizando algúnha aplicación sinxela para facer infografías como EASEL.LY.


Agora só queda cumprilas :) .

E vós, consensuades entre todos as normas da clase? Tédelas expostas nalgún lugar visible?

16 sept 2014

DÍA INTERNACIONAL DEL PUNTO


Onte celebramos na clase o DÍA INTERNACIONAL DEL PUNTO, unha proposta artísitica que se debe a Peter H. Reynolds, autor do conto do mesmo título EL PUNTO. Dende hai uns catro anos, numerosos países de todo o mundo celebran "The International Day Dot" o 15 de setembro, e este curso tanto a miña compañeira Miren do blogue La Clase de Miren coma min, decidimos inscribir aos nosos alumnos nesta orixinal celebración.

Asemade, decidimos programar as mesmas actividades para poder comparar a experiencia en diferentes niveis: ela con alumn@s de 4 anos e eu con alumn@s de 5º de primaria. E estas foron as diferentes actividades que desenvolvimos nesta divertida xornada:

1º) Fomos a aula de Informática para que coñecesen o conto. Antes de ver este video que atopamos en youtube falamos de como nos sentimos cando empezamos algo novo ou cando temos que facer algo que nos parece moi difícil, de se lles gustaban debuxar ...


Despois de visionalo dúas veces, xa na clase, ademais de comentar o conto, cada un explicou o seu punto de vista sobre el, o que lle pareceu e tamén o que máis lle chamou a atención.

2º) A continuación repartimos uns puntos grandes para que poidesen deixar a súa pegada e o seu nome neles:

http://www.fablevisionlearning.com/pdfs/dotday_colar_page.pdf

Cada un decorouno e pintouno según lle dictaba a súa creatividade e unha vez que remataron ...


coa tablet da profe e a APP colAR Mix, poideron ver como os seus puntos COBRABAN VIDA!!!!!!!!! Que divertido!


3º)Pero iso non foi todo, para lembrarnos deste día, cada un levou para casa un fermoso PISAPAPEIS  feito con pedras que previamente pintamos de negro e que despois decoramos con ... PUNTOS claro está :) Ollade, ollade...



QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!

14 sept 2014

PRESENTÁMONOS

Como xa sabedes este ano cambiei de cole e de especialidade. O meu novo cole chámase CEIP  de MACIÑEIRA. Vou  a ser a titora do grupo de 5º nivel de primaria e tamén darei as linguas (galega e castelá) no grupo de 6º. Ainda que vou seguir con este blogue, á vez levarei paralelo un de aula que pronto vos amosarei.

E aquí vos presento aos alumnos e alumnas da miña titoría:


Nestes días vos amosaremos todas as cousiñas que estivemos a facer.

6 sept 2014

UN PROXECTO ENTRE TODOS: CURSO 2014/2015 Anímaste a participar?


Este grupo de blogueiras:
Ana ( AulaTic)
Mireia (Món Infantil)
Noelia (Mi cole al día)

da a benvida ao novo curso escolar 2014-2015 a todos os participantes de "UN PROXECTO ENTRE TODOS" cunha noticia estupenda. A nosa querida compañeira Noelia de "Mi cole al día" , tomarase uns meses de merecido descanso e retiro debido á súa recente maternidade e dende aquí queremos darlle a nosa NORABOA e decirlle que disfrute ao máximo desta nova experiencia. Tamén queremos dar a benvida ás dúas novas incorporacións coas que comenzamos unha nova etapa. O primeiro de todo, publicamos a lista de blogues colaboradores actualizada.

Formamos un equipo de 191 blogues!!!!!!

Aproveitamos para lembrar, que cando algún blogue colaborador solicita axuda, a todos aqueles que nos proporcionaron a súa dirección de correo electrónico, lles enviamos un mail para informar. Algún blogue amigo avisou de que non lle chegaban estos mails, polo que se a alguén máis lle está a pasar, agradeceriamos moito que nolo dixeran para poder subsanar dito error.

Invitámosvos a participar neste proxecto, lembrando as instruccións de funcionamento, para que vos animedes. Só debedes deixar un comentario nesta mesma entrada co voso mail e URL do blogue co que queredes participar e poñerémonos en contacto o antes posible.


INSTRUCCIÓNS XERAIS

Para participar utilizamos dous selos:

Primeiro selo: engádese ao blogue (en forma de gadget) e indica que formas parte deste novo grupo.


Segundo selo: cando imos comezar un proxecto, realizamos unha entrada indicando o tema do proxecto e engadimos este selo. É un sinal de inicio da colaboración. A persoa que teña material, que poida aportar, pode facer un comentario nesa entrada enlazando direccións de interese. Deste xeito nos facilitamos entre todos a búsqueda.


Lembrámosvos tamén que todos os enlaces, que compartimos entre todos, están recollidos no SITES  de UN PROXECTO ENTRE TODOS.

Poderiamos definilo como un "espazo" cómodo e práctico ao que poder acudir, para así recuperar todos os recursos que se están a acumular en calquera momento que se poidan necesitar. Así de sinxelo, simplemente é un "GRAN ARQUIVADOR" onde recurrir cando estemos preparando algún proxecto sin necesidade de ter que facer nada máis.

Nel atoparedes polo tanto:
  • Os diferentes proxectos plantexados neste proxecto.
  • Todos os enlaces proporcionados polos blogues colaboradores.
  • As normas de funcionamento de "Un proxecto entre todos".
  • Os selos de participación do proxecto.
  • O equipo de 5 blogues organizadores.
  • As direccións de email para contactar cos blogues organizadores por si xorde algún problema o tedes algunha dúbida.
 https://sites.google.com/site/unproxectoentretodos/

Esperamos que este curso funcione tan ben como o ano pasado o incluso mellor e ...

BENVIDOS AO NOVO CURSO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

4 sept 2014

UNS AGASALLOS MOI ESPECIAIS

Hai  uns días, a miña amiga Noelia do blogue Pasaporte Estelar, un gran blogue que vos recomendo visitar, agasalloume cun FERMOSO CONTO escrito para mi que me gustou moitísimo e que quero comparto aquí con todos vos:


E hoxe cando cheguei a casa agardábame outra agradable sorpresa,  unha carta da miña amiga Rocío do blogue  El aula de PT , outro fantástico blogue que tamén vos recomendo visitar, cun fabuloso broche de fieltro dunha MEIGA DA BOA SORTE, que me acompañará nesta nova etapa educativa:


Moitísimas grazas ás dúas. Considérome moi afortunada por contar con tan boas amigas virtuais coma vos.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2014/15

Este é o calendario escolar para o presente curso:


Podedes consultar a orde do DOGA clicando AQUÍ

1 sept 2014

FELIZ VOLTA AO COLE!!!!!!!!

Imaxe de Leandro Lamas

Espero que disfrutárades das vacacións e que aproveitárades para desconectar (como fixen eu) e así voltar coas pilas ben cargadiñas.

Para min, este curso vén cargadiño de  moitas novidades xa que non só cambiei de cole senón tamén de etapa educativa pois vou ser titora dun grupo de primaria.

Así que quero aproveitar esta entrada para mandar unha grandísima aperta a todos os bos compañeir@s que deixo no meu antigo cole o C.E.E. Terra de Ferrol e que botarei moitísimo de menos.


Grazas, chic@s pola gran despedida que me fixéchedes. Ainda que os agasallos gustáronme moito, nunca olvidarei o gran Lipdub que me adicáchedes e que tanto me emocionou e gustou. Mágoa que non me deixedes publicalo ji ji.

MOI FELIZ COMEZO DE CURSO PARA TOD@S!!!!!!